Noticias
Arquivo de Agosto 2015
O Burela FS de Daniel Ibañes comeza o traballo
O CD Burela FS Pescados Rubén iniciou hoxe o traballo de pretempada. O equipo reuniuse pola mañá co seu novo adestrador, Daniel Ibañes, para a primeira sesión en Vista Alegre; pola tarde, o adestramento trasladouse ao complexo deportivo da Marosa. O míster puido dispoñer de todo o vestiario no primeiro día, no que tamén foron novidades Iago Rodríguez, Álex Pérez e Chino, xunto a Edu, Chano, Antoñito, Iago Míguez, Isi, Jorge Bellve
3 de agosto de 2015
Inicio de pretempada para o conxunto de Lucas
O Burela FS Pescados Rubén de Iván Cao, Lucas, inicia a pretempada 2015-16 esta tarde. O cadro laranxa reunirase hoxe ás 19.00 horas en Vista Alegre para a volta ao traballo. Xunto a Peque, Lara e Bea Mateos e ás novidades da ala-pivote Ceci e a gardameta Andrea, tamén emprenden un exercicio máis a capitá, Maite, Claudia e Shiori, que formalizarán oficialmente a súa continuidade na Mariña nos próximos días. Baixo os paus estre
3 de agosto de 2015
Alba Vila supervisa os equipos burelistas
O Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila de Burela asesorará e supervisará a saúde dos equipos laranxas de elite outra tempada máis. Na primeira semana de pretempada, os integrantes dos cadros de Primeira División LNFS e RFEF xa se reuniron con Alba Vila, que coordinará con adestradores e preparadores físicos a alimentación dos xogadores e xogadoras, integrada na planificación de preparación e rendemento deportivo.
5 de agosto de 2015
Álex: 'Aproveitarei ao máximo o que decida o adestrador con traballo e ambición'
Alejandro Pérez Pérez (Madrid, 1993) será la novedad en la portería del CD Burela FS Pescados Rubén en 2015-16. “Aprovecharé al máximo lo que decida el entrenador; soy trabajador y ambicioso, con tranquilidad bajo los palos” adelantaba el meta en sus primeros días en A Mariña. El presidente naranja, Manuel Blanco, y el directivo Marcelino Luna, que acompañaron a Álex en su presentación oficial, destacaron la incorporación del ex del Marfil San
6 de agosto de 2015
Outra parada na posta a punto de pretempada
Os xogadores burelistas continúan coas exploracións médicas de pretempada; o equipo de Daniel Ibañes tamén ten esta semana como parada na posta a punto de cara ao inicio da competición o Centro Clínico Ribadeo, para someterse ás pertinentes probas de ecocardiograma. Dende 2009, o Centro Clínico Ribadeo (rúa Dionisio Gamallo Fierros, número 3) traballa especialidades de medicina xeral, cardioloxía, traumatoloxía, neuroloxía, urolox
6 de agosto de 2015
Andrea C.: 'É un gran cambio pero merece a pena'
Dende terras levantinas, Andrea Carla Marín Onteniente recala na Mariña. O CD Burela FS Pescados Rubén será a primeira experiencia da porteira murciana lonxe da súa terra. “É un gran cambio, pero merece a pena; a miña carreira necesitábao e creo que Burela é o sitio adecuado, un lugar onde evolucionar deportiva e persoalmente”, explicaba a nova 13 laranxa, arroupada na súa presentación oficial polo presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente
10 de agosto de 2015
Eva Lema: "O Burela Pescados Rubén é un gran paso na miña carreira, estou orgullosa de estar aquí"
O Burela Pescados Rubén incorpora ao seu persoal á porteira Eva Lema Leis que chega ao conxunto mariñao procedente do Viaxes Amarelle. A moza gardamallas, natural da localidade coruñesa de Muxía, conta con experiencia na máxima categoría e aportará “frescura, competitividade e moita ilusión ao equipo” declarou o presidente da entidade burelesa, Manuel Blanco, que acompañado da directiva Alba Vila exerceron de anfitrións na presentación de Eva Lem
11 de agosto de 2015
Virxe da Mariña coida da saúde laranxa
Durante estes días, os xogadores e xogadoras laranxas sométense ás correspondentes exploracións médicas na clínica médico-cirúrxica burelá Virxe da Mariña (avenida Arcadio Pardiñas, número 145), para control e exame da preparación física. Xunto aos recoñecementos da pretempada, os equipos masculino e feminino tamén estarán supervisados polos especialistas do centro durante a competición ligueira. Coñece máis en
12 de agosto de 2015
Jozi volve a Burela
A internacional brasileira Joziane de Oliveira seguirá defendendo o CD Burela FS Pescados Rubén en 2015-16. A gardameta, que rematou contrato na Mariña en xuño e regresou ao seu país, finalmente chegou a un acordo para volver a España e cumprir a súa sétima campaña na entidade laranxa. Jozi, que xa adestrou esta semana co equipo de Iván Cao, Lucas, será presentada mañá na apertura oficial de tempada para o CD Burela FS Pescados Ru
12 de agosto de 2015
Leis, Poio e Olivo, rivais laranxas na Copa Galicia Feminina
Información de cruzamentos adxunta
12 de agosto de 2015
Últimas prazas para ED Burela FS 2015-16
A ED Burela FS volve abrir a matrícula 2015-16 para as últimas prazas de cara a 2015-16. No novo curso a escola laranxa contará con 6 grupos; xunto a Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, estréase Iniciación, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. Cada categ
14 de agosto de 2015
A Bomboneira presenta o proxecto 2015-16
A Bomboneira presentou onte pola tarde-noite o proxecto do CD Burela FS Pescados Rubén para 2015-16. O show do locutor de Cadena SER e speaker do CB Breogán, José Areñas, conduciu o acto no que se deron a coñecer os equipos de Primeira División LNFS e RFEF, así como as categorías de base Cadete, Xuvenil e Filial Feminino e Masculino, que comezarán xa o traballo do novo exercicio nos próximos días. Tras a inauguración oficial da Hi
14 de agosto de 2015
Luarca, primeiro destino laranxa en pretempada
O Burela FS Pescados Rubén estreará mañá o proxecto 2015-16 no primeiro amigable de pretempada. Luarca será o destino, para medirse a partir das 20.30 horas con Boal, de Segunda B, e unha selección de Occidente de Asturias. Daniel Ibañes poderá dispoñer de todo o vestiario de pretempada a excepción de Mata, que cumpre cos prazos de recuperación da súa intervención de ligamento cruzado anterior. Xunto a Edu, Iago
17 de agosto de 2015
Consigue o Abono Laranxa 2015-16 con La Caixa
Esta tempada La Caixa ficha polo CD Burela FS Pescados Rubén obsequiando os seus clientes co abono laranxa 2015-16. Queres conseguir gratis o carné burelista? Domicilia os teus ingresos en La Caixa e teralo. E se xa es cliente de entidade bancaria, podes conseguilo contratando un seguro de 300 euros, de prima mínima e levando un amigo a La Caixa. Descubre todas as condicións no PDF. adxunto. Máis información na ofic
18 de agosto de 2015
Maite: 'Estamos en débeda con Vista Alegre; é un ano para resarcirse'
“Empezo un novo ano coas ganas que sempre teño neste club e querendo optar por todos os títulos. Estamos en débeda con Vista Alegre; é un ano para resarcirse. Creo que unha vez máis temos cadro para iso, con boas incorporacións” así de ilusionada se mostraba Maite, no seu quinto exercicio na Mariña. O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o directivo Alberto Fernández destacaron a “garra e intensidade” da ala cacereña. “É
18 de agosto de 2015
Importantes cambios na formación de Adestradores
O coordinador dos cursos formativos da Federación Galega de Fútbol na Mariña, Alfonso Mera, e o profesor dos ciclos en Burela Marcelino Luna acudiron a semana pasada a Santiago a unha reunión na que a Escola Galega de Adestradores planificou a tempada 2015-16, con importantes cambios aprobados pola UEFA Coaching Convention.O director da escola, Manuel Mosquera, reuniuse cos delegados e coordinadores dos ciclos de toda Galicia para informar
18 de agosto de 2015
Cara e cruz de puntería en Luarca
O Burela FS Pescados Rubén cumpriu co seu primeiro compromiso de pretempada onte en Luarca cun triangular con cara e cruz de puntería laranxa. A escuadra de Daniel Ibañes topouse con dous rivais acazapados; fronte a Occidente de Asturias o dominio reflectiuse á perfección no marcador, con dous tantos dun correctísimo Chino, adornados por un precioso disparo de Renato desde 30 metros, que sorprendeu o meta rival, en posición adian
19 de agosto de 2015
Poio resístese
Posesión de balón, ocasións e férrea defensa ofreceron onte as laranxas na pista da Seca, pero o Poio FSF resistiuse nun partido moi rifado a pesar do 5-1 en contra para o Burela FS Pescados Rubén. A primeira avaliación do cadro de Iván Cao, Lucas, caeu do lado das pontevedresas, que ampliaron as distancias tras superar o ecuador da segunda parte, xunto a dous dobres penaltis a falta de 45 segundos para o final.  “En todo par
20 de agosto de 2015
Claudia: 'O Burela FS é a miña casa, o club que me deu todo'
“O Burela FS é o meu club, é a miña casa, o equipo que me deu todo” recoñecía a ala-pivote Claudia Rodríguez Teijeiro, inmersa xa na preparación para a que se converterá na súa sétima tempada na súa terra. O presidente, Manuel Blanco, e a directiva Alba Vila arrouparon a xogadora focega na súa renovación oficial, aplaudindo a súa continuidade. “É unha xogadora da casa, unha garantía para o bloque, con compromiso e gran pase entre as súas virtu
21 de agosto de 2015
O Burela FS, anfitrión do I Torneo ...E para Comer, Lugo (28-29 de agosto)
O CD Burela FS Pescados Rubén será o anfitrión do I Torneo de Fútbol Sala ...E para Comer, Lugo, o venres 28 e sábado 29 de agosto. Así o deron a coñecer esta mañá, na súa presentación, o presidente e o vicepresidente laranxas, Manuel Blanco e José Luis Sáez, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo na cidade amurallada, acompañados polo responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, José Manuel Yanes, e o
24 de agosto de 2015
Shiori: 'Estou moi contenta por regresar a Burela'
Outra das caras xa coñecidas do CD Burela FS Pescados Rubén 2015-16 chega con aires de Oriente. A ala-pivote Shiori Nakajima, que non puido finalizar a tempada coas laranxas por motivos burocráticos, volve á entidade galega moi ilusionada. “Estou moi contenta por regresar a Burela; sempre foi a miña primeira opción. No meu primeiro ano a integración foi moi boa e estou aprendendo moito en Galicia, dunha cultura moi interesante”. O presidente d
24 de agosto de 2015
A saúde laranxa volve estar en boas mans
A saúde do CD Burela FS Pescados Rubén volve estar unha tempada máis en boas mans. O presidente e o vicepresidente do club, Manuel Blanco e José Luís Sáez, reuníronse co corpo médico, que lles deu un informe detallado do estado de xogadores e xogadoras de Primeira División, ademais de avanzar o seguimento que realizarán ao longo da tempada. Xunto ao día a día do fisioterapeuta Daniel Tomé Lage seguirá traballando o seu homólogo Ju
25 de agosto de 2015
Fotografía: Manuel Gil
Palma Futsal clasifícase para a final do Torneo E para comer Lugo logo de vencer nos penaltis ao Santiago Futsal
A primeira semifinal do Torneo E para comer Lugo saldouse co pase á gran final do Palma Futsal tras vencer na quenda de penaltis por 7-6 logo de finalizar o partido con empate a cero goles. O duelo comezou cun ritmo trepidante aínda que sen demasiadas ocasións.
O Palma Futsal tomou o mando nos primeiros compases cunha presión alta que os compostelans lograron conter. O dominio insular puido ter réditos nun par de accións pero Marcos Vara evitou que se abrise o marcador. A resposta galega tivo a firma de Diego Quintela que tras roubar o balón encarou a Sarmiento que gañou o pulso. Os pupilos de Santi Valladares comezaron a sacudirse a presión, equilibrando a posesión e soltando algún zarpazo á contra. No
28 de agosto de 2015
Fotografía: Manuel Gil
O Burela Pescados Rubén supera con claridade (4-0) ao Cidade Narón e pasa á gran final
O Burela Pescados Rubén imponse con claridade ao Cidade Narón por 4-0 e clasifícase para a gran final do Torneo E para comer Lugo onde se medirá ao Palma Futsal, a partir das 20.15 horas. O Cidade Narón e o Santiago Futsal loitarán polo terceiro e cuarto posto a partir das 18.00 horas en Vista Alegre.
A escuadra mariñá dirixida por Daniel Ibañes plasmou na pista a superioridade ante un Cidade Narón que estivo combativo en todo momento. Os burelaos despregaron un xogo alegre e dinámico controlando o partido de principio a fin e sen apuros defensivos. Iago Míguez foi o encargado de abrir a lata e aínda que gozou de máis oportunidades o conxunto local, chegouse ao descanso co 1-0. Na segunda parte o Burela Pescados Rubén aumentou a súa renda cun
28 de agosto de 2015
Clara vitoria do Santiago que acada o terceiro posto do Torneo E para comer, Lugo
O Santiago Futsal impúxose con autoridade ao Cidade de Narón por 1-8 e adxudicouse a terceira posición do I Torneo E para comer, Lugo. A escuadra de Santi Valladares non quixo deixar ningunha porta aberta para a sorpresa e comezou o duelo coa súa intensidade habitual.
Nos primeiros compases o Cidade de Narón contivo o asedio compostelán pero o 0-1 marcado por Dani Montes, minuto 6, deu paso a unha maior eficacia santiaguesa. Nun par de minutos, Santi e Diego Quintela marcaron o 0-2 e 0-3, respectivamente. Con este marcador o Santiago Futsal baixou un pouco o pistón para apertar de novo no tramo final. Dani Montes marcou o seu primeiro gol da tarde dende o dobrepenalti (0-4) e Isma puxo o seu selo co 0-5, resul
29 de agosto de 2015
Fotografía: Manuel Gil
Clara vitoria do Santiago que acada o terceiro posto do Torneo E para comer, Lugo
O Santiago Futsal impúxose con autoridade ao Cidade de Narón por 1-8 e adxudicouse a terceira posición do I Torneo E para comer, Lugo. A escuadra de Santi Valladares non quixo deixar ningunha porta aberta para a sorpresa e comezou o duelo coa súa intensidade habitual.
Nos primeiros compases o Cidade de Narón contivo o asedio compostelán pero o 0-1 marcado por Dani Montes, minuto 6, deu paso a unha maior eficacia santiaguesa. Nun par de minutos, Santi e Diego Quintela marcaron o 0-2 e 0-3, respectivamente. Con este marcador o Santiago Futsal baixou un pouco o pistón para apertar de novo no tramo final. Dani Montes marcou o seu primeiro gol da tarde dende o dobrepenalti (0-4) e Isma puxo o seu selo co 0-5, resul
29 de agosto de 2015
Fotografía: Manuel Gil
O Palma Futsal conquista o Torneo E para comer, Lugo
O Palma Futsal proclamouse campión do I Torneo E para comer, Lugo ao vencer ao Burela Pescados Rubén por 2-7 nun partido trepidante que se mantivo equilibrado ata o tramo final do encontro. A escuadra laranxa envorcouse en reducir distancias e apostando polo xogo de cinco e aínda que reduciu distancias Pizarro sentenciou con dous goles. O presidente de E para comer Lugo, Cheché Real, fixo entrega da placa de campión a Vadillo, capitán do Palma Futsal, e o presidente do Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, ao seu capitán Edu como subcampión do Torneo. A gran final pechou un Torneo brillante no que os catro equipos mostraron un excelente nivel, malia estar aínda en pretemporada.
O CD Burela FS Pescados Rubén e o Palma Futsal comezaron a final con gran intensidade e presionando moito ao seu rival. Vadillo avisou cun disparo á madeira e tivo como resposta un bo disparo de Iago Míguez que detivo Carlos Barrón. Con esta presentación comezou unha final que non tiña dono, ambos conxuntos alternaron o perigo en área contraria. Nunha primeira fase, os mariñaos gozaron dun par de ocasións por mediación de Chino e despois os mallo
29 de agosto de 2015
O CD Burela FS está con Osa do Mar
O CD Burela FS Pescados Rubén apoiará á Asociación Cultural Fanto Fantini no festival Osa do Mar 2015, unha cita que reunirá diferentes estilos musicais na contorna da Marosa entre o venres 4 e sábado 5 de setembro. O presidente, Manuel Blanco, recibiu na sede laranxa a Marcos Reimunde e Diego Campo, como representantes do colectivo, para estreitar lazos entre as entidades e pechar os detalles de colaboración dende o club burelista.
31 de agosto de 2015
Presentación do XI Trofeo A Pataca Naranxa
A Pataca Naranxa presentou esta mañá unha nova edición do seu Trofeo e xa van once. No acto, que acolleu a sede laranxa, a presidenta da peña, Carmen Teijeiro, estivo acompañada polo secretario técnico do club, Juanma Marrube, o capitán Edu e o edil de Deportes de Burela, Ramiro Fernández. En 2015-16 o galardón conta coa colaboración do CD Burela FS Pescados Rubén e o Concello de Burela, ademais de Living Sport, que doa os trofeos
31 de agosto de 2015
29 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores