Noticias
Arquivo de Setembro 2011
Goleada (9-1) do equipo feminino ante o Fervenza
Comezou con goleada a Copa Galicia para o Burela FS Feminino Pescados Rubén diante do Fervenza (9-1). Logo dun partido brillante, con momentos de gran xogo, o equipo laranxa venceu ás visitantes con goles de Lucía, Lídia (2), Paula (2), Peque, Haydée (2) e Dolo. Xogaron as de Pardeiro este primeiro partido do grupo A con todo, excepto Rosana, que causou baixa por unha lesión leve, e saíron a sentenciar desde un principio, cun xogo de v
1 de setembro de 2011
O cadro masculino pasa as revisións médicas na Clínica Virxe da Mariña
A Clínica Virxe da Mariña realiza estes días as exploracións médicas previas ao inicio da tempada 2011/2012 do conxunto que dirixe Quique García. Xunto aos recoñecementos, os equipos senior masculino e femenino do CD Burela FS Pescados Rubén, estarán supervisados polos especialistas da clínica ao longo da competición ligueira. A colaboración da Clínica Virxe da Mariña co club cumpre seis anos. Neste tempo, os membros/as dos primeiros e
1 de setembro de 2011
Tablas en Lugo (3-3) antes do enfrontamento deste sábado ante o Lobelle (Vista Alegre, 20.00horas)
O Burela FS Pescados Rubén fixo valer unha segunda metade xogada con intensidade e acerto para empatar un partido que empezou perdendo 3-0 ante Azkar, no acto de presentación do cadro transportista ante a súa afección disputado onte en Lugo. Os laranxas mídense este sábado ao Lobelle en Vista Alegre (20 horas) nun clásico xa da pretempada burelá. A entrada será gratuíta. Remontada no municipal de Lugo Con respe
2 de setembro de 2011
Burela FS Feminino Pescados Rubén viaxa a Portugal para disputar o III torneo internacional Terras de Vermoim
O cadro laranxa enfrontarase a partir das 15:00 horas de mañá sábado a Restauradores Avintenses na eliminatoria previa dun torneo no que tamén participan FC Vermoim e Viaxes Amarelle FSF. Os partidos xogaranse no pavillón municipal Terras do Vermoim, na localidade portuguesa do mesmo nome. A xornada comezará ás 11.45 cun almorzo na sede do club anfitrión. Con posterioridade celebrarase a recepción dos equipos participantes e a entrega
2 de setembro de 2011
Partidazo en Vista Alegre
O Burela FS Pescados Rubén e o Autos Lobelle de Santiago representaron un choque intenso en Vista Alegre, cuxo resultado final favoreceu aos coruñeses (2-3) aínda que puido beneficiar aos laranxas nun partido de pretempada que ben podería ter sido de Liga regular pola intensidade vivida durante os corenta minutos. A afección mariñá respondeu á chamada do equipo de Quique García e animou aos seus coma se dun play off se tratara. Malia q
5 de setembro de 2011
O equipo masculino viaxa a Asturias para xogar un amigable ante o Soto del Barco
A pretempada continúa para o Burela FS Pescados Rubén co enfrontamento ante o CD Soto del Barco esta mesma tarde. O equipo que dirixe Quique García xoga contra o equipo asturiano ás 19 horas, no pavillón municipal da localidade. O Soto del Barco milita na 2ª División B. Á xa coñecida baixa de Christian, únense Manu, por sobrecarga nos adutores e Brais, vítima dun pequena escolgadura no anular da man dereita.
5 de setembro de 2011
As laranxas lévanse o III Torneio Internacional Terras de Vermoim
O Burela FSF Pescados Rubén levouse o trofeo Terras de Vermoin (Portugal) logo de vencer na final ao cadro local por 1-4. Xogaron polas burelás Irene, Jozi, Lucía, Claudia, Dolo, Peque, Maite e Haydee; e anotaron Dolo, Lucía e Maite (2). As de Pardeiro chegaron á final logo de empatar co Restauradores Avintenses (1-1) na elminatoria previa e impoñerse con posterioridade na tanda de penaltis (4x2). Participaron no trofeo portugu
5 de setembro de 2011
Vitoria en Soto del Barco (1-4) e amigables para mañá e o venres
Gañou con claridade o Burela FS Pescados Rubén en Asturias (1-4) tras empezar perdendo (1-0) e con goles de Víctor, Cléber e Dani (2). Ao final da primeira parte o marcador xa reflectía un 1-2. O equipo burelao xoga o mércores ás 20:30 un novo amigable en As Pontes, fronte ao Esteiro, e desprazarase ata San Tirso o venres, onde se xogará un torneo triangular (21 horas) no que tamén participarán os equipos Superti A Pontenova e Ovi
6 de setembro de 2011
Leis Pontevedra, próximo rival do Burela FSF Pescados Rubén en Copa
O equipo que adestra Javier Pardeiro viaxa mañá ata Pontevedra para disputar o segundo partido do Grupo A valedeiro para a Copa galega. O choque dará comezo ás 21 horas, no municipal pontevedrés. A única baixa confirmada para o encontró é a de Rosana, que continúa con molestias. O Pescados Rubén xa empezou a serie con vitoria ante o Fervenza (9-1), a pasada semana en Vista Alegre.
6 de setembro de 2011
Christian pasará polo quirófano para solventar problemas no menisco
O peche burelao arrastra molestias dende hai un tempo e deberá pasar a vindeira semana por quirófano para realizar unha artroscopia no xeonllo dereito. Ata o momento da intervención, os especialistas descoñecerán o alcance exacto da lesión, aínda que en principio trátase unicamente dunha pequena fisura no menisco. Barállase que o periodo estimado de recuperación será de dous meses.
6 de setembro de 2011
O venres péchase o prazo de matrícula para a escola deportiva municipal Eon Burela FS 2011/12
Ata o vindeiro venres día 9 de setembro, permanece aberto o prazo de inscrición da escola deportiva do club laranxa,  cuxa matrícula será gratuíta este ano. A formalización da matrícula pode realizarse nas oficinas do club, ubicadas en Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97 – entrechán. Ademais, as familias que inscriban de máis dun neno ou nena terán un 20 % de desconto, a partir da segunda matrícul
6 de setembro de 2011
O Burela Pescados Rubén vence ao Esteiro (2-5) e xoga un triangular en San Tirso
O cadro burelao gaño en As Pontes o partido amigable ante o Esteiro, con goles de Cléber (2), Juanma (2) e Víctor, e xa prepara o triangular de San Tirso, no que se batirá (Venres, a partir das 21 horas) a Superti e Oviedo FS. Con vitorias cómodas está saldando os últimos choques o equipo laranxa, que xe enfronta a última fase da preparación antes do inicio de Liga, que dará comezo en Vista Alegre o vi
8 de setembro de 2011
Empate en Copa para o feminino (3-3) antes da estrea en Vista Alegre ante o Móstoles
Viaxou o Burela FS Feminino Pescados Rubén a Pontevedra coa mirada posta no partido co Móstoles, que servirá de debut ante a súa afección o vindeiro sábado (Vista Alegre. 18:30 horas) e apañou un excelente empate que sitúa ás mariñás ao fronte do grupo A da Copa galega. As de Pardeiro fixeron un partido serio e mantiveron ao Leis baixo control, repartíronse ocasións e ata puido haber máis goles. Polas laranxas marcaron
8 de setembro de 2011
Derrota inxusta (0-3) do Burela FSF Pescados Rubén malia ter o dominio no partido ante Móstoles
Comezou mal e de forma inxusta a Liga para o equipo laranxa, cunha derrota inmerecida (0-3) ante un rival incómodo e experimentado que fixo boas as ocasións contadas que tivo diante da meta de Jozi. Logo dunha primeira parte esgotadora, con dominio repartido aínda que moito máis intenso por parte do Burela Pescados Rubén, o segundo tempo deu paso a un monólogo local, con dominio de pelota e iniciativa no xogo. O Móstoles limitábase xa daquela
11 de setembro de 2011
O Burela FS resolve con amplitude o triangular de Abres
O Burela FS fíxose co triangular disputado o venres pasado en San Tirso de Abres ante o Txamon Oviedo e CD Rececende Superti-A Pontenova, da Terceira División. No primeiro partido, o Burela FS-Pescados Rubén impúxose aos ovetenses por 5-1. Os laranxas, con numerosas ocasións para sentenciar axiña a cita, tiveron que facer fronte a un marcador igualado, con 1-1, para acabar goleando con comodidade. No segundo asalto, o Supe
12 de setembro de 2011
Este sábado dá comezo a liga 2011-12 na Segunda División
É a primeira vez que a Segunda División conta cun grupo de 16 equipos, formato unificado que asegura unha extrema competitividade entre todos os equipos. Non hai un favorito para o posto de campión, tampouco queda claro se os ascendidos e a priori, loitadores pola permanencia, poden firmar unha campaña digna dos mejores, como ocorreu o ano pasado. Quedan por diante 30 xornadas de bailes de resultados, clasificacións ap
14 de setembro de 2011  |  LNFS
A clínica Virxe da Mariña cumpre o seu sexto ano de colaboración co Pescados Rubén
O centro médico-cirúrxico Virxe da Mariña renovou o apoio ao deporte mariñán e ao CD Burela FS-Pescados Rubén en 2011-12, na que se sumará a sexta tempada de colaboración entre as entidades. A xerente da clínica, Mª. Esther García Insua, reuniuse co directivo do club laranxa Marcelino Luna Almarza no consultorio burelao para rubricar o acordo de axuda asistencial, centrada na observación dos equipos sénior ao longo da tempada, así como en revi
14 de setembro de 2011
A incógnita sotorrealeña, primeiro test das laranxas lonxe da casa
O Burela FS Pescados Rubén viaxará a Madrid para medirse ao Soto del Real, na segunda xornada de Primeira División Feminina (sábado 17, pavillón municipal, 18.00 horas). No seu primeiro test lonxe da casa, as laranxas estarán ante a incógnita dun rival que estrea adestrador. Ambas as escuadras sairán á pista na busca da primeira vitoria de 2011-12, tras a mala fortuna das burelistas ante o Móstoles (0-3) e a contundent
15 de setembro de 2011
Comeza o baile laranxa 2011-12 na Segunda División, con ElPozo Ciudad de Murcia
Xa está todo a punto para o comezo do baile laranxa 2011-12 na Segunda División, coa visita de mañá de ElPozo Ciudad de Murcia a Vista Alegre (18.30 horas), nunha tempada que se prognostica como unha das máis rifadas dos últimos anos. Xunto Brais, André, Purao, Víctor Cachón, Ique, Juanma, Manu Jiménez, Christian, Clebinho e Turero, nesta nova andadura laranxa estrearase no banco o técnico Quique García e Iago Barro, na portería, adema
16 de setembro de 2011
Montaña rusa na apertura ligueira ante os murcianos (3-3)
O Burela FS Pescados Rubén estrea a tempada 2011-12 con empate en Vista Alegre ante o filial de ElPozo Murcia(3-3) nunha cita con proliferación de altibaixos no segundo período. As cousas comezaron ben para o cadro de Quique García, con intensidade e presión continua. Os laranxas atoparon fendas na defensa levantina e puxeron nervioso o meta rival dende os primeiros minutos. Tras boas ocasións de Clebinho e Purao, pola banda esquerda,
17 de setembro de 2011
As burelistas despegan coa primeira vitoria, ante o Soto del Real (0-2)
O Burela FS Pescados Rubén despega na liga 2011-12 coa primeira vitoria, recollida na pista do correúdo Soto del Real (0-2), nun encontro no que as pupilas de Javier Pardeiro tiveron que esforzarse ante a falta de acerto de cara á portería. Con dominio absoluto dende o comezo, Ro (minuto 12) finalizou o primeiro gol nunha triangulación con Lucía e Peque. A vantaxe no electrónico deulle forza ao conxunto mariñán para seguir presionando,
17 de setembro de 2011
A ourensá Lola asumirá as tarefas de delegada do Burela FS Pescados Rubén
Dolores Fernández Sotelo, máis coñecida como Lola, estivo acompañada polo directivo do CD Burela FS Pescados Rubén Marcelino Luna na súa presentación como delegada do conxunto laranxa da Primeira División Feminina. A ourensá, vinculada á escuadra burelista durante as dúas últimas tempadas defendendo a portería xunto a Jozi e Irene, asumirá novas tarefas no equipo, que compatibilizará co seu labor docente en Ribadavia. A experimentada
19 de setembro de 2011
Os xogadores/as laranxas saen á rúa co soci@ 1.000 como obxectivo
Os xogadores e xogadoras burelistas, xunto aos diferentes técnicos, saíron á rúa o venres pasado para difundir a atractiva campaña de socios/as 2011-12, co obxectivo de chegar ao carné número 1.000, nun ano moi especial para o club, no seu décimo aniversario. Baixo o lema “Elixe o teu Regalo: Faite Socio, Faite Laranxa”, os membros do Burela FS-Pescados Rubén percorreron as rúas do mercado da vila para compartir cos viandantes experien
19 de setembro de 2011
Burela acollerá un curso federativo de Instrutor de Fútbol Sala (Nivel 1)
Burela acollerá un curso federativo de Instrutor de Fútbol Sala (Nivel 1), organizado pola Federación Galega de Fútbol, que se desenvolverá entre outubro de 2011 e xuño de 2012, no IES Monte Castelo. Todas as persoas interesadas poden informarse na sede do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, 982 581 815, burelafs@burelafs.org). O prazo de i
19 de setembro de 2011
TVG2 retransmitirá o emocionante derbi Burela FS-Ponte Ourense (17.30 horas)
O partido Burela FS-Ponte Ourense, correspondente á 3ª xornada da Primeira División (24 de setembro), adiantarase ás 17.30 horas (Vista Alegre) por petición da CRTVG. O encontro poderase ver en directo a través de www.crtvg.es e en diferido por TVG2, ese mesmo día ás 20.00 horas, despois do Alcorcón-Deportivo (Segunda División de Fútbol), previsto para as 18.00 horas.
20 de setembro de 2011
Visita de Quique García e Alfonso Mera ao IES Monte Castelo
O alumnado do IES Monte Castelo compartiu o inicio escolar onte pola mañá co adestrador do Burela FS Pescados Rubén masculino, Quique García, e o director da ED EON Burela FS e preparador físico da entidade, Alfonso Mera, nunha xornada dedicada á actividade física e a saúde. Un total de 85 estudantes de 3º e 4º da ESO achegáronse aos beneficios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais da práctica deportiva da man de Alfonso Mera. O técnico
21 de setembro de 2011
O deporte laranxa, na Semana Europea da Mobilidade
Xogadores e xogadoras do CD Burela FS Pescados Rubén protagonizaron hoxe, xunto aos rapaces e rapazas burelaos, ‘Dispara a Gol’, actividade lúdico-deportiva integrada na Semana Europea da Mobilidade de Burela, baixo a organización da Concellería de Ambiente. Rosana, Haydee, Maite e Peque, con Juanma, Brais, Clebinho e Turero, afinaron puntería xunto aos nenos e nenas que  se achegaron ata a praza da Mariña de Burela. Os participan
21 de setembro de 2011
O curso 2011-12 dará comezo o luns 26 de setembro
A ED EON Burela FS xa ten fixados os adestramentos para o curso 2011-12, que dará comezo o vindeiro luns, 26 de setembro. [HORARIOS ADESTRAMENTOS 2011-12] [CONFIGURACIÓN DE GRUPOS] Para facilitar a programación dos equi
23 de setembro de 2011
Vista Alegre e o Burela FS bótanlle un pulso ao impoñente Ponte Ourense (sábado 24, 17.30 horas)
O excepcional ambiente de Vista Alegre e o Burela FS Pescados Rubén botaranlle un pulso ao impoñente Ponte Ourense, que recala en terras mariñás como un dos serios candidatos ao título cun cadro avalado pola liga 2010-11 e a supercopa. O derbi galego terá lugar este sábado, 24 de setembro, na terceira xornada de Primeira División Feminina, a partir das 17.30 horas. As pupilas de Pardeiro, sen baixas, tratarán de contin
23 de setembro de 2011
Os laranxas buscarán os tres puntos en Andorra
Os laranxas xa se atopan en terras pirenaicas, o seu primeiro destino a domicilio de 2011-12, para medirse na segunda xornada de liga ao Hotels Plaza Andorra, mañá ás 18.30 horas. O Burela FS Pescados Rubén buscará os primeiros tres puntos da tempada, tras o trepidante empate ante ElPozo Ciudad de Murcia (3-3), ante un rival para o que será o debut do exercicio, despois o aprazamento co Martorell. Tras a marcha de Aramburu, Moisés e Xa
23 de setembro de 2011
Ampi decidiu o derbi en Vista Alegre
O Ponte Ourense adxudicouse (0-1) o derbi galego ante o Burela FS Pescados Rubén cun gol de Ampi no tramo final do choque. O duelo tivo todos os ingredientes propios dun derbi aínda que sen excesivas ocasións de gol. O Burela iniciou o choque moi concentrado e gozou dun par de ocasións, Peque e Haydée, nas que a gardameta pontina salvou ao seu equipo. A intensidade máxima marcaba un partido entre dous conxuntos que exercían mellor as
24 de setembro de 2011
O Andorra aproveita a escasa eficacia laranxa para gañar por 6-3
O Burela FS Pescados Rubén regresou de baleiro de terras andorranas tras perder por 6-3 nun partido marcado polo acerto local nos contragolpes e a escasa efectividade laranxa en ataque, así como a súa irregularidade durante o choque. O guión do encontro foi unha constante durante os corenta minutos. Os burelenses levaron a iniciativa e o control do xogo ante un cadro local que buscaba o contragolpe como arma principal. A xogada result
25 de setembro de 2011
Jozi pon rumbo ao Sudamericano 2011 (Venezuela, 1-14 outubro)
A gardameta laranxa Joziane de Oliveira partiu hoxe con rumbo ao Brasil para reunirse coa selección canarinha, que disputará o Sudamericano 2011 en Maracay, Venezuela, entre o 1 e o 14 de outubro. Jozi, que volverá pisar terras galegas o 16 de outubro, perderá dúas xornadas da liga co Burela FS-Pescados Rubén, ante Cajasur Córdoba (día 1) e Majadahonda (día 15). “Marcho con mágoa por non poder acompañar o equipo na evolución do comezo
27 de setembro de 2011
Os oíntes de Radio Burela terán invitacións para os partidos laranxas
A partir desta semana, os oíntes de Radio Burela (107.7 FM) poderán conseguir invitacións para os partidos laranxas en Vista Alegre, da Primeira División Feminina e da Segunda Masculina, ao longo de toda a tempada. A emisora municipal, en antena dende comezos deste ano, agradecerá a fidelidade dos seus seguidores con entradas burelistas os luns, na ‘Tertulia de Fútbol’ (20.30 horas), e
28 de setembro de 2011
HORARIOS DA ED EON BURELA FS 2011-12
Dende aquí poden consultar os horarios e grupos (benxamín e alevín) da ED EON Burela FS 2011-12.
28 de setembro de 2011
Un Vista Alegre hostil agarda as burelás en Córdoba
Ao Burela FS Pescados Rubén tócalle proseguir a súa xesta contra os muíños de vento do calendario de Primeira no inicio de tempada. Primeiro foi o campión da Copa de España, o Móstoles; despois o campión de liga e Supercopa, o Ponte; e para este sábado, na cuarta xornada, un Vista Alegre hostil (18.30 horas), moi diferente ao da maxia laranxa, agarda as burelás en Córdoba. A última vez que se viron as caras foi en cuartos da Copa Burela 2011,
29 de setembro de 2011
O Burela pelexará por inaugurar a etapa de vitorias na visita do Antequera
Na terceira xornada da Segunda División, o Burela FS-Pescados Rubén volve a Vista Alegre para loitar por inaugurar a etapa de vitorias da liga 2011-12, na visita do UMA Antequera (sábado 1, 18.30 horas). Tras os rifadísimos encontros ante o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa (4-4) e o Sala 5 Martorell (5-5), os malagueños, abonados ao empate ata o momento, non llelo porán nada doado aos laranxas, que farán valer o factor cancha e a calor
30 de setembro de 2011
37 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores