Noticias
Arquivo de Agosto 2018
Arranque de pretempada para os de Juanma Marrube
O Pescados Rubén Burela FS de Segunda LNFS arrincou onte a pretempada, con 7 novidades. Xunto a Edu, Luisma, Matamoros, Renato, Pope e Hélder, comezaron a adestrar Lucho e Vargas, dende o Levante UD, Iago Míguez, de Catgas Energía, Porto, do Prone Lugo, Juanfran, de Naturpellet Segovia, e Imanol, de Jaén Paraíso Interior, ademais de Pitero, que se suma ao proxecto laranxa dende a base. Con eles compartirá tamén estas semanas iniciais o xuvenil Né
2 de agosto de 2018
Iago Míguez: 'Volvo con ilusión e ambición de conseguir algo grande para o meu club e a miña casa'
O ala burelao Iago Míguez Expósito estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, na súa presentación oficial esta semana: “Son o xogador que todo o mundo recorda, pero sen dúbida volvo con moita ilusión e máis ambición se cabe para facer algo grande para o meu club e a miña casa, e sobre todo querendo gozar dun ano bo para todos”, explicaba o 5 mariñán no regreso á Familia Laranxa, tras a súa tempada no Catg
7 de agosto de 2018
O Pescados Rubén e El Progreso estreitan lazos
O Pescados Rubén Burela FS e o xornal lugués El Progreso estreitarán lazos cun apoio conxunto en promoción do deporte en 2018-19. O máximo dirixente do club laranxa, Manuel Blanco, visitou onte pola tarde a delegación burelá do periódico para selar o acordo de colaboración coa presidenta, Blanca García Montenegro. Manuel Blanco agradeceu o compromiso de El Progreso para contribuír a dar unha maior visibilidade do fútbol sala e do Pes
8 de agosto de 2018
Comezo de pretempada para o Xuvenil
O Pescados Rubén Burela FS Xuvenil volveu onte ao traballo. O conxunto de Christian Fustes e Mario Pillado arrincou a pretempada con 19 xogadores: Luismi Nieto, Adilson Varela, Domingos Pinto, Bruno García, Jairo Ares, Aarón Artime, Heurickson Gomes, Renato Rodrigues, José Luis Vázquez, Álvaro Dorado, José Luis Villar, Hugo Manín, Xesús Fernández, Gustavo Henrique, David Méndez, Diego Eijo, Antonio Baltar, Jorge Quelle e Néstor Valle.
8 de agosto de 2018
Presentación do corpo técnico-médico burelista de Primeira
O corpo técnico-médico do Pescados Rubén Burela FS de Primeira RFEF ultima os detalles para o comezo de pretempada 2018-19, co inicio previsto para o luns 20 de agosto. O técnico Julio Delgado seguirá á fronte do grupo de traballo que foi presentado na sede laranxa, na compaña do presidente, Manuel Blanco, a vicepresidenta, Cesarina Fanego, e o directivo Rubén Branco. Julio Delgado continuará compartindo responsabilidades con Iván Ca
9 de agosto de 2018
O Pescados Rubén Burela FS aplicará un convenio colectivo ás súas xogadoras
No seu traballo incansable pola igualdade no fútbol sala desde a base ata os equipos profesionais, o Pescados Rubén Burela FS aplicará un convenio colectivo ás xogadoras de Primeira RFEF en 2018-19. O club que dirixe Manuel Blanco conta cunha traxectoria de varios anos profesionalizando os contratos das súas xogadoras, cuxas cláusulas sempre se contemplaron desde a condición de deportista, sen diferenciar o sexo. Agora, o Pescados R
9 de agosto de 2018
Burela acollerá cursos de Adestrador de Fútbol e Fútbol Sala
Toda a información en Futgal. Ligazón
10 de agosto de 2018
Edu: 'Con este equipo podemos ser ambiciosos'
Un dos grandes baluartes do Pescados Rubén Burela FS, Eduardo Saavedra Cebreiro, volverá capitanear a nave laranxa nunha tempada que se presenta con emoción e sobre todo con ambición: “Estou orgulloso de seguir defendendo esta camiseta e de poder axudar a Burela a volver a Primeira División, que é o obxectivo de todos. As sensacións son boas; tanto polas as referencias que tiñamos das incorporacións coma pola base importante do ano pasado. Con es
16 de agosto de 2018
Posta a punto das Guerreiras Laranxas
As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS xa están inmersas na posta a punto para comezar en perfecto estado os adestramentos de pretempada, que arrincarán o vindeiro luns, 20 de agosto, ás 19.30 horas. O primeiro destino foi esta mañá o Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila. Entre hoxe e mañá, as Guerreiras Laranxas tamén terán toma de contacto co preparador físico, Pablo Díaz, e o fisioterapeuta, Christian Moreno, ademais dos re
16 de agosto de 2018
Coñece quen é quen no Pescados Rubén 2018-19 de Segunda LNFS
O Pescados Rubén Burela FS escolleu a praia do Portelo como escenario de fondo para presentar as mellores calidades dos xogadores que compoñerán o cadro 2018-19 de Juanma Marrube. Ademais, o vestiario laranxa estreou para a ocasión as novas equipacións de xogo, co laranxa para a primeira e o negro e amarelo para a segunda; na portería Edu, Imanol e Luismi lucirán de verde e azul. Joma vestirá unha tempada máis a toda a estrutura do c
16 de agosto de 2018
Hélder: 'Todos temos moita ilusión neste proxecto'
Esta será a cuarta tempada de Hélder Gonçalves Semedo como sénior burelista, unha das Xoias Laranxas que está medrando co Pescados Rubén Burela FS. “Oxalá poidamos ascender. Temos moi boa base e todos temos moita ilusión depositada neste proxecto, non só de ascender senón de poder pelexar por ser campións” aseguraba o 30 mariñán con brillo nos ollos, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis A. Guillén. “A decisión de s
20 de agosto de 2018
Nito, concentrado coa Selección Española
Desde este mediodía, o xuvenil do Pescados Rubén Burela Néstor Valle Gómez, Nito, está concentrado coa Selección Española Sub-19 en Las Rozas como preparación para o primeiro Europeo da categoría. A Vermella traballará esta semana, antes de desprazarse á localidade francesa de Montaigut o domingo para disputar un cuadrangular fronte a Inglaterra, Francia e Montenegro. O combinado de Albert Canillas está formado por:
20 de agosto de 2018
Inicio de pretempada para as burelistas
O cadro de Julio Delgado e Lucas comezou os adestramentos de pretempada onte pola tarde en Vista Alegre. Xunto ás 11 integrantes do vestiario do Pescados Rubén Burela FS, tamén compartirán as sesións de comezo as xogadoras do Comarcal A Fervenza FSF Cris, Lucía, Claudia e María. Jozi, Dany, Cilene, Cami, Jenny -concentrada con Portugal ata o 15 de setembro-, Lara, Ana Romero e Bea Mateos, coas novidades de Cris, Peque e Luci, estrear
21 de agosto de 2018
Presentación do III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro)
O Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro) regresa un verán máis volvendo apostar por un cartel de luxo na súa terceira edición, con Palma Futsal, Santiago Futsal e Noia Futsal, xunto ao Pescados Rubén Burela FS, pero tamén coa estrea da competición xuvenil. Así se deu a coñecer esta mañá no consistorio burelao, que acolleu a presentación do evento coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Rami
21 de agosto de 2018
Presentámosche as Guerreiras Laranxas 2018-19
O paseo do Cantiño acolleu a presentación das Guerreiras Laranxas 2018-19. Ademais, o Pescados Rubén Burela FS de Julio Delgado e Lucas luciu as novas equipacións de xogo, de Joma. Vídeo. LIGAZÓN
22 de agosto de 2018
NON DEIXES QUE A SORTE ESCAPE! NÚMERO LARANXA: 69793
O número da Sorte Laranxa para este Nadal, o 69793, xa está dispoñible. Faite coa túa papeleta na oficina do Pescados Rubén Burela FS (Avda. Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ou no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos partidos de Primeira División RFEF e Segunda LNFS. Tamén podes adquirilo nos seguintes establecementos: -Cafetería Vista Alegre -Parrillada de Jandro -Palacio de Cristal
22 de agosto de 2018  |  
Destacada
Animada pretempada para os Cadetes
A categoría Cadete do Pescados Rubén Burela FS comezou esta semana cos adestramentos dunha pretempada que se presenta moi animada. O conxunto de Mario Pillado e Christian Fustes xa viaxará esta fin de semana para gozar xunto ao equipo xuvenil do III Torneo Valladolid Cidade do Deporte (25 e 26 de agosto). Antonio Baltar, Jorge Quelle, Isaac Regueira, Víctor Rodríguez, Brais Penelo, Simón Villarquide, Edmilson Correia, Jocel de Brito,
22 de agosto de 2018
Peque, coa Vermella no preparatorio para a Eurocopa
Ligazón. SEFUTBOL
24 de agosto de 2018
Un curso prometedor
Os xuvenís e cadetes do Pescados Rubén Burela FS teñen un curso prometedor por diante. Ambos os equipos xa o demostraron na súa primeira cita de pretempada, no Torneo de Valladolid ‘Cidade do Deporte’ esta fin de semana, coa prata para os xuvenís e a cuarta praza para os cadetes. Os subcampións de Valladolid viviron unha final de vertixe ante Las Rozas Boadilla (3-2). Os madrileños tamén foron os verdugos dos cadetes laranxas en semifinais
27 de agosto de 2018
R. Vargas: 'O Pescados Rubén é un bo club para seguir medrando,por equipo e por traballo'
O onubense Ramón Vargas Pérez cruzou toda España para apostar polo Pescados Rubén Burela FS esta prometedora tempada, logo de defender o Levante UD FS, de Primeira, en 2017-18. “Non é esforzo se che gusta o fútbol sala e de nivel. O Pescados Rubén é un bo club para seguir medrando por equipo e pola súa forma de traballar” aseguraba o novo 15 laranxa, aos seus 20 anos, acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis Guillén.
27 de agosto de 2018
Matamoros: 'É un luxo presentarnos no Burela Bonita'
Este venres, o conxunto capitaneado por Jorge Valhermoso Matamoros, xunto a Edu, presentarase en Vista Alegre, co III Torneo Burela Bonita: “Será unha cita bonita, na casa e coa nosa afección. Temos ganas de xogar en Vista Alegre e de mellorar, sobre todo, aspectos tácticos” explicaba Mata desexando xa saltar á pista ante un cartel de luxo, con Santiago Futsal e Noia Portus Apostoli, ademais de Palma, xunto ao estreo dunha competición xuvenil: “É
29 de agosto de 2018
Pope: 'Estoy cómodo en Burela e mo contento de seguir un ano máis'
O ala Sergi Orgillés Saiz, Pope, volverá defender esta tempada o 14 laranxa: “Estou cómodo en Burela e moi contento de poder seguir un ano máis. A tempada pasada fíxome mellor xogador e mellor persoa” confesaba o catalán, na compaña do presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, e o directivo Luis A. Guillén, compartindo a ilusión e confianza do novo proxecto que dirixirá Juanma Marrube: “Os xogadores novos adaptáronse moi ben, creo qu
30 de agosto de 2018
Cristina: 'Podo achegar garra e sobre todo ambición en defensa'
Xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o secretario, José Ángel Dovale, a pivote murciana Cristina Pérez Gil súmase ás Guerreiras Laranxas sen marcarse límites: “Podo achegar moita garra e sobre todo moita ambición en defensa. Gústame que o meu equipo teña o balón, pero cando non é así tamén gozo defendendo arriba e roubando balóns e creo que iso lle pode axudar moito ao equipo. Vin gañalo todo, a gañar todos os títulos. Este club e este equipo es
30 de agosto de 2018
Luci: 'O que máis aprecio de Burela é a profesionalidade do club e a calidade das xogadoras'
Lucía Gómez González (A Coruña, 1992) foi presentada como nova xogadora laranxa xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo, Rubén Blanco, mostrándose moi ilusionada: “Xa coñecía algo, pero o que máis aprecio, e non deixa de sorprenderme, deste club é o seu profesionalidade e a calidade das xogadoras. Desde o primeiro contacto para min foi unha ilusión. Teño a oportunidade de quedarme en Galicia, no mellor club galego e un dos mellores de E
31 de agosto de 2018
Pescados Rubén e Palma loitarán polo título xuvenil no Burela Bonita
A terceira edición do Torneo Burela Bonita xa ten os primeiros finalistas, no debut da competición xuvenil; serán Pescados Rubén Burela FS e Palma Futsal, coa gran cita prevista para mañá, ás 17.30 horas, en Vista Alegre. O conxunto laranxa impúxose por 6-1 á EDM Concello de Guitiriz. Na segunda semifinal, os insulares fixeron o propio con Santiago Futsal (1-3). A segunda e última xornada do Burela Bonita arrincará mañá
31 de agosto de 2018
O Pescados Rubén, na final do Burela Bonita tras o 2-1 ante Santiago
Os laranxas conseguiron o primeiro billete para a final do Torneo Burela Bonita esta tarde, cun 2-1 sobre Santiago Futsal, actual campión da cita. O título decidirase mañá ás 19.30 horas ante o gañador da semifinal entre Palma e Noia Portus Apostoli. Hélder, unha das Xoias Laranxas, adiantou os de Juanma Marrube no minuto 11, aproveitando ao segundo pau unha diagonal de Lucho. Antes Edu salvara con determinación dúas dos compostelán
31 de agosto de 2018
Palma se enfrentará a los anfitriones en el Burela Bonita
Palma Futsal enfrontarase aos anfitrións mañá polo galardón do III Torneo Burela Bonita; será ás 19.30 horas en Vista Alegre. Os insulares conseguiron o billete esta noite, na segunda semifinal da cita, con contundencia sobre o Noia Portus Apostoli (0-7). Xa no primeiro acto o conxunto de Primeira División deixou constancia da súa opulencia, con 0-3 xa ao minuto 13, con Taffy, Lolo e Tomaz, e ante un Brais, outro ex-meta laranxa, que
31 de agosto de 2018
27 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores