Noticias
Arquivo de Setembro 2010
As pupilas de Pardeiro superan a previa da Copa Galicia ante A Fervenza
As pupilas de Javier Pardeiro impuxéronse onte ao Comarcal A Fervenza FSF (1-2) no segundo partido da fase previa da XX Copa Galicia. Despois do 4-2 ante o Valdetires Ferrol, o sábado pasado, esta vitoria garántelle ao Burela FSF Pescados Rubén  unha praza na final, prevista para o 11-12 de setembro. A diferenza entre Prata e Honra volveuse reflectir neste segundo encontro copeiro das laranxas. O cadro mariñán adiantouse no marcad
1 de setembro de 2010
O cadro de Suso Rey despide a pretempada con vitoria ante o Brulak (5-1)
O cadro de Suso Rey despediuse onte dos amigables de pretempada con vitoria, pensando xa na primeira cita oficial que o enfrontará o sábado ao Melilla FS, en Vista Alegre, na primeira xornada de Prata. O Burela FS impúxose con claridade ao Pinturas Brulak, de Primeira Nacional A, por 5-1. A intensidade ofensiva dos laranxas obtivo os seus mellores resultados na primeira parte, con goles de Purao, André, Manu e Víctor Cachón. Faltando t
2 de setembro de 2010
Os cadetes comezarán a adestrar o 7 de setembro con Julio Delgado
O conxunto cadete do CD Burela FS comezará a preparación 2010-11 o vindeiro martes, 7 de setembro, baixo as ordes de Julio Delgado, ex-xogador laranxa que xa compartiu responsabilidades técnicas con Suso Rey no primeiro equipo masculino a tempada pasada. O club empraza para a primeira sesión de adestramento, o día  7, a todos aqueles rapaces nados entre 1995 e 1996 que estean interesados en formar parte do equipo
2 de setembro de 2010  |  Foto: Azkar Lugo FS
Os socios/as necesitarán entrada para o sábado 4
O Burela FS entregará entradas a todos os socios/as 2010-11 para o primeiro partido da liga o sábado 4, ante o Melilla FS, ante a imposibilidade de distribuír os carnés da nova tempada para esta semana.  A empresa subministradora das credenciais viuse obrigada a ampliar os prazos de entrega por problemas loxísticos que prevé resolver nos próximos días.   Os interesados/as poden retirar a súa entrada
2 de setembro de 2010
Vista Alegre e o Burela FS inauguran 2010-11 coa visita do Melilla
O espectáculo futbolístico volve a Vista Alegre, na oitava tempada do Burela FS na División de Prata. Os laranxas inaugurarán a campaña 2010-11 mañá, ás 18.30 horas, coa visita do Melilla FS. Coincidindo co noveno aniversario do club burelista, saltará á pista un cadro con caras novas. Cimentado na veteranía e experiencia de Juanma, Edu, Purao e Minu, o vestiario mariñán destaca pola aposta da xuventude de habituais co
3 de setembro de 2010
Debut con vitoria (3-2) do equipo laranxa ante un difícil Melilla
Sacou adiante o equipo de Suso Rey o primeiro partido de Liga non sen certas complicacións, debido en parte ao traballo defensivo do Melilla, que viviu das contras e puxo en dificultades a Edu en moitas ocasións. Dous grandes disparos coa esquerda de Víctor Cachón enderezaron o rumbo da nave laranxa cando peor pintaban as cousas, e un gol en propia porta tras centro de André deu a primeira vitoria da tempada ao Burela FS. A primeira pa
5 de setembro de 2010
O Burela FS medirase ao Azkar Lugo na presentación da escuadra transportista (mércores 8)
Despois de celebrar o seu noveno aniversario con vitoria ante o Melilla (3-2), o Burela FS encara a segunda semana preparando a visita á pista malagueña do UMA Antequera, coa cita engadida ante o Azkar Lugo, na presentación da escuadra transportista o vindeiro mércores, 8 de setembro. A gala dos honorables lugueses dará comezo ás 20.15 horas, no Palacio Municipal de Deportes de Lugo. Tras o acto d
6 de setembro de 2010
O prazo de matrícula para a escola laranxa remata o 10 de setembro
Máis de medio cento de rapaces/as de entre 6 e 14 anos xa se matricularon na escola laranxa 2010-11, que manterá o prazo de inscrición aberto ata o venres 10 de setembro.  A matrícula para o curso 2010-11 manterá o prezo da tempada pasada, 20 euros, cunha cota engadida de 60 euros por trimestre (outubro, xaneiro e abril). O club proporcionaralle a cada rapaz/a roupa de adestramento e competición, unha sudadeira e
7 de setembro de 2010
Valdetires, rival das burelás nas semifinais da Copa
O Burela FSF Pescados Rubén medirase ao Valdetires Ferrol nas semifinais da XX Copa Galicia, que se disputará en Celanova entre o 11 e o 12 de setembro. As laranxas pelexarán por unha praza para a final o sábado 11, ás 19.30 horas, no pavillón municipal de Celanova. Este será o segundo cruzamento das mariñás co Valdetires posto que xa coincidiron na fase de grupos, con resultado favorable para o Burela FSF (4-2). O outro empar
7 de setembro de 2010
O Burela FS segue na procura da súa mascota
O CD Burela FS recibirá os deseños do seu concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ ata o 30 de setembro. O club anima a afección para lanzar a mente ao voo e conseguir unha imaxe divertida do espírito de Vista Alegre. O bosquexo gañador empregarase en actos promocionais e comunicativos do CD Burela FS. A persoa agraciada recibirá o premio, dous Abonos Simples para a tempada 2010-11, o 12 de outubro, en Vista Alegre, coin
8 de setembro de 2010
Condena para os burelaos na segunda parte ante o Azkar (3-1)
O Burela FS obtivo onte unha condena de 3-1 ante o Azkar Lugo, no amigable da presentación do conxunto transportista 2010-11. Os laranxas non puideron aproveitar a vantaxe de 1-0 da brillante primeira parte; co paso dos minutos, o cansazo e a escasa amplitude de vestiario fixéronse palpables para os da Mariña, co erro incluído en dous dobrepenaltis, e os lugueses non perdoaron. Nun encontro que comezou moi igualado, os pupilos de Suso
9 de setembro de 2010  |  Foto: Azkar Lugo
Reunión da EDM Burela FS (sábado 11)
A dirección da EDM CD Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado mañá, sábado, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso 2010-11. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios: 10.30 horas – Prebenxamín (nados/as en 2004-03)11.15 horas – Benxamín (nados/as en 2002-01)12.00 horas – Alevín (nados/as en 2000-99)12.45 horas – Infantil (na
10 de setembro de 2010
Os carnés 2010-11 estarán dispoñibles a partir do luns 13
Os/as socios/as do CD Burela FS poden retirar os seus carnés 2010-11 nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) a partir do luns, 13 de setembro. O próximo partido en Vista Alegre do equipo masculino, dirixido por Suso Rey, será o 18 de setembro ante o Fuconsa Jaén FS. Baixo as ordes de Javier Pardeiro, o Burela FSF Pescados Rubén comezará a súa segunda tempada na élite o día 18, como visitante, na pista
10 de setembro de 2010
O Burela FS loitará polos tres puntos en terras malagueñas
O Burela FS loitará mañá por tres novos puntos en terras malagueñas, ante o UMA Antequera FS, na segunda xornada da División de Prata. O encontro comezará ás 18.00 horas, no pavillón Fernando Argüelles. Xa en Andalucía, esta mañá o cadro laranxa dedicou o seu último adestramento da semana a pulir certos detalles que contribúan ao seu fortalecemento defensivo especialmente. Tras a vitoria de Vista Alegre ante o Melilla FS (3-2), os mari
10 de setembro de 2010
Amarga estrea visitante para o Burela na pista do Antequera (6-4)
O Burela FS non tivo hoxe a súa mellor tarde de fútbol; perdoou máis do debido e iso pasoulle factura. Os pupilos de Suso Rey regresan de terras andaluzas cunha amarga derrota na súa primeira visita de 2010-11, ante o UMA Antequera FS, nunha cita na que os goles non escasearon (6-4). O cadro laranxa viuse obrigado a ir a remolque dende o inicio do partido, algo ao que non está nada acostumado. Un tanto temperán de Claudio da Silva
11 de setembro de 2010
As laranxas disputarán a final da Copa tras a vitoria ante o Valdetires (9-4)
A Copa Galicia volverá tinguirse de laranxa no gran día. A vitoria en semifinais ante o Valdetires Ferrol (9-4) outórgalle ao Burela FSF Pescados Rubén unha praza na gran final fronte ao Ponte Ourense, que venceu ao Cidade das Burgas (4-3). O municipal de Celanova acollerá a cita mañá a partir das 11.30 horas. As pupilas de Javier Pardeiro tardaron en atopar as súas posicións, co lastre da desvantaxe no electrónico dende o primeiro min
11 de setembro de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
O Burela FSF vence o Ponte Ourense (0-2) e valida a Copa Galicia
A Copa Galicia volve para A Mariña por segundo ano consecutivo. O Burela FSF Pescados Rubén validou o título tras a lección táctica despregada ante o favoritísimo, o Ponte Ourense, na final desta mañá en Celanova. Nun primeiro período con poucas ocasións por ambas as partes, as pupilas de Javier Pardeiro afanáronse nunha férrea defensa en media pista, sen demasiada presión por parte das ourensás, para chegar ao descanso sen goles.
12 de setembro de 2010
Mera FS, primeiro rival dos burelaos na Copa do Rei
O Burela FS xa coñece o seu primeiro rival da nova Copa do Rei; será o Mera FS, de Primeira Nacional A, que recibirá os pupilos de Suso Rey o 8 de decembro na pista coruñesa. No caso de saír vitorioso, o cadro laranxa dará o segundo paso como anfitrión, en Vista Alegre, ante o potente Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS o 22 de decembro. Na terceira eliminatoria, o Burela FS enfrontaríase o día 29 ao gañador de Azkar L
13 de setembro de 2010
David Mariña afronta a súa sétima tempada como fisioterapeuta do Burela FS
Acompañado polo presidente do CD Burela FS, José Ramón González Casas, e o vicepresidente Manuel Blanco, o focego David Mariña formalizou a renovación como fisioterapeuta da entidade laranxa na que será a súa sétima tempada co equipo masculino. Diplomado en Fisioterapia pola Universidade de León, David Mariña obtivo recentemente o certificado oficial de Osteopatía, da Escola de Madrid; tamén é titulado en Enfermería pola Universidade d
14 de setembro de 2010
Horario DEFINITIVO de adestramentos da Escola Deportiva Burela FS 2010-11
A EDM Burela FS xa ten fixados os adestramentos para o curso 2010-11, que comezarán o vindeiro luns, 20 de setembro. [CALENDARIO DEFINITIVO]   PREBENXAMÍN Prebenxamín A (nados/as en 2003): Luns (Vista Alegre, 18.15-19.15) e mércores (Os Castro
15 de setembro de 2010
O Eo-Ribadeo FS estrea Autonómica na casa, ante o CIOS Vigo
O Panificadora del Eo-Ribadeo FS, único representante lucense de Autonómica feminina, estrea a categoría este sábado, 18 de setembro, no pavillón ribadense ante o potente CIOS Vigo FS, un dos aspirantes a facerse co título e disputar o ascenso á División de Prata. O encontro arrancará as 18.00 horas. Viguesas e ribadenses alteraron a localización desta primeira xornada, que debería disputarse en terras
16 de setembro de 2010
Móstoles, prato forte para o arranque ligueiro das burelás
As burelás non terán un arranque de tempada nada doado, co desprazamento á pista do vixente campión da Copa e Supercopa, o Móstoles FSF, na primeira xornada de 2010-11. O pavillón madrileño de Villafontana acollerá o encontro o sábado a partir das 18.30 horas. Inmerso aínda na celebración do recente título da XX Copa Galicia, o Burela FSF Pescados Rubén iniciará pletórico a competición sendo fiel ao cadro que en 2009-10 se  conver
16 de setembro de 2010
Os laranxas reciben o novel Fuconsa Jaén FS
Os laranxas reciben este sábado, na terceira xornada de Prata, o novel Fuconsa Jaén FS, conxunto acabado de ascender que afronta o seu primeiro partido da tempada como visitante en Vista Alegre (18.30 horas). Tras o amargo 6-4 de Antequera, o Burela FS intentará desquitarse e facer valer a súa experiencia na categoría para non deixar escapar os tres puntos da infranqueable bomboneira. Xunto aos adestramentos, os de Suso Rey completaron
17 de setembro de 2010
Gran debut do Burela FSF Pescados Rubén ante as favoritas
O Burela FSF recibiu un excesivo castigo na súa primeira aparición da tempada na División de Honra. O conxunto que adestra Pardeiro perdeu por 6-2 na pista do Móstoles Cospusa, un dos grandes favoritos ao título logo de reforzarse con algunhas das mellores xogadoras da pasada Liga. O cadro mariñán callou unha excelente primeira metade, tuteando ao cadro mostoleño e dominándoo nalgunhas fases. As madrileñas non puideron en ningún moment
18 de setembro de 2010  |  A Mariña - El Progreso
Vitoria para manterse no grupo de arriba
O equipo laranxa venceu ao Fuconsa Xaén (2-1) nun partido espeso, no que os locais controlaron por momentos o duelo e dispuxeron das mellores oportunidades. Os de Suso Rei víronse na obriga de abrir xogo, como vén sendo norma en Vista Alegre, e os visitantes sacaron proveito e a punto estiveron de anotar varias ocasións francas ante Edu. No entanto, adiantou Minu ao Burela FS tras unha rápida contra (1-0. Minuto 9). Tras o descanso, no
18 de setembro de 2010
O Ribadeo FS paga a novatada no seu debut en Autonómica ante as viguesas (1-3)
Os nervios, por aquilo do debut, das novas xogadoras ribadenses puideron ser a causa de que o Panificadora del Eo-Ribadeo FS non dese a sorpresa ante o potente CIOS Vigo no primeiro partido do arranque da tempada en Autonómica Feminina. Cumpriuse o previsto e, aínda que o Ribadeo lle plantou cara a un CIOS ben asentado na pista e con xogadoras experimentadas, non foi suficiente para que os tres puntos en litixio se quedasen na casa (1-3).
20 de setembro de 2010
Os cadros laranxas participan na Semana Europea da Mobilidade
Reforzando o seu compromiso co medio natural, o Burela FS e o Burela FSF Pescados Rubén protagonizaron hoxe, xunto aos rapaces e rapazas burelaos, ‘Dispara a Gol’, actividade lúdico-deportiva integrada na Semana Europea da Mobilidade de Burela, baixo a organización da Concellería de Medio Ambiente. Lucía, Cuchi, Claudia, Irene e Jozi, ademais de Brais, Christian, Adri Gaona, Manu e Juanma, gozaron dunha tarde de fútbol sala xunto aos p
20 de setembro de 2010
O Burela FS afronta a segunda cita lonxe da bomboneira en Andorra
O Burela FS afrontará este sábado a súa segunda cita lonxe da bomboneira, na cuarta xornada de Prata, en terras pirenaicas. Para o BP Andorra, vello coñecido laranxa, esta será a estrea ante a súa afección, despois de dous encontros como visitante e da xornada de descanso. O partido dará comezo ás 18.30 horas. O cadro de Suso Rey chega a Andorra navegando polo ecuador da táboa, con 6 puntos no seu poder. Fronte aos mariñáns defenderá
23 de setembro de 2010
As laranxas bátense en duelo autonómico ante un reforzadísimo Ponte Ourense
A estrea ligueira das laranxas en Vista Alegre, este sábado (18.30 horas), promete espectáculo e rivalidade. O Burela FSF Pescados Rubén baterase en duelo autonómico ante un reforzadísimo Ponte Ourense, que se postula entre os candidatos ao título en 2010-11. As internacionais Sarita (Cajasur Córdoba), Ampi (Cajasur Córdoba) e Eva (Móstoles FSF) ou a ex-burelista Souza son algúns dos nomes máis recentes que lle atribúen á escuadra oure
24 de setembro de 2010
O Ponte leva o derbi galego ante o Burela con unha actuación estelar de Ampi
O Burela FSF Pescados Rubén estreou a tempada en Vista Alegre cunha derrota ante o todopoderoso Ponte Ourense por 1-5. As ourensás consumaron a súa ansia de desquite, guiadas por Ampi, que realizou un gran partido tras o pau sufrido na Copa Galicia que conquistou o conxunto burelense. Desde o asubío inicial o Ponte Ourense buscou imprimir un ritmo alto ao encontro, consciente da escasa rotación burelense, e presionou con moita intensi
25 de setembro de 2010
Empate agridoce do Burela na súa visita a Andorra
O Burela empatou en Andorra (2-2) nun choque que deixa con sabor agridoce aos mariñáns tras un encontro de claro dominio visitante. O conxunto dirixido por Suso Rey pagou caro a súa escasa eficacia e os seus descoidos en momentos puntuais; no minuto 1 Carlinhos marcou o 1-0 e a escasos segundos para o descanso Aramburu volveu adiantar o cadro local. André establecera a igualada, no minuto 17. A segunda parte seguiu o guión i
25 de setembro de 2010
Primeiro triunfo e goleada das ribadenses en Autonómica
O Panificadora del Eo-Ribadeo FS conseguiu o seu primeiro triunfo de Autonómica, na segunda xornada, con goleada ante o Castrelo FSF (7-0), outro dos noveis da categoría. As mariñás dominaron un encontro a priori equilibrado, que aínda puido resolverse cun marcador máis contundente, de non ser polas intervencións da meta visitante, Sheila, e os desvíos dos paus. As ribadenses saíron indecisas esperando o rival en media cancha, pero ax
27 de setembro de 2010
'Na Busca da Mascota Laranxa' aceptará propostas ata o xoves 30
Xa quedan poucos días para coñecer a nova imaxe laranxa. O CD Burela FS e ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ aceptarán propostas ata este xoves, 30 de setembro. O bosquexo gañador empregarase en actos promocionais e comunicativos do CD Burela FS. A persoa agraciada recibirá o premio, dous Abonos Simples para a tempada 2010-11, o 12 de outubro, en Vista Alegre, coincidindo co encontro da sétima xornada de P
27 de setembro de 2010
Vista Alegre, Monte Castelo e O Perdouro ceden o uso de pavillóns ao Burela FS
A volta ao traballo dos máis de 200 membros que formarán as diferentes categorías do CD Burela FS en 2010-11 está sendo máis doada grazas á xentileza do colexio Vista Alegre e dos IES Monte Castelo e O Perdouro. Os centros de ensino burelaos adaptaron os seus horarios de uso de pavillóns, asignados dende a Consellería de Educación e a Concellería de Deportes, para facilitar a programación de adestramentos tanto dos primeiros equipos masculino
28 de setembro de 2010
O cadro de Pardeiro viaxa á Rioxa coas dúbidas de Lidia e Cuchi
O Burela FSF Pescados Rubén buscará a súa primeira vitoria da tempada 2010-11 ante o Diamante-La Rioja, rival que comparte coas laranxas as últimas prazas, sen estrear aínda a cuadrícula de puntos. O cadro de Javier Pardeiro viaxa mañá a Logroño, na terceira xornada de Honra, coas dúbidas de Lidia, afectada dun golpe nun pé, e Cuchi, con molestias de aductores. No encontro do sábado, previsto para as 18.00 horas, no Pazo dos Deportes
30 de setembro de 2010
35 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores