Noticias
Arquivo de Agosto 2013
Ábrese o prazo da inscrición 2013-14 para os Cadetes e Xuvenís Laranxas
O CD Burela FS Pescados Rubén abrirá mañá a inscrición 2013-14 para as categorías cadete e xuvenil da estrutura laranxa, con prazo ata o mércores 14 de agosto. Todos os rapaces que o desexen poderán formalizar a súa matrícula cubrindo o formulario que se lles facilitará na sede do club burelista (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela. Horario de luns a venres: 10.00-14.00 // 16.00-19.
1 de agosto de 2013
O CD Burela FS pon en marcha a Campaña de Socios/as 2013-14 'Horizonte Laranxa'
O CD Burela FS Pescados Rubén pon en marcha a Campaña de Soci@s 2013-14 coincidindo co comezo de pretempada. ‘Este ano o sol volverá saír… Horizonte Laranxa’ nútrese do alento da sempre incondicional afección para que A Mariña siga gozando da maxia do fútbol sala na elite e por partida dobre, con metas máis altas. O vídeo que encabeza a campaña, elaborado por A Caixa Escura Producións,   apodé
5 de agosto de 2013
A pretempada do CD Burela FS en detalle
Xogadores, corpo técnico e directiva reuníronse esta tarde na sede do CD Burela FS Pescados Rubén como punto de partida para a preparación da segunda tempada laranxa en Primeira LNFS. Os pupilos de Juanlu tomarán contacto coa pista da bomboneira mañá, coa primeira sesión, ás 10.00 horas. Juanma, Edu, Christian, Iago Míguez, Matamoros, Mimi e Isi conservan a filosofía dun bloque ao que se incorporan David ‘Burrito’ e Antoñito, do C
5 de agosto de 2013
Alex afronta un novo reto con moita ilusión e ambición
A portería do Burela FS Pescados Rubén contará esta tempada cun novo aliado, Alejandro González Pérez que chega a terras mariñanas procedente do Santiago Futsal. O presidente, Manuel Blanco, e o directivo Ángel Fernández acompañaron a Alex na súa presentación oficial na sede do club burelés.
O meta madrileño afronta este cambio “cunha enorme ilusión e convencido que podemos realizar unha brillante tempada xa que ademais do potencial deportivo, o grupo reúne unha excelente calidade humana”. O guardameta laranxa decantouse pola oferta burelesa “principalmente por tres motivos; a seriedade do CD Burela FS, a presenza de Juanlu e a afección burelesa que é un privilexio xogar para eles”. Alex cualificou o proxecto burelés como “moi ilusi
12 de agosto de 2013
Fotografía: Logaidea
Galipizza&Cia patrocinador do equipo campión
O CD Burela FS Pescados Rubén e Galipizza&Cia asocian a súa imaxe co patrocinio do equipo femenino, actual campión de Liga e Copa da Primeira División da RFEF.
O presidente do club burelés, Manuel Blanco, e o xerente de Pizzbur Franquicias, José Manuel Vázquez, selaron o acordo nas oficinas da entidade laranxa e presentaron a equipación da nova tempada. Manuel Blanco agradeceu o compromiso “co deporte de José Manuel Vázquez e a súa aposta polo equipo femenino que exercerá de embaixador da famosa Galipizza”.   Pola súa parte, José Manuel Vázquez comentou que “é un orgul
13 de agosto de 2013
Alba Vila agarima a dieta dos deportistas laranxas
O CD Burela FS Pescados Rubén confía unha tempada máis no Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila para asesorar e supervisar a alimentación dos seus deportistas, factor fundamental na planificación da preparación e rendemento deportivo.
Os xogadores e xogadoras senior do club burelao visitaron o centro dirixido por Alba Vila para planificar a súa dieta “evidentemente personalizada xa que debemos ter en conta as características físicas específicas de cada deportista, así como a fase concreta da tempada. A nosa función está integrada na planificación xeral de ambos equipos e coordinada cos seus adestradores e preparadores físicos” comentou Alba Vila, especialista en dietética e nu
14 de agosto de 2013
Primeiros amigables para o Horizonte Laranxa 2013-14
Na súa segunda semana de preparación, a engrenaxe laranxa saltará á pista mañá para disputar o primeiro amigable da pretempada 2013-14. O I Memorial Francisco Javier González Vázquez de Vilalba reunirá o Burela FS Pescados Rubén e o anfitrión, de Terceira División, con fins benéficos (19.00 horas, pavillón municipal). Media hora antes, ás 18.30 horas, o cadro de Quico Otero tamén gozará da primeira proba de pretem
16 de agosto de 2013
A clínica Virxe da Mariña amplía o compromiso laranxa con descontos especiais para soci@s
A clínica burelá Virxe da Mariña e o CD Burela FS Pescados Rubén seguirán traballando xuntos polo deporte laranxa. O presidente da entidade mariñá, Manuel Blanco, foi recibido nas instalacións médicas pola xerente da clínica, María Esther García Insua, para formalizar a ampliación do compromiso, dándolle continuidade á supervisión médica dos equipos sénior e incluíndo descontos especiais nos seus servizos para os socios laranxas 2013-14.
19 de agosto de 2013
Azkar Lugo, Santiago Futsal e Ponte Ourense, alicientes na terceira semana de pretempada
Os equipos masculino e feminino do Burela FS Pescados Rubén afrontan a súa terceira semana de preparación con alicientes de elite no Horizonte Laranxa. O cadro de Juanlu, en Primeira LNFS, medirase ao Azkar Lugo enTapia de Casariego (venres 23, 19.00 horas) e ao Santiago Futsal, no Memorial Celso Currás de Trabada  (sábado 24, 20.30 horas), onde a escuadra de Primeira RFEF, baixo a batuta de Quico Otero,
19 de agosto de 2013
Venres 23, último día para formalizar a matrícula da ED Burela FS 2013-14
A ED Burela FS 2013-14 pechará o prazo de matrícula este venres, 23 de agosto. A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende AQUÍ e envialo ao correo electrónico
20 de agosto de 2013
Xa están dispoñibles os carnés 2013-14
Dende hoxe os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén xa poden pasar pola sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, 91, baixo) para recoller o carné da tempada 2013-14, con descontos especiais na clínica Virxe da Mariña. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. A acreditación da nova tempada será necesaria para presenciar o partido de presentación entre o B
20 de agosto de 2013
Comeza a preparación do Burela FS de Terceira
O Burela FS Pescados Rubén B xa comezou coa preparación da súa segunda tempada en Terceira División. O cadro, que volverá estar dirixido por Iván Cao Valle, Lucas, xa adestra dende o luns pasado. Xunto a Antón, Keko, Manu e aos xuvenís Hélder, Jardel, Miguel, Pancho, Aitor, Rubén e Erik, súmanse o porteiro Javi Fajardo e Antón, dende o Superti A Pontenova, e o viveirense Xoel Otero, do Ventorrillo FS. O xuvenil Alemán, Carlitos e
21 de agosto de 2013
O Celso Currás de Trabada lucirá con dobre representación laranxa
O Concello de Trabada presentou esta mañá o IX Memorial Celso Currás, que lucirá este sábado, 24 de agosto, dobre representación do CD Burela FS Pescados Rubén. Xunto ao alcalde, José Manuel Yanes Ginzo, estiveron o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero Méndez, e os directivos laranxas Audítor Rodríguez Lombardía e José Ángel Dovale Gradaílle. Como cita xa tradicional na pretempada do equipo laranxa masculino,
22 de agosto de 2013
Venda anticipada para Burela FS-Inter Movistar (sábado 31, 20.30 horas)
Dende mañá xa estarán á venda as entradas para o partido de presentación 2013-14 do Burela FS Pescados Rubén de Primeira LNFS que enfrontará a escuadra de Juanlu co Inter Movistar (sábado 31, 20.30, Vista Alegre). NON SOCI@ ADULT@: 10 eurosNON SOCI@ MENOR DE 18 ANOS (0-18): 3 euros Para os socios laranxas será gratuíto (imprescindible presentar carné de abonado 2013-14).
26 de agosto de 2013
Foto: Azkar Lugo FS
Os laranxas, campións en Tapia e Trabada
O Burela FS Pescados Rubén conseguiu pleno esta fin de semana ante dous rivais de Primeira. Os laranxas proclámaronse campións ante o Azkar Lugo (1-2) no Torneo Ayuntamiento de Tapia, o venres, e sobre o Santiago Futsal (2-2) cos penaltis no Memorial Celso Currás de Trabada, o sábado. Fronte aos transportistas, nun encontro igualado, Iago Míguez aproveitou un rexeitamento para bater a Balsa. Con oportunidades por ambos os lados,&n
26 de agosto de 2013
Burela FS 2-3 Ponte Ourense
As pupilas de Quico Otero, coas ausencias de Lidia Mesías, Jozi e Marcela, perderon pola mínima na súa segunda cita da pretempada, ante o Ponte Ourense (2-3) no Memorial Celso Currás. O Burela FS non puido facer valer a súa vantaxe no marcador de 2-0, obra de Bea Mateos (minuto 8) e Claudia (14) no primeiro tramo do encontro. Antes de chegar ao descanso, Rosángela reduciu distancias (minuto 18) para as pontina. No segundo período, a finalizaci
26 de agosto de 2013
Burela, sede dos cursos de Adestrador de Fútbol Sala
Burela será berce da formación en fútbol sala en 2013-14. A vila mariñá acollerá tres cursos federativos convocados pola Federación Galega de Fútbol, baixo o amparo da Real Federación Española, o de Instrutor de Fútbol Sala Base Nivel 1, o de Adestrador Territorial de Fútbol Sala Nivel 2 e o de Adestrador Nacional de Fútbol Sala Nivel 3. O prazo de inscrición e matrícula (Bases e Documentación adxuntas)
27 de agosto de 2013
Joma, spónsor técnico oficial del CD Burela FS Pescados Rubén
O CD Burela FS Pescados Rubén continúa unha tempada máis con Joma como Spónsor Técnico Oficial a través de Living Sport. O conxunto mariñán lucirá por terceira campaña as equipacións da marca española. Joma está considerada como unha das marcas de referencia do deporte nacional e cada vez conta con maior recoñecemento e presenza internacional. As novas equipacións do CD Burela FS Pescados Rubén estarán á venda a partir do 2 de setembro na sé da e
28 de agosto de 2013
Vista Alegre descobre o Horizonte Laranxa 2013-14, con Burela FS-Inter Movistar (sábado 31, 20.30 horas)
O pavillón Vista Alegre descubrirá mañá o Horizonte Laranxa da Primeira División LNFS 2013-14 coa visita do recoñecido Inter Movistar. Despois de catro semanas de adestramentos, os protagonistas laranxas presentaranse ante a incondicional bancada mariñá; saltarán á pista ás 20.30 horas.  A posta de gala do novo cadro de Juanlu será a quinta cita amigable da pretempada. Juanma, Edu, Christian, Iago Míguez, Matamoros, Mimi e Isi con
30 de agosto de 2013
19 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores