Noticias
Arquivo de Agosto 2017
Arranca a pretempada para as Laranxas
O Pescados Rubén Burela FS de Primeira División RFEF deu comezo esta tarde á pretempada coa primeira xuntanza en Vista Alegre. Xunto ás gardametas Jozi e Ana Romero, Bea Mateos, Dany e Lara tamén participaron na xornada inaugural as prometedoras Judith e Sofía, que seguirán medrando nun proxecto que aposta pola solidez, experiencia e continuísmo, mellorado con incorporacións internacionais. Unha delas, a portuguesa Sara Correia, xa puido coñec
10 de agosto de 2017
Movistar, Palma, Santiago e Pescados Rubén volverán brillar no Burela Bonita
O Torneo Burela Bonita reunirá por segundo ano consecutivo a tres das referencias de Primeira División, Movistar Inter, Palma Futsal e Santiago Futsal, xunto ao Pescados Rubén Burela FS, nun cuadrangular de luxo, os días 18 e 19 de agosto en Vista Alegre. A cita foi presentada esta mañá no consistorio burelao co presenza do alcalde, Alfredo Llano; o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández; e o presidente do club laranxa, Manuel Blanco, acomp
11 de agosto de 2017
Ourense, estrea de amigables para o proxecto de Julio Delgado e Lucas
Con nove días de pretempada, o Pescados Rubén Burela FS de Julio Delgado e Iván Cao ‘Lucas’ estreará o calendario de amigables xa este sábado, na pista do Ourense Envialia (Os Remedios, 19.00 horas): “É aínda cedo, tan só levamos dúas ou tres sesións de pista, pero imos coa ilusión de competir contra o actual campión de Copa e de poñerlle as cousas difíciles. Queremos mostrarnos, sobre todo, como un equipo competitivo que vai buscar estar o má
16 de agosto de 2017
O Pescados Rubén Masculino presenta a súa nova camiseta
Edu, Matamoros, Luisma e Álex foron os modelos do Pescados Rubén Burela FS Masculino para presentar, esta mañá en Foz, as equipacións de Joma que lucirá o conxunto mariñán en 2017-18. O equipo de Juanma Marrube visitou a tenda de Living Sport, spónsor oficial do club; xogadores, corpo técnico e membros da xunta directiva participaron no acto no que a nova indumentaria foi o centro de todas as miradas. O laranxa volverá reinar na
17 de agosto de 2017
O xuvenil Luismi, con España Sub-17
O  xuvenil do Pescados Rubén Burela FS Luismi Nieto Fraga fará as maletas esta fin de semana para desprazarse o domingo ata Las Rozas ante o chamamento da Selección Española Sub-17. O porteiro laranxa forma parte da convocatoria de 14 xogadores que reunirá Venancio López na Cidade do Fútbol, xunto a promesas do Peña Real Madrid, Aljucer FS-ElPozo Murcia, Les Corts UBAE, UD Las Rozas Boadilla, Ciudad de Móstoles, FC Barcelona
18 de agosto de 2017
Movistar, primeiro finalista do Burela Bonita tras vencer a Palma (3-2)
Movistar Inter converteuse no primeiro finalista do Torneo Burela Bonita logo de vencer ao actual campión, Palma Futsal (3-2), unha cita na que os verdes remontaron a partir do minuto 29. Os de Jesús Velasco buscarán o trofeo mañá ás 21.00 horas, fronte ao gañador da segunda semifinal de hoxe, Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal. Palma foi o primeiro en avisar, no minuto 5, con Tomaz. Pouco despois Joselito volveu poñer en apert
18 de agosto de 2017
Santiago, en pugna polo Burela Bonita, mañá ante os interistas
O Santiago Futsal converteuse no segundo candidato a optar polo trofeo do Torneo Burela Bonita tras impoñerse ao Pescados Rubén Burela FS (1-4). Vista Alegre acollerá a loita dos anfitrións polo terceiro posto mañá, ás 19.00 horas, fronte a Palma Futsal. Ás 21.00 os composteláns pelexarán polo trofeo ante o todopoderoso Movistar Inter, que venceu na primeira semifinal aos insulares (3-2). Os burelistas víronse obrigados a rema
18 de agosto de 2017
O Pescados Rubén faille suar ao Palma
Non llo puxo nada doado esta tarde o Pescados Rubén Burela FS a un dos pratos fortes de Primeira División, o Palma Futsal, que só puido apropiarse da terceira praza do Torneo Burela Bonita na recta final da cita e con xogo de cinco (2-1). Álex evitou o primeiro dos insulares superada a medianía da primeira parte, no minuto 11, cun pé prodixioso ante un mísil de Tomaz, e máis tarde, no 13, despexando a artillería de Diego Favero. Ata
19 de agosto de 2017
Ourense Envialia-Pescados Rubén
Un novísimo Pescados Rubén Burela FS, con escasas rotacións, tratou de espremer o primeiro test de pretempada esta tarde na pista dun sólido Ourense Envialia con resultado a favor das locais, 4-1. O conxunto de Julio Delgado soubo compensar a pouca experiencia e a mocidade con entrega total e absoluta indo de menos a máis e con minutos para algunhas de prometedoras xogadoras do Comarcal A Fervenza, fronte a un rival moito máis rodad
19 de agosto de 2017
Santiago, campión do Torneo Burela Bonita
Os composteláns deron a sorpresa sobre o impoñente Movistar nunha emocionante final na que conseguiron unha vantaxe de 0-3 con dianas de Everton (minuto 5), Hugo (minuto 14) e Armando (17) xa no primeiro período. O conxunto interista reduciu distancias ao comezo da segunda parte, cun penalti materializado por Borja, tras falta sobre Rafael. Os de Jesús Velasco estreláronse contra a malla defendida por Víctor López ata a extenuación. Everton, a ba
19 de agosto de 2017
O Cadete Laranxa, no Torneo Valladolid Ciudad de Deporte
O conxunto cadete volverá representar o Pescados Rubén Burela FS esta fin de semana no Torneo Nacional de Fútbol Sala Valladolid Ciudad del Deporte. O pavillón municipal Parquesol acollerá a segunda edición da cita entre o sábado e domingo, con Valladolid Tierno Galván, Laguna FS, Club Deportivo San Cristóbal, River Zamora, Salamanca FS, Tres Columnas FS e Rivas Futsal como rivais dos mariñáns adestrados por Christian Fustes. 
24 de agosto de 2017
Judith: 'Temos un equipo máis completo'
A novísima Judith Pedreira Arias (A Coruña, 1998) afronta os inicios da que será a súa terceira campaña na Mariña co seu sorriso eterno. Xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Rubén Blanco, a ala-peche mostrouse exultante ao falar das virtudes e das metas do proxecto burelista: “É un equipo máis completo ca o ano pasado; hai incorporacións e máis rotacións. É moi importante que se manteña o bloque, tanto do corpo técnico coma de xog
24 de agosto de 2017
Vitoria do Pescados Rubén Burela por 4-2 ante o VV Pernis de Rotterdam
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu a primeira vitoria da pretempada ao derrotar ao VV Pernis Rotterdam de Holanda (4-2), na primeira xornada do Torneo Internacional Cidade de Viana do Castelo de fútbol sala feminino. O conxunto que dirixe Julio Delgado impúxose desde o primeiro minuto do partido (xogado en dous tempos de 15 minutos cada un) e pese aos lóxicos desaxustes dun partido de pretempada, mantivo un bo ton durante todo o encontro.
O primeiro gol das burelistas chegou tras un ataque pola dereita que tras disparo de Dany rebotou na capitá holandesa, Suzanne, e introduciuse no portal defendido por unha moi acertada Bianca. Sen dúbida, a gardameta do VV Pernis foi a máis destacada do equipo de Rotterdam, con intervencións moi acertadas ante os constantes ataques do Pescados Rubén Burela FS, que se foi ao descanso con ese 1-0 no marcador. Na reanudación, mantívose
26 de agosto de 2017
Terceiro posto para o Pescados Rubén Burela no Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo
Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo. Logo dun dobre envite galego entre o Poio Pescamar e o Pescados Rubén Burela, o conxunto mariñao acadaou con claridade o terceiro posto dun Torneo que conquistou o Benfica tras gañar por 3-0 ao VV Pernis holandés na gran final.
Encontro matinal. Derrota inmerecida do Pescados Rubén Burela no segundo partido do Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo. O conxunto dirixido por Julio Delgado perdeu ante o Poio Pescamar por 1-2 malia dominar todo o choque e ter grandes oportunidades. Mónica, a porteira pontevedresa, foi a protagonista do seu equipo con grandes intervencións que evitaron os goles mariñaos. O Poio aproveitou a súa oportunidade por mediación de Iria e co 0
27 de agosto de 2017
Triunfo do Pescados Rubén Burela por 1-3 ante O Parrulo Ferrol en Cedeira
Crónica LNFS. O Pescados Rubén Burela vence por 1-3 ao O Parrulo Ferrol nun partido disputado na tarde do sábado, no Polideportivo Municipal de Cedeira.
Nos primeiros minutos do partido os ferroláns empezaron con defensa alta, estando cómodos sobre a pista e levando a batuta no xogo, onde o Pescados Rubén Burela respondía defendendo arriba. Os da Mariña aproveitaban un erro dos ferroláns, que propiciaba que Helder anotase o 0-1 no minuto 7, mentres que dous minutos despois a historia repetíase, sendo Luisma o autor do 0-2. Estes dous goles facían dano aos xogadores de O Parrulo Ferrol, con moitos
27 de agosto de 2017
Cadete, Torneo de Valladolid 2017
Matrícula da Escola Burela FS 2017-18, aberta ata o mércores
Quedan 3 días. Ata o mércores 30 de agosto todos os pequenos/as amantes do balón poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2017-18, nas categorías de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende
28 de agosto de 2017
O Fisgón 1- 7 Pescados Rubén
O conxunto laranxa finalizou o seu periplo por terras portuguesas e pontevedresas cunha folgada vitoria ante O Fisgon Marín, equipo que militará en Segunda División RFEF grupo 4. As mozas de Julio Delgado comezaron cun alto ritmo de xogo e xa nos primeiros minutos dominaban o xogo e o marcador. O banco laranxa movíase con soltura e rapidez xogando todas as integrantes do plantel desprazado nesta intensa fin de semana. Cilene adia
28 de agosto de 2017
Víctor: 'A vitoria contra O Parrulo axúdanos moito'
O Pescados Rubén Burela FS de Juanma Marrube continúa camiñando pola boa senda. “As boas sensacións do Torneo Burela Bonita non se reflectiron nos resultados, pero o sábado, contra O Parrulo (1-3), xa puidemos lograr a vitoria, algo que nos axuda moito anímicamente” explicaba Víctor López Real (Madrid, 1987) no comezo da súa segunda etapa de laranxa, incidindo na importancia da preparación inicial: “A pretempada está sendo dura e bastante esix
28 de agosto de 2017
O Pescados Rubén presenta a Kelson
O pivote brasileiro Kelson Vinicius Francisco de Campos (São Caetano do Sul, 1993) foi presentado hoxe na sede do Pescados Rubén Burela FS, arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis Guillén. “Este é un dos mellores escenarios do mundo. É a miña primeira experiencia fóra do Brasil. Estou feliz e confiado en poder facer unha tempada de bos resultados principalmente no colectivo. O que importa é o obxectivo do club e xunto cos
29 de agosto de 2017
Pescados Rubén 0-1 Turkmenistán
A falta de acerto nos últimos metros impediu que o Pescados Rubén Burela FS se fixese dono do electrónico no amigable desta tarde fronte á Selección de Turkmenistán (0-1). A Bomboneira foi testemuña dunha cita na que os laranxas deron un paso adiante na circulación de balón fronte a un equipo aloucado e veloz, con minutos de responsabilidade tanto para o mozo Mini, que esta tempada defenderá o Onde Sempre Xove FS, coma para os xuvenís Pitero e Ni
29 de agosto de 2017
22 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores