Noticias
Arquivo de Agosto 2012
Asemblea Xeral de Socios/as, venres 3 de agosto
A Xunta Directiva convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as para o venres 3 de agosto de 2012. A xuntanza terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), sendo a primeira convocatoria ás 20.30 horas e a segunda ás 21.00 horas.   ORDE DO DÍA 1. Abonos e cotas de socios/as2. Información da próxima tempada3. Rog
2 de agosto de 2012
O prazo para a matrícula nas ED EON Burela FS 2012/13 ábrese o vindeiro 20 de agosto
A escola deportiva EON Burela FS abrirá o prazo de matrícula o vindeiro 20 de agosto, ata o 14 de setembro de 2012. A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97 – entresollado). Un ano máis, as familias que matriculen a máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de dúas fotos tamaño carné e fo
6 de agosto de 2012
Aposta mariñá, para a aventura de Daniel Ladra co London United Futsal
O técnico Daniel Ladra pisou solo británico o sábado pasado para tomar as rendas do London United Futsal e converterse no primeiro adestrador español de fútbol sala na liga inglesa. No comezo da aventura, o que fora monitor da ED EON Burela FS apostará pola Mariña, acompañado por varios xogadores da bisbarra. Dende A Mariña para o mundo, o técnico confirmou a implicación no proxecto da Primeira inglesa de Bruno Girón e Nito, pertencent
6 de agosto de 2012
Comezan os adestramentos do equipo masculino
O primeiro equipo masculino dá comezo este mércores, día 8, os adestramentos para preparar a histórica vindeira tempada 2012-2013 na Primeira División da LNFS. Julio Delgado contará en principio con todos os xogadores confirmados e dous ou tres xogadores máis que poderían facer a pretempada co primeiro equipo. Están programados os seguintes partidos de pretempada: - 25 de agosto. Torneo de Trabada. Rival: Santiago Fut
7 de agosto de 2012
Nacho Pedraza, novo reforzo para un Burela FS de Primeira
O Vicepresidente do Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, presentou onte nas oficinas do club ao ala madrileño Ignacio Pedraza Rodríguez, procedente de Puertollano. O xogador mostrouse “moi ilusionado co novo proxeto do club laranxa en División de Honor” e convencido de que “o público en Vista Alegre daranos moitos puntos, pois será fundamental puntuar na casa”. Pola súa parte, Manuel Blanco non dubidou en destacar “o compromiso de Nacho Pe
8 de agosto de 2012
O club realizará probas de acceso para o filial laranxa de 3ª División os días 13 e 14 de Agosto
O BurelaFS realizará os próximos luns e martes as probas de selección para o seu equipo filial, que militará na 3ª División Nacional. As probas, para xogadores nacidos a partir do ano 1989, levaranse a cabo no pavillón Vista Alegre de Burela. Os interesados deberán presentarse, coseu propio material deportivo os días 13 e 14 de Agosto a partir das 21:00 horas.
8 de agosto de 2012
O lugués Hugo ficha polo equipo laranxa
O ala Hugo Sánchez Flores, de 23 anos e procedente de Marfil Santa Coloma, afirmou sentir que se enfronta a “un reto importante” ademais do que supón para el unha “alegría importante, por competir na máxima categoría do fútbol sala español por quinto ano consecutivo e, por riba, poder facelo cerquiña da casa”. Hugo, que foi presentado polo Presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Ramón González Casas, advirte que a nivel individ
9 de agosto de 2012
Enrique Cánovas, procedente de ElPozo, incorpórase á disciplina laranxa
O directivo Antonio Couto deulle a benvida ao CD Burela FS ao peche murciano Enrique Cánovas, de 23 anos, e que procede do ElPozo. Cánovas compaxinou na última tempada a participación no equipo de Segunda División con incorporacións ao primeiro equipo do ElPozo Murcia, un dos cadros punteiros de Primeira na LNFS. Couto destacou a “calidade que atesoura este novísimo xogador” e afirmou ter unha “confianza enorme en que nos dará moitas a
10 de agosto de 2012
Lara Balseiro volve “á que considero a miña casa, deportivamente falando”
A xogadora mariñá regresa con “ilusións renovadas” á disciplina do equipo feminino logo da súa estancia en Poio durante a pasada tempada. Lara considera que “volvo á miña casa deportivamente falando, logo dun ano no que puiden gozar de moitos minutos en Segunda División”. Lara Balseiro Candia, de 19 anos, foi subcampioa de España coa selección galega infantil, ademais de formar parte da selección cadete feminina. No seu palmarés figura
13 de agosto de 2012
Comezan os adestramentos do equipo feminino
O equipo feminino inicia a tempada 2012/2013 co obxectivo de reeditar a excelente campaña anterior. A escuadra dirixida por Javier Pardeiro comeza un novo desafío na Primeira División ás 12.00 horas do martes día 14, cunha sesión inicial nas instalacións da Marosa. A falta de concretar as datas, os rivais de pretemporada serán o Ribadeo FSF, Cidade As Burgas, Valdetires Meiras e Viaxes Amarelle, estes últimos enmarcados na disputa da
13 de agosto de 2012
A porteira coruñesa Patricia Otero, nova xogadora do Burela FS Feminino
O vicepresidente do club, Manuel Blanco, presentou na sede social á porteira coruñesa Patricia Otero de Oliveira como nova xogadora do equipo feminino. Patricia, que procede do Deportivo Córdoba Cajasur, ten 28 anos de idade e ampla experiencia na máxima categoría. Blanco destacou a “solvencia e competitividade” que aportará Patricia “nun posto sempre crítico e de máxima importancia para o conxunto”. A porteira non dubidou en sinalar “
13 de agosto de 2012
O Carballiño, estrea do Burela FS B en Terceira
O Burela FS B Pescados Rubén estrearase na Terceira División o 15 de setembro, na casa, fronte ao Carballiño FS. Así o deu a coñecer hoxe a Federación Galega de Fútbol coa publicación do calendario en www.futgal.es. A categoría contará con outros tres conxuntos mariñáns, CD Rececende FS A Pontenova, Cidade de Viveiro e SD Xove FS, ademais de UV Ventorrillo FS, Pazos de Borbén, CD Cafyd, Leis Pontevedr
14 de agosto de 2012
Enrique Cánovas, directo ao Mundial Universitario
O burelista Enrique Cánovas partiu este mediodía con rumbo a Braga, directo ao Campionato Mundial Universitario para defender a España entre o 18 e 25 de agosto. O novísimo peche, que a tempada pasada alternou ElPozo de Primeira coa capitanía do filial de Segunda, despediuse da preparación do Burela FS Pescados Rubén esta mañá ata o 26 de agosto, na busca dun novo éxito para o fútbol sala da Vermella. Lista de convocado
16 de agosto de 2012
Ven aprender e divertirte coa ED EON Burela FS!
A ED EON Burela FS xa abriu a matrícula para o novo curso. En 2012-13 a inscrición volverá ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado). O prazo estará aberto ata o venres 14 de setembro.   FORMULARIO DE MATRÍCULA  
20 de agosto de 2012
Ique e o Burela FS chegan a un acordo para rescindir o contrato
O pivote brasileiro Carlos Henrique Riberio, Ique, rescindiu o contrato que o unía ao CD Burela FS Pescados Rubén ata xuño de 2013, despois de chegar a un acordo coa entidade laranxa este mediodía. O xogador, de 26 anos, remata así a súa andadura no conxunto mariñán, onde militou nas dúas últimas tempadas, na Segunda División. Ique chegou ao CD Burela FS en 2011, no mercado de inverno, procedente do Concordia Chiajna Bucarest. No palma
20 de agosto de 2012
Primeiros pasos para o Burela FS B
O incipiente Burela FS B Pescados Rubén dará os seus primeiros pasos esta semana. O novo proxecto laranxa, que militará na Terceira División, comeza a pretempada baixo as directrices de Iván Cao, Lucas, co inicio dos adestramentos de pretempada esta tarde-noite. O groso do emerxente cadro laranxa estará configurado por xogadores novísimos, moitos deles en etapa xuvenil, e principalmente con formación burelista. Arrancarán esta tarde a
20 de agosto de 2012
A brasileira Dany incorpórase aos adestramentos do Burela FS
A pivote brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany, incorporouse á preparación de pretempada do CD Burela FS Pescados Rubén esta mañá. Se as xestións burocráticas seguen as canles previstas, a portentosa xogadora, procedente do Cajasur Córdoba, poderá formalizar o acordo coa escuadra laranxa para 2012-13 nos vindeiros días. A goleadora Dany (São Paulo, 1984) militou as dúas últimas tempadas no conxunto andaluz, que anunciou a retirada d
20 de agosto de 2012
O Burela FS preséntase rodeado de maxia para a elite (xoves 23, 21.00 horas)
O xoves, 23 de agosto, o CD Burela FS Pescados Rubén presentará en sociedade o proxecto de elite rodeado de maxia, maxia laranxa, nun espectáculo con moitas sorpresas. A casa da cultura de Burela acollerá o acto, no que se darán a coñecer os integrantes dos cadros mariñáns da Primeira División, a partir das 21.00 horas. Os afeccionados/as terán a oportunidade os/as protagonistas desta nova etapa burel
21 de agosto de 2012
Clebinho desvincúlase do club laranxa
O brasileiro Cleber Rafael Barbosa, Clebinho, non continuará no CD Burela FS Pescados Rubén en 2012-13. O peche chegou a un acordo co club laranxa para rescindir o contrato, en vixencia ata 2013, e formalizou a baixa esta mañá. Clebinho (São Paulo, 1983) defendeu a elástica mariñá, con carácter, explosividade e ímpeto, nas dúas últimas tempadas. Recalou no Pescados Rubén no inverno de 2011, dende o Concordia Chiajna Bucarest. Barbosa x
21 de agosto de 2012
Presentación do VIII Memorial Celso Currás (sábado 25, 20.00)
O Concello de Trabada acolleu esta mañá a presentación do VIII Memorial Celso Currás, que enfrontará o vindeiro sábado o Burela FS Pescados Rubén co Santiago Futsal, antigo Autos Lobelle. O director deportivo da entidade laranxa, Marcelo Santoro, participou no acto xunto ao alcalde trabadense, José Manuel Yanes, o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, e o responsable da empresa coordinadora Oxem Sports, D
22 de agosto de 2012
O espírito laranxa entra en Francia
O espírito laranxa non ten límites, estase deixando ver e sentir cada vez con máis forza. O contaxio desa enerxía, desa ilusión e desa maneira de vivir o fútbol sala esténdese con celeridade. Xa superou as fronteiras galegas e españolas ata irromper, polo momento, en Francia. Marc Greco, de Tolosa, apoiará o Burela FS Pescados Rubén en 2012-13, converténdose no primeiro socio laranxa dende o estranxeiro. A súa paixón polo deporte, o fú
23 de agosto de 2012
Espectáculo de ilusión e humor para a posta de gala do Burela FS
O Burela FS Pescados Rubén, da Primeira División Feminina e Masculina, presentou o proxecto 2012-13 onte, no undécimo aniversario da entidade, envolto polo ilusionismo e humor do espectáculo conducido polo Mago Senín. O público congregado na casa da cultura da localidade tivo a oportunidade de coñecer os cadros feminino e masculino que pelexarán na máxima categoría, nun acto que abriron a proxección audiovisual laranxa
24 de agosto de 2012
O Burela FS de Pardeiro estrea a axenda de amigables en Ourense
O Burela FS Pescados Rubén, de Javier Pardeiro, estreará a axenda de amigables de Primeira esta tarde en Ourense. O pavillón dos Remedios, acollerá o I Torneo Cidade das Burgas, a partir das 20.15 horas. “Aproveitaremos esta cita para seguir acumulando carga de traballo e poñer en práctica movementos de ataque” explicou o adestrador laranxa, que loou o traballo do Cidade das Burgas: “É un conxunto aguerrido e forte, que mantén o bloque
24 de agosto de 2012
Cervo e a entidade laranxa presentan o BFS-Automoción La Junquera (San Cibrao, luns 27)
O pavillón da Veiga de San Cibrao acollerá o segundo amigable de pretempada do CD Burela FS Pescados Rubén; será o vindeiro luns, 27 de agosto (20.30 horas), ante o Automoción La Junquera pontevedrés, de Segunda B, como rival. O presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas, desprazouse ata o municipio veciño de Cervo para presentar xunto ao alcalde, Alfonso Villares, o partido. José Ramón González Casas ag
25 de agosto de 2012
O Burela FS proclámase campión do VIII Memorial Celso Currás
O Burela FS Pescados Rubén proclamouse campión do VIII Memorial Celso Currás de Trabada o sábado derrotando ao Santiago Futsal. Os de Julio Delgado, que marcharon ao descanso cunha desvantaxe de 0-1, souberon impoñerse xustamente e facerse o título mariñán.O equilibrio reinou nunha primeira parte na que os xogadores se tiveron que ir adaptando co paso dos minutos ao estado esvaradío da pista. Aínda que o Burela FS foi o primeiro en arrisca
27 de agosto de 2012
O Burela FS álzase co I Trofeo Cidade das Burgas
O Burela FS Pescados Rubén alzouse co I Trofeo Cidade das Burgas o venres pasado nun duelo galego que volverá acoller a liga de Primeira División. As rapazas de Javier Pardeiro impuxéronse con solvencia (0-4) nun encontro que serviu de carga de traballo para ambas as escuadras e para darlles minutos ás promesas. Ourensás e laranxas optaron por un posicionamento en media pista e deixáronlle xogar o rival, aínda que con certas reticicenc
27 de agosto de 2012
Troula FS 4-1 Burela FS B
O emerxente Burela FS B Pescados Rubén caeu, no seu primeiro encontro de pretempada, ante o Troula Betanzos FS (4-1). O cadro mariñán, dirixido por Iván Cao ‘Lucas’, amosou unha excelente actitude, aínda que a escasa rodaxe, con apenas unha semana de adestramentos, afectou ao seu rendemento. Os laranxas chegaron ao descanso en lixeira desvantaxe, con 1-0. Na segunda parte e con 3-0 en contra, o Burela FS conseguiu acurtar distancias, a
27 de agosto de 2012
Vista Alegre presenta o Burela FS masculino ante O Esteo FS (xoves 30, 21.00)
O templo laranxa, Vista Alegre, presentará sobre a pista o novo proxecto do Burela FS Pescados Rubén que saltará á Primeira División en 2012-13. O cadro de Julio Delgado darase a coñecer ante a bancada da bomboneira fronte ao Esteo FS As Pontes, a partir das 21.00 horas. Tui, próximo destinoO equipo laranxa pechará a semana en Tui, o sábado, no segundo encontro da pretempada ante o Santiago Futsal, co que competirá
28 de agosto de 2012
Posta a punto coa clínica Virxe da Mariña
Os xogadores e xogadoras do Burela FS Pescados Rubén pasaron nas primeiras semanas da pretempada pola clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña para a súa posta a punto de cara ao acondicionamento ligueiro. Os membros laranxas foron sometidos ás pertinentes revisións médicas, para control e exame da preparación física. Nos próximos días, o centro burelao completará as exploracións médicas das últimas incorporacións laranxas. Xunto aos r
28 de agosto de 2012
A novísima Silvia Rubal seguirá defendendo as cores laranxas
A novísima Silvia Rubal seguirá defendendo as cores laranxas a vindeira tempada en Primeira. A ala xuvenil estivo arroupada polo vicepresidente da entidade, Manuel Blanco, na formalización da súa continuidade. Silvia amosouse moi ilusionada por “seguir formando parte dun equipo que pola súa traxectoria e polo seu traballo merece que este ano chegue algún título”.  “Esta será a terceira tempada co Burela FS. A formación e
29 de agosto de 2012
FC Meigas, inicio do Ribadeo FSF en Autonómica
O Ribadeo FSF iniciará a competición de Autonómica 2012-13 o 6 de outubro coa visita do FC Meigas. A Federación Galega de Fútbol Sala fixo público a finais da semana pasada o calendario das mariñás, que estará composto ademais por CFSF O Pino, Marcón FS, Mosteiro Bembrive FS, O Montiño Concello de Mos FSF, Funeraria Apóstol, Concello de Guntín, ED Poio FS, Cidade das Burgas, Sada FS e Cidade de Ourense. As ribadenses pecharán l
29 de agosto de 2012
O río Masma reúne o Burela FS nunha xornada de convivencia
Entre os adestramentos en Vista Alegre, A Marosa e o ximnasio e os amigables de pretempada, o Burela FS Pescados Rubén masculino aparcou o esférico por un día para substituílo pola canoa e a pala. O conxunto laranxa deleitouse dunha xornada de convivencia en Foz sen afastarse do mundo de deporte, realizando un descenso polo río Masma. Xogadores, equipo técnico e directiva gozaron despois dun xantar de confraternidade na zona recreativ
29 de agosto de 2012
Os carnés 2012-13 estarán dispoñibles dende o luns 3 na oficina burelista
Dende o próximo luns, 3 de setembro, os carnés de socio/a da nova tempada laranxa, que comezará o día 15 en Vista Alegre (Burela FS-Manacor), estarán dispoñibles na oficina do CD Burela FS Pescados Rubén (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado). O horario de atención será de luns  a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas. En 2012-13, cos equipos masculino e feminino na Primeira Divi
30 de agosto de 2012
Segundo duelo co Santiago Futsal (Sábado 1, Tui)
O Burela FS Pescados Rubén volverá verse as caras mañá co Santiago Futsal no segundo duelo da pretempada, tras o título laranxa no VIII Memorial Celso Currás de Trabada. O I Trofeo Cidade de Tui reunirá os rivais de Primeira no novo pavillón municipal, a partir das 20.30 horas. A escuadra de Julio Delgado chega á cita con pleno de vitorias na etapa de preparación. O tarro que abriu a vitoria de Trabada ante os composte
31 de agosto de 2012
Edu e Patri, na clausura da ocioteca estival de Burela
Os gardametas laranxas Patricia Otero e Eduardo Saavedra participaron esta mañá na clausura da ocioteca estival 2012 do Concello de Burela. Os deportistas compartiron con preto de 50 nenos e nenas a última xornada de actividades no CEIP Vista Alegre, cos Xogos Olímpicos, nos que tamén tivo cabida o fútbol sala. Ademais de frear o ímpeto y puntería dos pequenos deportistas ante a portería, Patri e Edu tiveron o privilexio de facer entr
31 de agosto de 2012
35 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores