Noticias
Arquivo de Agosto 2016
Lara cumprirá a sétima de laranxa
A viveirense Lara Balseiro formalizou esta semana a continuidade nas filas do CD Burela FS Pescados Rubén no que se converterá na súa sétima tempada na entidade; estivo apoiada polo presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, que aplaudiron a renovación dunha xogadora que reúne “mocidade e veteranía laranxa, ademais de ser da casa e de formarse aquí”. Aos seus 23 anos, a 10 mariñá afronta o reto de no
2 de agosto de 2016
Calendario División de Honra Xuvenil 2016-17
Consulta aquí os partidos
2 de agosto de 2016
O catalán Joan Miñano, reforzo na meta laranxa
Joan Miñano Jiménez (Santa Coloma de Gramanet, 1993) defenderá a meta laranxa en 2016-17. O catalán, procedente do FC Barcelona Alusport, de Segunda División, e formado na base do Marfil Santa Coloma, chega a A Mariña para compartir responsabilidades con Álex Pérez e como reforzo ante a lesión de xeonllo do veterano Edu. “É a primeira vez que saio da casa, empezo unha nova etapa con ganas e ilusión de xogar en Primeira; estou moi
3 de agosto de 2016
Claudia despídese do fútbol sala "polo menos por un tempo"
“Estiven toda a miña vida vinculada ao CD Burela FS Pescados Rubén; foi complicado pero creo que é o momento de deixar o fútbol sala, polo menos por un tempo. Tomei a decisión pensando no futuro e en mellorar laboralmente”, así se despedía a focega Claudia Rodríguez Teijeiro (1984) da entidade mariñá e da súa gran paixón desde nena. “Foise sumando un pouco todo, compromisos laborais, a grande esixencia física e psicolóxica do CD B
3 de agosto de 2016
Cadetes e xuvenís volven ao traballo
Os equipos cadete e xuvenil volven ao traballo o luns 15. O primeiro compromiso será I Torneo Nacional de Fútbol Sala Valladolid Ciudad del Deporte o 27 e 28 de agosto, organizado por Tierno Galván.
4 de agosto de 2016
Arranque feminino o 8 de agosto, con Lucas e Julio á fronte
O CD Burela FS Pescados Rubén comezará a pretempada feminina o vindeiro luns, 8 de agosto (19.30 horas), con Iván Cao ‘Lucas’ e Julio Delgado á fronte. O presidente da entidade, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez, recibiron os técnicos na sede laranxa para selar a súa continuidade e abordar algúns aspectos da volta ao traballo. “Serán catro semanas de traballo, coa quinta na que comeza a liga. Da Supercopa –que se disp
4 de agosto de 2016
Silvia medra co Pescados Rubén
A canteirá Silvia Rubal Casas (Burela, 1995) vén de formalizar a súa renovación no CD Burela FS Pescados Rubén dedicada por completo ao conxunto sénior, despois dunha tempada na que compatibilizou obrigas entre o equipo filial e o de Primeira División RFEF. A xogadora estivo acompañada polo presidente da entidade, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale, que destacaron “o compromiso, dedicación e incansable traballo” desta nova promesa.
5 de agosto de 2016
Paula volta á casa
“Estou moi contenta de volver á casa, despois dun ano fóra moi bo tanto persoal como futbolisticamente” recoñecía a moza Paula Cortiñas (Cervo, 1996), que estivo acompañada polo presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o directivo Marcelino Luna, no seu acto de presentación como nova xogadora laranxa para 2016-17, despois dunha tempada no Rioja FSF. “Para nós é un orgullo volver contar cunha xogadora da casa, unha firme aposta
6 de agosto de 2016
Eva deixa a portería do Burela FS
Eva Lema Leis deixa a portería do CD Burela FS Pescados Rubén tras non chegar a un acordo coa entidade burelista para a súa renovación despois dunha tempada defendendo os intereses mariñáns. Eva (Muxía, 1994), que recalou nas filas laranxas en 2015-16 dende o Viaxes Amarelle FSF para compartir responsabilidades con Jozi e Andrea, disputou 4 partidos de liga no exitoso exercicio do conxunto mariñán. A Familia Laranxa d
8 de agosto de 2016
Bea Mateos: 'Se o equipo se une e está ben traballado non haberá problemas'
Beatriz Mateos Galache (Salamanca, 1987) cumprirá a súa cuarta tempada de laranxa en 2016-17. A ala-peche, que formalizou a súa continuidade xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis A. Guillén, arrancou a pretempada ayer co resto do cadro. “Sempre hai cambios e se o grupo se une ben e está ben traballado non ten por qué haber problemas; ao final ninguén é superimportante”, explicaba a 14 mariñá. Bea Mateos xa estaba
9 de agosto de 2016
Emma: 'Oxalá este ano me saia mellor'
“Teño moitas ganas de empezar, de volver tocar o balón. Oxalá este ano saia mellor do que saíu o pasado, persoalmente claro, porque a nivel colectivo foi incrible; o vestiario estaba moi unido. Aínda que sexa difícil volver conseguir a mesma sensación, entre todas imos intentar facelo o mellor posible”, explicaba a ala-peche de 21 anos Emma Losada Santamarina, que debutou en Primeira División a tempada pasada co Burela FS Pescados Rubén nunha
11 de agosto de 2016
Iago Rodríguez: 'Espero moito máis de min e do equipo'
“Espero moito máis de min e do equipo en xeral porque o ano pasado, aínda que fixemos unha boa tempada, fomos un pouco irregulares e creo que este ano, coa recuperación de Matamoros, mantendo o bloque e co mesmo adestrador, irá todo máis rodado. A tempada pasada xa demostramos que podemos pelexar contra calquera equipo e se mantemos a regularidade podemos medrar moito máis”, confesaba así Iago Rodríguez Ulla na súa renovación co CD Burela FS P
12 de agosto de 2016
As internacionais brasileiras Cilene Pereira e Rarine Betim, reforzos nas filas laranxas
O CD Burela FS Pescados Rubén contará cos reforzos das internacionais brasileiras Cilene Pereira Paranhos e Rarine Cristina dos Santos Betim en 2016-17. A peche Cilene Pereira, de 32 anos e habitual do combinado ‘canarinho’ desde 2005, foi recoñecida como Mellor Xogadora do Mundo en 2008. A moza ala Rarine Betim, de 21 anos e procedente do Telêmaco Borba Agricopel, debutou coa selección aos 18; no seu palmarés destaca o título de
16 de agosto de 2016
A internacional ucraína Julia Forsiuk, inmersa na pretempada burelista
A internacional ucraína Julia Forsiuk compartirá o traballo de pretempada co CD Burela FS Pescados Rubén. A polifacética e completa xogadora (Kiev, 1985), que recala na Mariña como tricampioa no seu país co Inter Media Service, con liga, Copa e Supercopa, xa leva dous días compartindo os adestramentos baixo a dirección de Lucas e Julio Delgado. Recoñecida como Mellor Xogadora de Ucraína en 2008, 2010, 2015 e formada no WFC Belichanka (2000-12), J
18 de agosto de 2016
Ourense, primeiro destino das laranxas na axenda de pretempada
O CD Burela FS Pescados Rubén estreará a súa axenda de pretempada sobre a pista este sábado, 20 de agosto, na cidade das Burgas nun triangular fronte ao Ourense Envialia e o Poio Pescamar FSF, a partir das 17.00 horas. O segundo das laranxas compromiso será o mércores 24, fronte á Selección da Costa da Morte, en Dumbría (20.00 horas). Vista Alegre decide a Supercopa. Antes da estrea ligueira, o 10 de
18 de agosto de 2016
Amarelle e Ribadeo, rivais do Pescados Rubén en Copa Galicia
O CD Burela FS Pescados Rubén tamén coñeceu hoxe o calendario da Festa Irmandiña do Futsal. A escuadra mariñá verase as caras co Viaxes Amarelle FSF e o Ribadeo FSF no Grupo A de Copa Galicia Feminina; a fase de grupos disputarase entre o 1 e o 20 de setembro.   Pola súa banda, os pupilos de Daniel Ibañes accederán á Copa masculina en cuartos, xunto a Santiago Futsal, Prone Lugo e O Parrulo Ferrol; a fase de gru
18 de agosto de 2016
Judith: 'Burela é o mellor club para seguir medrando e aprendendo'
Adeus ás vacacións. A novísima Judith Pedreira Arias (A Coruña, 1998) xa só ten pensamento para o fútbol sala e o CD Burela FS Pescados Rubén, inmersa no traballo preparatorio da que será a súa segunda tempada na Mariña. “É o mellor club para seguir crecendo e aprendendo. O club apostou por min e quero devolverlle esa confianza dando todo de min”, aseguraba a xogadora, disposta a asumir o desafío de dar un paso adiante, como teñen en mente Lucas
19 de agosto de 2016
Dany súmase esta tarde á pretempada burelista
Despois de finalizar con éxito os trámites burocráticos no seu país, a brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany, reunirase esta tarde coas súas compañeiras para unirse ao traballo de pretempada do conxunto de Lucas e Julio Delgado. A 3 laranxa poderá entrar na rotación para o segundo compromiso das mariñás, este mércores fronte á Selección da Costa da Morte, en Dumbría (O Conco, 20.00 horas), como antesala do inicio de Supercopa d
22 de agosto de 2016
Volta ao traballo para os de Daniel Ibañes
O CD Burela FS Pescados Rubén de Daniel Ibañes deu esta tarde o pistoletazo de saída á pretempada 2016-17. Cadro e corpo técnico estiveron acompañados en Vista Alegre polo presidente e o vicepresidente do club, Manuel Blanco e José Luis Sáez. O meta catalán Joan Miñano foi a única cara nova no adestramento, xunto a Edu, Álex, Iago Míguez, Isi, Iago Rodríguez, Matamoros, Chano, Bruno Petry, Carlitos, Jorge Bellvert, Antoñito, Rena
22 de agosto de 2016
Grupo Vega, autocares oficiais do Burela FS Pescados Rubén
O CD Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo co Grupo Vega como “autocares oficiais” da entidade para a tempada 2016-17. O presidente laranxa, Manuel Blanco, recibiu o xerente da empresa asturiana, Israel Vega, na sede do club para formalizar a devandita colaboración. Máis de 40 anos de experiencia no sector avalan a profesionalidade da firma que se responsabilizará dos desprazamentos por toda España tanto dos equipos laranxa
23 de agosto de 2016
Chano: 'Creo que estou facendo o mellor fútbol sala da miña carreira'
Na súa terceira tempada na Mariña, Sebastián Vargas Otero, Chano, volverá ser un dos baluartes ofensivos do CD Burela FS Pescados Rubén. ‘Creo que estou facendo o mellor fútbol sala da miña carreira; espero seguir nesa liña, seguir gozando e pasándoo ben. Se podo mellorar os números estupendo e se os empeoro para que o equipo mellore aínda estarei máis encantado” falaba así na primeira semana de traballo 2016-17 o pivote gaditano, a piques de
24 de agosto de 2016
O CD Burela FS Pescados pecha un acordo de filialidade coa SD Xove FS
O CD Burela FS Pescados Rubén vén de pechar a filialidade co Onde Sempre SD Xove FS, de Segunda B, para a vindeira tempada. A sede laranxa acolleu a xuntanza entre o presidente burelista, Manuel Blanco, e o seu homólogo xovense, Juan Carlos Calvo, que acudiu á cita acompañado polo seu secretario, Antonio Rey, para rubricar o acordo. “Esta colaboración é a primeira pedra duns alicerces sólidos nos que reforzaremos o noso traballo p
25 de agosto de 2016
Xuvenís Pretempada 2016-17
Xuvenís e Cadetes rumbo ao I Torneo Valladolid Ciudad del Deporte
Os equipos xuvenil e cadete do CD Burela FS Pescados Rubén participarán esta fin de semana no I Torneo Nacional de Fútbol Sala Valladolid Ciudad del Deporte (27-28 de agosto) como primeira cita do novo curso. Tras realizar os respectivos recoñecementos médicos, os conxuntos que dirixen Christian Fustes e Mario Pillado adiantaron o inicio dos adestramentos con motivo do compromiso organizado polo CD Tierno Galván. En cadetes, os la
25 de agosto de 2016
Shiori continuará en Burela
A internacional xaponesa Shiori Nakajima continuará no CD Burela FS Pescados Rubén en 2016-17. A xogadora, de 28 anos, formalizou a súa renovación onte pola tarde para defender as filas laranxas por terceira tempada consecutiva. Shiori regresa á disciplina mariñá tras a recuperación da lesión de xeonllo sufrida coa selección nipona durante o Campionato Mundial de Guatemala en decembro do ano pasado.
26 de agosto de 2016
Jozi: 'Imos ás Supercopa con obxectivos de rendemento'
A meta brasileira Joziane de Oliveira (Chapecó, 1982) vivirá a súa oitava tempada na Mariña como a referencia laranxa en veteranía e experiencia nun CD Burela FS Pescados Rubén renovado, a tan só 1 día de volver atoparse co todopoderoso Atlético de Madrid Navalcarnero na primeira gran cita de 2016-17, o partido de ida de Supercopa de España (sábado 27, 18.00 horas, La Estación). ‘Temos os pés postos na terra, imos con obxectivos de rendemento, de
26 de agosto de 2016
ACFSF
Atlético de Madrid Navalcarnero 3-1 Burela FS Pescados Rubén
O CD Burela FS Pescaados Rubén non puido desartellar o dominio ofensivo do Atlético de Madrid esta tarde no partido de ida da Supercopa de España 2016 (3-1). Cunha férrea defensa, o conxunto laranxa soubo frear as intencións locais durante os 17 primeiros minutos de xogo; con 2-0 en contra ao comezo da segunda parte, as galegas lograron reducir distancias con Dany, pero enseguida chegou o hattrick de Ariane e o electrónico non se moveu máis. Vist
27 de agosto de 2016
Cuco, novo xogador do Pescados Rubén
Raúl García Pérez, Cuco, defenderá ao CD Burela FS Pescados Rubén a próxima tempada. O ala madrileño recalará na Mariña nos próximos días, procedente do Jaén Paraíso Interior, para incorporarse á dinámica de traballo de Daniel Ibañes. “É un orgullo chegar a un club tan loitador” recoñecía Cuco, campión de Copa de España 2015 co equipo andaluz, que conta cunha ampla traxectoria en clubs de referencia como Azkar Lugo (2012-14), Pue
30 de agosto de 2016
O Cadete, subcampión en Valladolid
A base do CD Burela FS Pescados Rubén regresou o domingo de terras pucelanas co título de subcampión cadete do Torneo Valladolid Ciudad del Deporte, ademais de recoller o trofeo de Mellor Porteiro da categoría, para Bruno García. En xuvenís, os laranxas remataron na cuarta praza, tras perder na rolda de penaltis en semifinais.
30 de agosto de 2016
Dispoñibles xa os carnés 2016-17
Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poderán recoller o carné 2016-17, dende hoxe, 31 de agosto, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo). Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela esta fin de semana coincidindo co partido de volta da Supercopa de España fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, o sábado (20.00 horas). Todos os interesados en abonarse ao CD Burela FS Pescados Rubén poden da
31 de agosto de 2016
29 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores