Noticias
Arquivo de Setembro 2012
Azkar Lugo, na recta final da pretempada (martes 4, 21.00 horas)
Na última semana de pretempada, o Burela FS Pescados Rubén visitará mañá o Azkar Lugo FS como posta de gala dos transportistas (Palacio Municipal dos Deportes, 21.00 horas). O da cidade amurallada será o quinto amigable para a escuadra de Julio Delgado, con tres vitorias (Santiago Futsal 3-1, Automoción La Junquera 5-3, O Esteo As Pontes FS 3-2) e 1 derrota (Santiago Futsal 2-0). Para os lugueses será o sexto, tras o e
3 de setembro de 2012
A peña A Pataca Naranxa terá asemblea o 7 de setembro
A peña A Pataca Naranxa terá asemblea xeral de socios/as o vindeiro venres, 7 de setembro, no seu local social, no pavillón Vista Alegre. A primeira convocatoria está prevista para as 20.00 horas e a segunda ás 20.30 horas.
3 de setembro de 2012
San Cibrao acollerá o Burela FS-Viaxes Amarelle, da Copa Galicia (mércores 5, 20.30)
O fútbol sala repite por segunda semana consecutiva en San Cibrao. Tras a gran resposta do Burela FS-Automoción La Junquera, o presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, reuníronse no pavillón da Veiga para presentar un novo espectáculo deportivo, o encontro entre o Burela FS Pescados Rubén e o Viaxes Amarelle. A cita, correspondente á fase de grupos da XXII Copa
4 de setembro de 2012
O prazo de matrícula da ED EON Burela FS 2012-13 estará aberto ata o 14 de setembro
A ED EON Burela FS terá aberta a matrícula para o novo curso ata o venres 14 de setembro. A escola laranxa volverá estar integrada por catro categorías: prebenxamín (nacidos en 2006-05), benxamín (2004-03), alevín (2002-01) e infantil (2000-1999). Un ano máis, as familias que matriculen a máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. Pasaranse cotas trimestrais de 60 euros para os SOCIOS/AS
4 de setembro de 2012
Cursos federativos de Instrutor de Fútbol Sala (Nivel 1 e Nivel 2) en Burela
Por segundo ano, Burela involucrarase na formación de adestradores baixo a organización da Federación Galega de Fútbol.  Deste xeito, a vila mariñá e o IES Monte Castelo volverán acoller un curso federativo de Instrutor de Fútbol Sala Nivel 1, ampliando a oferta co curso de Nivel 2; ambos os dous se desenvolverán entre outubro de 2012 e xuño de 3013. Todas as persoas interesadas poden informarse na sede do CD Burela FS Pe
4 de setembro de 2012
Táboas para o Burela FS ante o Azkar Lugo (4-4)
O Burela FS Pescados Rubén recolleu onte un meritorio empate no seu desprazamento a Lugo, na presentación dos transportistas (4-4). “As sensacións do partido foron moi boas; notouse que o traballo se vai plasmando pouco a pouco na pista. Tacticamente o equipo funcionou, en posesión e circulación de balón e defensivamente estivemos acertados, con moitos minutos coa portería a cero” analizou o adestrador laranxa, Julio Delgado. Nunha cit
5 de setembro de 2012  |  Foto: Azkar Lugo FS
Afinando puntería lonxe da portería
O equipo sénior feminino do Burela FS Pescados Rubén escolleu o municipio viveirense para pasar unha xornada fóra do común e vivir novas experiencias deportivas. As/Os representantes laranxas fixeron un alto no camiño de pretempada percorrendo o veciño monte San Roque nunha carreira de orientación, equipadas/os como auténticos exploradoras/es. O compás e o mapa deixaron paso despois ao arco e á frecha, nunha actividade na que as/os burelistas
5 de setembro de 2012
O Burela FS supera a primeira proba da Copa, sobre o Amarelle (6-2)
O Burela FS Pescados Rubén amosou onte serenidade e dominio na primeira proba da XXII Copa Galicia, cun claro triunfo sobre o Viaxes Amarelle (6-2). Xa nos primeiros compases, Lidia e Dolo aproveitaron as oportunidades da escuadra para tomar vantaxe con 2-0, con tan só tres minutos de xogo. O 3-0 tivo a sinatura de Dany, tras un roubo e contundente disparo afastado que entrou pola escuadra. Cunha defensa en media pista e buscan
6 de setembro de 2012
O Vila de Ribadesella pecha a semana dos de Julio Delgado
O I Trofeo de Fútbol Sala Vila de Ribadesella pechará a semana do Burela FS Pescados Rubén no limiar do salto á máxima categoría. Os de Julio Delgado protagonizarán o torneo asturiano co Triman Navarra, rival de Primeira División, e os conxuntos de Terceira Avilés Sport FS e Rompiente FS, o anfitrión. O Burela FS inaugurará a cita mañá, co Avilés Sport, ás 19.00 horas, na primeira semifinal. Ás 21.00 horas, mediranse o Triman Navarra e
6 de setembro de 2012
Valdetires Ferrol FSF, última parada antes da liga
A cita copeira ante o Valdetires Ferrol FSF, o sábado, despedirá a pretempada do Burela FS Pescados Rubén. O segundo e último encontro da fase de grupos comezará para as laranxas ás 16.30 horas, no pavillón ferrolán da Malata. Cunha vitoria, as pupilas de Javier Pardeiro garantiranse o pase ás semifinais, como campioas do Grupo B. O sábado a XXII Copa Galicia tamén reunirá en Ourense o Ponte-Poio e o Cidade das Burgas-A Fervenz
7 de setembro de 2012
O Burela FS, preto da Supercopa
O director xeral do CD Burela FS Pescados Rubén e directivo da LNFS, José Luis Sáez, participou na tarde de onte na entrega de premios de ‘Vive un día cos teus ídolos’, concurso posto en marcha pola LNFS e o diario DXT Campeón e integrado na programación da Supercopa A Coruña 2012.   [+ inf. en LNFS]
7 de setembro de 2012  |  LNFS
Os laranxas, subcampións do Vila de Ribadesella
O cadro laranxa alzouse esta fin de semana co título de subcampión do I Trofeo Vila de Ribadesella. As ausencias para o duelo de Primeira, ante o Triman Navarra (3-0), condicionaron en exceso o Burela FS Pescados Rubén, que viu neutralizadas no meta rival todas as súas tentativas.  Os de Julio Delgado plantáronse na final despois de gañar ao Avilés Sport (6-3), de Terceira División. Christian, André e Moi e Enrique, por partida do
10 de setembro de 2012
O Burela FS, nas semifinais da Copa (Valdetires, 1-7)
O Burela FS Pescados Rubén materializou o sábado o pase ás semifinais da XXII Copa Galicia, despois de impoñerse a domicilio ao Valdetires Ferrol FSF (1-7), da Segunda División.  As pupilas de Javier Pardeiro sentenciaron o encontro xa no primeiro período cun contundente 0-7 no luminoso á chegada do descanso. A relaxación laranxa na segunda parte impediu unha goleada maior. As ferrolás puideron anotar o tanto de honra, no minuto 2
10 de setembro de 2012
MarcaTV, na estrea do Burela FS en Primeira (sábado 15, 13.00)
O primeiro partido do Burela FS Pescados Rubén en Primeira División será retransmitido por Marca TV. O cadro laranxa dará o salto á elite este sábado, 15 de setembro, ás 13.00 horas, coa visita do Fisiomedia Manacor a Vista Alegre.
11 de setembro de 2012
Os defensores da saúde laranxa
A saúde de todos os integrantes laranxas, tanto dos equipos sénior como das categorías de base, volverá estar protexida por caras coñecidas, polos facultativos Francisco Javier Couce, Juan Eiroa e Miguel Murias. O corpo médico reuniuse co director xeral do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez, a semana pasada na sede da entidade para selar o acordo. O doutor Francisco Javier Couce volverá ser o responsable de supervisar os xoga
11 de setembro de 2012
Reunión da ED EON Burela FS 2012-13, o luns 17, no IES Monte Castelo (18.30 horas)
A ED EON Burela FS 2012-13 terá unha reunión informativa cos pais e nais do alumnado o luns 17 de setembro, destinada a todas as categorías. A dirección da escola explicará detalladamente a programación do curso na Aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo a partir das 18.30 horas. En 2012-13, a escola laranxa volverá estar integrada por catro categorías: prebenxamín (nacidos en 2006-05), be
13 de setembro de 2012
Despedida con goleada
O Burela FS Pescados Rubén clausurou a pretempada onte en Vista Alegre con goleada sobre o Soto del Barco asturiano (12-1), de Segunda División B. A escuadra de Julio Delgado completou un total de oito amigables na preparación do histórico salto á Primeira División 2012-13. Proclamouse campión do Memorial Celso Currás de Trabada, ante o Santiago Futsal (3-1); tamén gañou  a Automoción La Junquera (5-3) e O Esteo As Pontes FS (3-2)
13 de setembro de 2012
Burela Pescados Rubén e Fisiomedia Manacor inauguran unha tempada histórica en Vista Alegre
Vista Alegre abre a competición en Primeira da LNFS co apoio da afección laranxa e a presenza de Marca TV (en directo) no que será o primeiro partido da máxima categoría que se disputa en Burela (sábado 15. 13 horas). E será ante o Fisiomedia Manacor, que conta en nómina con coñecidos para a parroquia mariñá como Javi Rodríguez e Víctor López. Os de Julio Delgado non teñen baixas  para tentar suma
14 de setembro de 2012
O novo proxecto, de Terceira, bota a andar no Carballiño
A aposta máis recente da entidade laranxa, o Burela FS Pescados Rubén B, botará a andar mañá na Terceira División no Carballiño (17.00 horas). Os mariñáns tiveron que adiar a súa posta de gala na bomboneira por petición do conxunto rival de cambiar a primeira xornada pola décimo sexta. Un home da casa, Iván Cao ‘Lucas’, abandeirará o novo proxecto burelista, cimentado na potenciación da estrutura de base. Configurarán o ilusionante cad
14 de setembro de 2012
O equipo feminino empeza a Liga coa viaxe a Pamplona
O Orvina será o rival do Burela FS Pescados Rubén Feminino na primeria xornada da Liga 2012-2012 (sábado 19:30 horas). As de Javier Pardeiro viaxan coa ilusión posta nunha nova tempada na máxima categoría. Varias son as novidades do cadro mariñao, no que destaca a volta de Lucía tras meses de inactividade por lesión. Tamén Haydee adestrou con normalidade desde o luns, polo que podería ter uns minutos no debut das laranxas.
14 de setembro de 2012
A pegada do Fisiomedia tumba a un gran Burela FS no seu debut en Primeira
O equipo laranxa arrincou na súa Primeira tempada na máxima categoría realizando un máis que aceptable encontro no que a fortuna foille esquiva. Os locais protagonizaron as primeiras ocasións do encontro, asentados dun xeito correcto sobre a Pista Azul e metendo a poucos metros da súa portería ao Fisiomedia. Así chegou un forte disparo de Mimi desde a dereita, que se estrelou no traveseiro de Toñete. Foi unha clara ocasión enmarcada nun partid
15 de setembro de 2012
Brillante remontada e empate ante Orvina
Orvina e Burela FS Pescados Rubén empataron no primeiro partido de Liga da Primeira División feminina, no que ambas escuadras fixeron gala dun gran acerto finalizador. Aos nove minutos e tras un comezo equilibrado con dous equipos ben situados en metade de cancha, Sandra á saída dunha xogada de estratexia nun saque de banda conseguía adiantar ás rojillas. O conxunto laranxa puido conseguir o empate nun remate de cabeza que se estrelaba
16 de setembro de 2012
O filial comeza con pé firme ante o Carballiño
O equipo de Iván Cao venceu ao Carballiño por 3-5 nun encontro que dominou durante boa parte do tempo e no que só un pequeno baixón físico lles permitiu aos locais meterse no partido no treito final. Anotaron por parte do Burela FS Keko e Fabio por partida dobre e Aron. A vitoria daralles a bo seguro confianza aos xogadores laranxas de cara ao novo proxecto na categoría. A vindeira semana o CD Burela FS Pescados Rubén B enfrontarase ao
17 de setembro de 2012
O club participa na Semana da Mobilidade burelá
As xogadoras do primeiro equipo Peque e Lara, e os xogadores André e Fabio participaron o pasado domingo na Semana da Mobilidade organizada polo Concello de Burela. A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, sinalou que “a actividade de dispara a gol con xogadores do Burela FS, que en edicións anteriores se facía pola semana, decidimos trasladala ao domingo porque é unha actividade que gusta moito e así puideron achegarse máis nenos
19 de setembro de 2012
Hugo cre que o Burela FS Pescados Rubén é “un equipo novo e estamos en fase de crecemento”
O equipo de Xullo Delgado, que viaxa para medirse ao Marfil o vindeiro venres, conta nas súas filas con Hugo Sánchez, que regresa a Santa Coloma onde xogou os últimos seis meses da pasada tempada. O xogador laranxa cre que o seu ex equipo “mellorou a finalización con Dani Salgado e a chegada de Sepe dálles unha rotación de calidade” e cre que “o máis importante é que sexamos responsables co balón sen tomar tantos riscos defensivos como no noso
20 de setembro de 2012
A punto unha nova versión da web oficial
A empresa Megabyte Desenvolvemento Web ultima, en estreita colaboración co departamento de comunicación do club, a actualización da web oficial. O cambio non se limitará a aspectos estéticos senón que busca a adaptación a redes sociais e unha mellor experiencia de usuario/a. A páxina burelafs.org é desde a súa creación un dos sitios con máis visitas da comarca e unha web referencia en canto ao deporte do fútbol sala. Desde o club preté
21 de setembro de 2012
O Burela FS Pescados Rubén B viaxa a Melide
O equipo laranxa que compite en Terceira volve a desprazarse na segunda xornada para xogar ante o Melide (municipal de Melide. Sábado 19 horas). O adestrador Iván Cao, que só baralla a dúbida de Carlitos por unha contractura no abdutor, ve aos xogadores “animados ante este novo reto e con ganas de conseguir un bo resultado despois do bo comezo do fin de semana pasado”. O Eypar Melide é un equipo con certa veteranía, qu
21 de setembro de 2012
O conxunto de Javier Pardeiro debuta en Vista Alegre coa única dúbida de Haydeé
O adestrador mariñao ten como única dúbida de cara ao partido ante o Gironella a de Haydeé, que ultima a sú recuperación. Pardeiro entende ademais que o partido que as enfronta ás catalás o sábado en Vista Alegre (18:30 horas) será “complicado xa que nos enfrontamos ao cuarto clasificado da tempada anterior, o que nos indica o potencial das rivais”. Para Pardeiro, especial atención merece a xogadora Claudia Pons “unha
21 de setembro de 2012
O Burela Pescados Rubén cae derrotado ante un Marfil con mellor puntería
  O Burela Pescados Rubén acariñou os seus primeiros puntos na Primeira División pero finalmente foi o Marfil Santa Coloma o vencedor (3-1), no duelo correspondente á segunda xornada da LNFS. O conxunto catalán aproveitou o seu bo inicio de partido para golpear primeiro e Sepe puxo o 1-0, minuto catro. Co paso dos minutos o Burela Pescados Rubén, que non puido contar con Juanma debido a que se resentiu dos seus problemas
22 de setembro de 2012
Estrea en Vista Alegre con victoria
O Burela Pescados Rubén estreou a competición ligueira ante a súa afección vencendo por 4-0 ao Gironella FS. Na segunda xornada da Primeira División, o conxunto burelense logrou a súa primeira vitoria nun partido de alta intensidade no que levou a batuta en todo momento. O Gironella resistiu o empuxe laranxa ata o minuto 12. Nese instante apareceu o oportunismo de Dany para abrir o ferrollo visitante ao aproveitar un rexeite da portei
22 de setembro de 2012
Lidia, convocada pola selección feminina española
A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Feminino recibiu a convocatoria da selección absoluta para incorporarse o vindeiro 30 de setembro e ata o 4 de outubro, na Cidade do Fútbol de Las Rozas. A noticia ben a avalar o gran traballo que está a facer Lidia no equipo laranxa. A directiva, no nome do club, felicítase pola convocatoria “pois estamos seguros de que para os socios e socias do CD Burela FS representa moito que as nosas xogadores e/ou
24 de setembro de 2012
Lucía: “Fomos polo partido desde o principio, cunha presión intensa”
“Desde o principio do partido fomos a facer presión ao Gironella, fomos a por o partido e non lles demos demasiadas opción”, aseguraba Lucía Nespereira ao termo do partido que enfrontou ao CD Burela FS Pescados Rubén Feminino e ao Gironella barcelonés. Lucía considera que todo é posible durante a tempada: “Somos optimistas, aínda que, temos que centrarnos en seguir traballando e adestrando moito porque a liga é moi longa e sempre hai equipos q
25 de setembro de 2012
Segunda vitoria do CD Burela FS B
Segunda vitoria do CD Burela FS B que na segunda xornada derrotou ao Eypar Melide por un claro 5-9. O conxunto laranxa, dirixido por Iván Cao, suma seis puntos nas dúas primeiras xornadas da Terceira División, ambas as conseguidas a domicilio. O encontro foi un contínuo carrusel de ocasións cos equipos envorcados na súa faceta ofensiva. O primeiro en golpear foi o Burela por mediación de Antón, no primeiro minuto de xogo. O inter
25 de setembro de 2012
Alfonso Mera e Dolo imparten unha charla no IES Monte Castelo
O CD Burela FS estivo presente novamente na formación dos máis novos coa participación na charla que tivo lugar no IES Monte Castelo e levou por título ‘A actividade deportiva na idade escolar’. Alfonso Mera, preparador físico do equipo feminino, e Dolores Sánchez ‘Dolo’, xogadora do primeiro equipo foron os encargados de impartila. A conferencia estaba dirixida a alumnos/as de 2º, 3º e 4 de ESO. Entre outros puntos de interese tratous
26 de setembro de 2012
5 Coruña FS, para o debut do Burela FS ante a afección laranxa
Por fin, o Burela FS Pescados Rubén B poderá estrearse ante a súa afección, este sábado, ás 16.00 horas. O pavillón Vista Alegre acollerá o debut do novo proxecto laranxa, na Terceira División, ante o tamén emerxente 5 Coruña FS, “un dos candidatos ao ascenso”, na opinión do técnico local, Iván Cao ‘Lucas’.  Os burelistas chegan moi ilusionados a esta primeira cita coa súa bancada, coa confianza do extraordinario
27 de setembro de 2012
Goleada burelá (0-6) no derbi ante Ponte Ourense
O Burela Pescados Rubén feminino levou o triunfo no derbi galego en terras ourensás ante o Ponte Ourense por un contundente 0 a 6. O equipo dirixido por Pardeiro encarrilaba o choque con tantos nos primeiros cinco minutos de xogo, obra de Peque de volea á saída dun saque de banda botado por Lucía e o segundo, da propia Lucía, de falta directa. O Ponte Ourense tratou de encaixar o golpe, pero o poderío físico das burelás comezaba a marc
30 de setembro de 2012
O equipo laranxa queda a un palmo da vitoria ante Triman (2-3)
O equipo laranxa caeu (2-3) no seu feudo ante un ordenado Triman Navarra que aproveitou as súas oportunidades e de paso tirou de fortuna ao recoller un erro de Cánovas xogando como porteiro xogador que significou o terceiro na conta navarra. O adestrador burelao, Julio Delgado cualificou o resultado do duelo de “tremendamente inxusto” e lamentou “non dispor dun maior acerto en certos momentos, aínda que en xeral teño que felicitar o meu equipo
30 de setembro de 2012
Debut amargo en Vista Alegre para o Burela FS B (1-6)
O Burela FS Pescados Rubén B debutou en Vista Alegre ante o 5 Coruña FS con derrota (1-6), malia disputar uns primeiros minutos equilibrados onde a falta de acerto rematou con condenar os de Iván Cao. A primeira parte finalizou con 0-2 no marcador a pesar das ocasións que dispuxo o cadro laranxa. Logo do reinicio, a vantaxe visitante continuou a medrar grazas aos goles de Edgar (2) e Brais. Reduciu levemente a diferenza o Burela FS cun
30 de setembro de 2012
38 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores