Presentación oficial de Jorge Bellvert en Frenos Carpe, patrocinador do Burela FS Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén realizou a presentación oficial de Jorge Bellvert, peche extremeño que chega ao conxunto da Mariña procedente do Jaén Paraíso Interior. Jorge Bellvert, 29 anos, firma por unha tempada coa escuadra lucense e posou coa camiseta laranxa na delegación de Burela de Frenos Carpe, empresa especializada en recambios de automoción e patrocinadora do club burelés. Ademais da súa delegación burelesa, Frenos Carpe ten delegación comercial en Lugo, Ribadeo e Abadín.
Jorge Bellvert estivo acompañado na súa presentación polo presidente do club, Manuel Blanco, e o responsable en Burela de Frenos Carpe, Carlos Neira Lestao. O presidente burelés celebrou a incorporación de Bellvert destacando que “é un xogador con experiencia na máxima categoría e cónstanos a súa seriedade e compromiso como profesional. Estou convencido que encaixa perfectamente no noso proxecto”. Jorge Bellvert, como manifestara con anterioridad
1 de agosto de 2014
O Burela Pescados Rubén arranca motores para a súa terceira tempada en Primeira División
O Burela Pescados Rubén comeza a súa posta a punto o martes día 5 de agosto na que será a súa terceira tempada na Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala, a élite deste deporte. Nesta nova tempada, o Burela FS Pescados Rubén comezará o seu proxecto con: Edu, Alex, Matamoros, Isi, Iago Míguez, Antoñito, Jorge Bellvert, Chano e Carlitos. A eles sumarase a presenza dos canteiráns Renato, Helder, Antón, Erik e Javier Gorroño, xogador de 18 anos procedente da UD Rozas-Boadilla que tamén realizará a pretempada co conxunto galego.
A escuadra dirixida por Juanlu Alonso iniciará os adestramentos coa vista posta na primeira xornada ligueira na que Vista Alegre recibe ao actual campión de Liga, Inter Movistar. A cita inaugural da tempada 2014/2015 celébrase o día 13 de setembro aínda que antes a escuadra mariñana disputará os seguintes encontros amigables:
Partidos de pretempada
Data: 16 de agosto. Localidade: Ferrol
O Parrulo Ferrol vs CD Burela FS Pe
4 de agosto de 2014
Carlos Valle incorpórase coma profesional ao equipo de Primeira División
O canteirán Carlos Valle Izaguirre será xogador profesional do Burela Pescados Rubén. Tras completar a súa formación deportiva durante a tempada anterior, compaxinando o equipo senior e de Terceira División. O xogador burelés convenceu a Juanlu Alonso para formar parte, a todos os efectos, do equipo profesional da entidade laranxa.
Durante a tempada anterior Carlos Valle xa adestrara con regularidade co primeiro equipo e disputado algúns encontros da máxima categoría. Con 20 anos, a á-pivot mariñao gañouse a oportunidade de integrarse completamente na dinámica do equipo profesional grazas a súa progresión e actitude. Na tempada 2014/2015, o club manterá a mesma política de potenciar a canteira e, nesta ocasión, serán Renato, Helder, Antón e Erik os que teñan a oportunidade
5 de agosto de 2014
Presentación oficial de Chano, reforzo ofensivo do Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén presentou oficialmente a Sebastián Vargas Otero “Chano” como xogador laranxa na oficina do club. O pivot andaluz pousou coa camiseta laranxa arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez. O xogador gaditano chega ao conxunto da Mariña procedente do Azkar Lugo onde realizou unha gran tempada sendo a súa referencia atacante, caudal ofensivo que reforzará á escuadra burelesa durante esta tempada. O
6 de agosto de 2014
O Burela Pescados Rubén e Quico Otero renovan o seu compromiso
O Burela Pescados Rubén e Quico Otero oficializaron a renovación do técnico na sé do club. O presidente, Manuel Blanco, e a directiva responsable do equipo feminino, Alba Vila, acompañaron a Quico Otero durante a súa presentación. Alba Vila declarou que “estamos encantados de poder seguir contando con Quico Otero á fronte do equipo xa que realizou un gran traballo durante a tempada anterior e a nosa confianza nel é máxima. Estou convencida que du
8 de agosto de 2014
O Burela Pescados Rubén recibiu a visita da Federación Francesa de Fútbol, representada por Raphael Reynaud y Philippe Lafrique
A Federación Francesa de Fútbol está a desenvolver un Programa Integral de Formación de Fútbol Sala para técnicos e xogadores co fin establecer a base sobre a que este deporte se desenvolva e evolucione nun marco apropiado, con cursos específicos de Fútbol Sala para técnicos. Na actualidade o Programa atópase en fase de recopilación de información e a federación francesa elixiu como un dos puntos de interese ao CD Burela FS Pescados Rubén.
Ata a localidade mariñana desprazáronse o Seleccionador Sub21 de Fútbol Sala, Raphael Reynaud, e o Xefe da Delegación de Francia Sub21, Philippe Lafrique, que tamén exerce como Secretario das Comisións de Futsal de Francia. Os días 8 e 9 de agosto, observaron os adestramentos dos equipos bureleses de Primeira División e informáronse do funcionamento e estrutura do club burelés. O seleccionador francés, Raphael Reynaud, declarou que “estamos grata
11 de agosto de 2014
Primeiros partidos de pretempada para o Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén inicia os seus partidos de pretempada con duelos galegos, o conxunto feminino medirase ao Viaxes Amarelle mentres que o masculino xogará contra O Parrulo Ferrol. Con apenas unha semana de adestramentos, as pupilas de Quico Otero afrontan o duelo ante o Viaxes Amarelle o venres 15, ás 11.30 horas, no pabellón Club do Mar San Amaro da Coruña. As burelás afrontan este partido como unha sesión máis da súa posta a punto e co de
14 de agosto de 2014
O Burela Pescados Rubén oficializa as fichaxes de Gaby e Tainã
O Burela Pescados Rubén oficializou as fichaxes de Gabriela Vila Real Macedo e Tainã dos Santos nun acto de presentación que tivo lugar no Centro Dietético e de Nutrición Alba Vila, empresa patrocinadora do club. Ambas chegan ao Burela Pescados Rubén procedentes do Aurora de San Petersburgo (Rusia) onde se proclamaron campioas de Liga a tempada anterior.
As xogadoras brasileiras pousaron coa elástica laranxa acompañadas por Manuel Blanco, presidente, e Alba Vila, directiva responsable do equipo feminino que celebra a incorporación de “ambas xogadoras xa que son deportistas contrastadas, teñen calidade e experiencia. Serán un gran reforzo para o equipo para poder competir con garantías”. Pola súa banda, o presidente indicou que “son xogadoras que nos van aportar moito e permitirán ao equipo unha m
18 de agosto de 2014