Noticias
Arquivo de Agosto 2011
Milena causa baixa no Burela FS Pescados Rubén
A brasileira Milena Gasparini causará baixa no vestiario do Burela FS Pescados Rubén para a tempada 2011-12, tras finalizar o seu ano de contrato. A ala-peche (Vitoria-Espírito Santo, 1983) chegou á comarca mariñá en decembro de 2010 para ampliar os efectivos do conxunto laranxa, procedente do Kindermann Caçador canarinho, equipo no que xa coincidira coa burelista Jozi. Entre o seu palmarés destaca un bicampionato da Taça Brasil de Fu
1 de agosto de 2011
Clebinho e Ique, no proxecto burelista 2011-12
Os brasileiros Cleber Rafael Barbosa, Clebinho, e Henrique Ribeiro, Ique, volverán a formar parte do proxecto burelista, en 2011-12, tras a formalización da súa renovación. Os canarinhos chegarán á comarca nos próximos días tras as vacacións para incorporarse á pretempada do conxunto laranxa, baixo as ordes de Quique García. O peche Clebinho (São Paulo, 1983) e o pivote Ique (São Paulo, 1985), que cumprirán así o segundo ano no equipo
1 de agosto de 2011
Comeza a rodar o Burela FS 2011-12 cos adestramentos de verán
Mañá comezará a rodar o novo proxecto do CD Burela FS 2011-12, con dúas xornadas dos xa tradicionais adestramentos de verán da entidade laranxa, que reunirán sobre a pista de Vista Alegre a promesas futbolísticas non só da comarca mariñá senón tamén de Asturias e Andalucía. Tras estes días de sesións e probas, o conxunto laranxa entrará no traballo de pretempada o vindeiro luns, 8 de agosto, baixo as ordes de Quique García. Xunto a Br
4 de agosto de 2011
Prato forte para o arranque ligueiro: Móstoles, o 10 de setembro
A chegada do ansiado calendario da Primeira División desvelou as incógnitas da competición para o Burela FS Pescados Rubén, que arrancará a liga 2011-12 o 10 de setembro en Vista Alegre, con prato forte, a visita do FSF Móstoles, campión da Copa de España Burela 2011. Xunto a galegas e madrileñas, conformarán a categoría outros 14 conxuntos, os xa coñecidos Ponte Ourense SAD, Atlético de Madrid Navalcarnero, Cajasur Córdoba FS, FSF Rio
4 de agosto de 2011
Leis e A Fervenza, primeiro obstáculo das laranxas na Copa Galicia
As laranxas xa coñecen o primeiro obstáculo no seu camiño cara á Copa Galicia 2011. As pupilas de Javier Pardeiro defenderán o título galego ante o Leis Pontevedra e A Fervenza FSF, da Segunda División, na fase previa, que se disputará entre o 15 de agosto e o 30 de setembro. A vixésimo primeira edición da cita autonómica volverá reunir nove equipos. Como vixente campión, o Burela FS Pescados Rubén encabeza o Grupo A; Ponte Ourense, ca
5 de agosto de 2011
Vista Alegre dá a benvida ao CD Burela FS 2011-12
O vindeiro xoves, 11 de agosto, Vista Alegre dará a benvida ao renovado proxecto do CD Burela FS para o espectáculo da Primeira e Segunda División, coa presentación dos cadros de Javier Pardeiro e Quique García. Os protagonistas laranxas da tempada 2011-12 saltarán á pista a partir das 20.30 horas. Os afeccionados/as terán a oportunidade de gozar cos primeiros toques dos novos Burela FS e Burela FS Pes
8 de agosto de 2011
Alfonso Mera asume a xestión da preparación física no club
O director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, asumirá a xestión da preparación física do club laranxa en 2011-12. Deste xeito, ocuparase persoalmente deste labor nos dous primeiros equipos, xunto á coordinación das diferentes categorías de base. O burelao, que xa participou hoxe na primeira sesión de pretempada do Burela FS masculino, substituirá a Suso Rey como preparador físico, tarefa que o focego compaxinaba coa de adestrador a tem
8 de agosto de 2011
Presentación oficial de Dani Martín
O ala-pivote Dani Martín foi presentado oficialmente hoxe polo CD Burela FS na compaña do presidente e vicepresidente do club, José Ramón González Casas e Manuel Blanco. O salmantino de 22 anos, que xa se incorporou esta mañá ao primeiro adestramento do equipo, regresa á entidade mariñá despois dunha tempada no Carnicer Torrejón, da Primeira División. Na súa anterior etapa defendendo a elástica laranxa, en 2009-10, Dani Martín fíxose c
8 de agosto de 2011
O burelao Iago Míguez regresa ás súas orixes para vestir de laranxa
Iago Míguez Expósito (Burela, 1991) será xogador do Burela FS. O ala-pivote, que regresa ás súas orixes futbolísticas e á súa vila para vestir de laranxa en 2011-12, procedente o Azkar Lugo FS, xa puido compartir o adestramento hoxe pola tarde cos seus novos compañeiros. A chegada do brillante Iago Míguez faise realidade tras carta de liberdade concedida pola entidade transportista, na que o burelao militou as últimas catro tempadas. X
9 de agosto de 2011
Presentación solidaria do CD Burela FS, o xoves 11, ás 20.30 horas
Vista Alegre dará a benvida ao renovado proxecto do CD Burela FS para o espectáculo da Primeira e Segunda División mañá pola tarde, coa presentación dos cadros de Javier Pardeiro e Quique García. A cita arrancará ás 20.30 horas. Os afeccionados/as terán a oportunidade de gozar cos primeiros toques dos novos Burela FS e Burela FS Pescados Rubén nun partido entre as dúas grandes potencias laranxas, con a
10 de agosto de 2011
A clínica Virxe da Mariña, primeira parada de pretempada do Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén inaugurou a pretempada coa clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña como primeira parada. Dende onte e durante os próximos días as xogadoras laranxas someteranse ás correspondentes exploracións médicas, para control e exame da preparación física. Tras dúas semanas de traballo individual orientado polo corpo técnico, as xogadoras comezaron hoxe mesmo os adestramentos grupais de pretempada, con programación de
11 de agosto de 2011
Venda de abonos da XXII Supercopa de España (Torrejón de Ardoz)
A XXII Supercopa de España, que se disputará os días 3 e 4 de setembro na localidade madrileña de Torrejón de Ardoz, vai quentando ‘motores’. A menos de tres semanas para a súa celebración, xa están á venda os abonos para o torneo, que se poden obter mediante un sistema on-line habilitado pola Liga Nacional de Fútbol Sala na súa páxina web, www.lnfs.es, e a través do po
12 de agosto de 2011
Campaña de socios A Pataca Naranxa 2011-12
A peña A Pataca Naranxa lanzou a campaña de socios 2011-12 co obxectivo de chegar aos 300 seareiros. No seu vídeo de presentación fai un percorrido pola historia do colectivo apoiando os equipos do CD Burela FS, tanto en Vista Alegre coma en diferentes desprazamentos. As persoas interesadas poden atopar máis información na web da peña: www.patacanaranxa.com.   [
12 de agosto de 2011
Música, goles e solidariedade
O Burela FS Pescados Rubén, da Primeira División Feminina, e o Burela FS, da Segunda División Masculina, presentaron o proxecto 2011-12 onte, no décimo aniversario da entidade, rodeados de ritmo de gaitas, numerosa afección, goles e solidariedade. Coa música do grupo cervense Airiños do Xunco, o público puido coñecer os equipos laranxas, coas novidades de Haydée, Peque, Maite e Paula Cortiñas, no vestiario feminino, e Quique García, Da
12 de agosto de 2011
Cidade de Viveiro, preliminares do Memorial Celso Currás
O Burela FS disputou onte o primeiro amigable de pretempada na pista do Cidade de Viveiro FS, como preliminares para a súa cita estival de referencia, o Memorial Celso Currás de Trabada. Os laranxas impuxéronse por 0-6 con goles de Víctor Cachón, Iago Míguez, André, Juanma e dobrete de Dani Martín. O equipo de Quique García enfrontarase ao Azkar Lugo FS, da Primeira División, o sábado (18.30 horas), na sétima edición d
18 de agosto de 2011
Avaliacións médicas no Centro Clínico Ribadeo
Os xogadores e xogadoras do CD Burela FS completan estes días as exploracións médicas, comprobando a saúde dos seus corazóns, de cara ao inicio da competición, no Centro Clínico Ribadeo. Pola consulta do cardiólogo José Emiliano Cascallana pasarán os cadros laranxas sénior, para someterse ás pertinentes probas de ecocardiograma. O Centro Clínico Ribadeo (rúa Dionisio Gamallo Fierros, número 3) abriu as súas portas na vila do Eo en 2009
18 de agosto de 2011
A escola laranxa abrirá o prazo de matrícula o 29 de agosto
As pequenas promesas do fútbol sala poderán regresar aos pavillóns para mergullarse na práctica deportiva coa ED EON Burela FS, que manterá aberto o prazo de matrícula para o curso 2011-12 entre o luns 29 de agosto e o venres 9 de setembro. Catro categorías, entre prebenxamín e infantil, integrarán a escola laranxa; os cadetes e xuvenís volverán pertencer ás categorías inferiores dos equipos sénior, d
19 de agosto de 2011
Vibrante derbi no Memorial Celso Currás
Trabada viviu un vibrante derbi lugués co encontro do sábado entre o CD Burela FS e o Azkar Lugo FS, no VII Memorial Celso Currás; a garra e presión dos laranxas non impediron que o resultado caera do lado transportista (4-1). O título foi finalmente para o sensacional xogo do Dinamo de Moscova, que se impuxo aos lucenses por 2-7, tras eliminar nas semifinais o Autos Lobelle de Santiago (4-1). O choque entre transportistas e laranxas d
22 de agosto de 2011  |  Foto: Antonio López
O Burela FS presenta o corpo médico da nova tempada
O Burela FS presentou hoxe o corpo médico que coidará os equipos sénior así como as diferentes categorías de base en 2011-12. Xunto ao directivo do club Antonio Ródenas, os adestradores Javier Pardeiro e Quique García e o responsable da preparación física da entidade, Alfonso Mera, estiveron os facultativos Francisco Javier Couce, Juan Eiroa e Miguel Murias. Un ano máis o médico Francisco Javier Couce será o encargado de supervisar e
22 de agosto de 2011
Retransmisión on-line da XXII Supercopa de España
A XXII Supercopa de España, que se disputará os días 3 e 4 de setembro en Torrejón de Ardoz (Madrid), iniciará a sú intensa axenda de actividades este xoves, co sorteo de emparellamentos, que se celebrará a partir das 12:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Torrejón, e que será retransmitido en directo a través da web da LNFS, www.lnfs.es e da canle de televisión da asociaci
24 de agosto de 2011
A entidade laranxa recupera a denominación de CD Burela Pescados Rubén
A punto de cumprir dez anos de historia, a entidade laranxa recupera a súa denominación máis identificativa, CD Burela FS-Pescados Rubén, en 2011-12, tras o acordo acadado coa empresa mariñá Pescados Rubén SL, que volve erixirse como o principal patrocinador do club. Pescados Rubén SL posicionouse como o primeiro impulsor do proxecto laranxa dende o sector privado, alá por 2001, na xestación dunha entidade seria que pelexaba polo desen
25 de agosto de 2011
Elixe o teu regalo: faite socio/a, faite laranxa
Coincidindo co seu décimo aniversario, o CD Burela FS-Pescados Rubén abre a campaña de socios/as para a tempada 2011-12 baixo o lema ‘Elixe o teu Regalo: Faite Socio/a, Faite Laranxa’ porque o agasallo que máis aprecia a gran familia burelista é precisamente ese apoio incondicional de cada neno/a, mozo/a ou adulto/a que anima sábado tras sábado en Vista Alegre. Despois dunha década de ilusión, emoción e espectáculo, arroupado por unha
26 de agosto de 2011
O técnico do Trabada, Andrés López, eloxia o proxecto laranxa malia a derrota no amigable (6-2)
O equipo que dirixe Quique García gañou con claridade pese a comezar por debaixo no marcador (0-1), con goles de Manu (2), Dani (2) e Víctor, ademais doutro tanto en propia meta do Trabada. Malia tratarse dun amigable, a afección acudiu á súa cita co conxunto laranxa en Vista Alegre. O técnico visitante, Andrés López, declarou para A Mariña-El Progreso que o partido “foi un premio para nós, e un orgullo poder competir con prof
29 de agosto de 2011
Aberto o prazo de matrícula para a escola deportiva municipal Eon Burela FS 2011/12
A partir de hoxe mesmo, día 29 de agosto, e ata o vindeiro venres día 9 de setembro, ábrese o prazo de inscrición da escola deportiva do club laranxa,  cuxa matrícula será gratuíta este ano. A formalización da matrícula pode realizarse nas oficinas do club, ubicadas en Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97 – entrechán. Ademais, as familias que inscriban de máis dun neno ou nena terán un 20 % de descon
29 de agosto de 2011
O Ximnasio Breogán valida a colaboración co club laranxa
O Ximnasio Breogán de Burela validou a súa colaboración co club laranxa, reafirmando así o apoio que vén prestando ao fútbol sala burelista nas últimas tempadas. A renovación do convenio facilítalles aos membros do CD Burela FS unhas instalacións de primeiro nivel na súa preparación ante as obrigas da competición. Inmerso no plan de traballo de pretempada xunto ás recentes incorporacións de Iago Míguez, Iago Barro, Peque e Maite, o pre
29 de agosto de 2011
O Burela FS Feminino Pescados Rubén inicia a XXI Copa Galicia ante o Fervenza (Vista Alegre. Mércores 20:30 horas)
Volve o mellor fútbol sala feminino a Vista alegre co inicio da competición copeira. As pupilas de Javier Pardeiro enfróntanse ao Fervenza no coliseo laranxa (mércores 31, ás 20:30 horas) en partido pertencente ao grupo A, no que tamén participa o Leis Pontevedra. As laranxas poderán contar con todos os seus efectivos agás Rosana que non xogará por precaución ao sufrir unha pequeña sobrecarga muscular.
30 de agosto de 2011
Burela FS Pescados Rubén e Ázkar mídense en Lugo
O encontro, que terá carácter amigable e se disputará mañá xoves a partir das 19:30 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo, encádrase dentro dos actos de presentación do equipo lugués de 1ª División ante a súa afección. Trátase da segunda oportunidade na que se enfrontan Ázkar e Burela Pescados Rubén durante a presente pretempada, logo do encontro disputado entre ambos no Memorial Celso Currás de Trabada, que se saldou con vit
31 de agosto de 2011
27 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores