Noticias
Arquivo de Setembro 2013
Luxosa posta de gala con empate ante Inter Movistar (2-2)
O Burela FS Pescados Rubén de 2013-14 presentouse esta tarde ante a afección de Vista Alegre cun rival de luxo, o Inter Movistar, nun partido que finalizou en táboas (2-2) e no que xa se viron mostras dos grandes momentos que pode dar a Primeira División LNFS esta tempada. O cadro de Juanlu soubo como conter a furia ofensiva que mostrou o Inter Movistar desde o inicio. Tras os primeiros minutos de xogo nos que a defensa laranxa se
1 de setembro de 2013
Xornada de ocio e natureza
Onte o CD Burela FS Pescados Rubén viviu unha xornada de ocio e diversión. Os equipos sénior da entidade laranxa desprazáronse dende as instalacións de Activity Center en Burela ata O Vicedo para gozar dun marabilloso día ao aire libre, nunha ruta organizada pola empresa colaboradora IG10 (www.ig10.es). Xogadores, xogadoras, corpos técnicos e dirixentes gozaron pola mañá dun percorrido de dúas hora
2 de setembro de 2013
O Burela conquista o I Trofeo Vila de Cedeira
O Burela FS Pescados Rubén conquistou o I Trofeo Vila de Cedeira tras derrotar por 2-3 ao Parrulo FS. A escuadra dirixida por Juanlu tivo que aplicarse para remontar un sorprendente 2-0 que os ferrolanos lograron por mediación de Jacobo e Isma. Os mariñanos comezaron a desperezarse no tramo final do primeiro periodo con Matamoros como protagonista. O puñal laranxa recortou diferenzas e estableceu o empate (2-2) ao transformar un doblepenalti á
4 de setembro de 2013
Burela FS Pescados Rubén -Xota Navarra con Energy en directo
En 2013-14 volverá o espectáculo televisivo a Vista Alegre, coa emisión dende Energy do primeiro partido do Burela FS Pescados Rubén na casa. Será na segunda xornada de Primeira LNFS, o venres 20 de setembro, ás 21.00 horas.
Energy retransmitirá cada venres ás 21:00 horas o partidazo da xornada e levará o mellor espectáculo a todos os fogares da xeografía nacional. Xa se confirmaron os cinco primeiros partidos televisados da Liga regular, sendo o primeiro o derbi galego entre o Santiago Futsal e Azkar Lugo.  Cinco primeiros partidos designados por Mediaset   Venres 13 de setembro: Santia
5 de setembro de 2013
O Burela FS imponse ao Poio (1-3) no primeiro envite de Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén superou onte o primeiro obstáculo da Copa Galicia 2013, impoñéndose na fase de grupos ao Poio Pescamar FS (1-3), equipo que se estreará en 2013-14 na máxima categoría como rival das laranxas. As pupilas de Quico Otero levaron o ritmo do partido e do electrónico, aínda que precisaron do paso dos minutos para serenarse sobre a pista. “Creo que fomos superiores ao longo dos 40 minutos, aínda que a primeira
5 de setembro de 2013
O Burela FS pecha a axenda de amigables co Desafío Star Center de Santiago
O Burela FS Pescados Rubén pechará a axenda de amigables de pretempada no Desafío Star Center (6 e 7 de setembro) da capital galega, coa presenza doutros tres equipos de Primeira LNFS, Santiago Futsal como anfitrión, H. Llevant Manacor e Colegios Arenas Gran Canaria. A cita, que servirá de presentación dos composteláns ante a súa afección, homenaxeará as vítimas do accidente de tren do 24 de xullo e os veciños da parroquia de Angrois, que esta
5 de setembro de 2013
Supercopa de España, novo reto ante un eterno rival
O Burela FS Pescados Rubén internarase nun novo reto esta fin de semana ante un eterno rival; en terras madrileñas agárdao o primeiro chanzo cara á Supercopa de España. Despois de arrebatarlle o título de liga e Copa de España, o cadro mariñán volverá verse as caras co Atlético de Madrid Navalcarnero o domingo, as 13.00 horas (pavillón La Estación). A escuadra laranxa partirá mañá ás 13.30 horas con rumbo ao enco
6 de setembro de 2013
Luns 16 de setembro, primeiro día de adestramentos para a ED Burela FS 2013-14
A ED Burela FS comezará os adestramentos do novo curso o luns 16 de setembro. Os horarios provisionais 2013-14 están dispoñibles no documento adxunto. Ao longo da primeira semana de adestramentos, a escola laranxa programará unha reunión informativa cos pais/nais do alumnado e concretará a entrega dos packs de material deportivo na Tenda Laranxa.
7 de setembro de 2013
Foto: Santiago Futsal
Burela FS, subcampión do Desafío Star Center
O Burela FS Pescados Rubén despediuse da pretempada proclamándose subcampión do Desafío Star Center da capital galega, despois de medirse na gran final ao Santiago Futsal (2-0). O cadro mariñán resolveu a semifinal ante o H. Llevant Manacor FS cun gol de Matamoros moi próximo ao descanso; pola súa banda os anfitrións impuxéronse ao Colegios Arenas Gran Canaria 3-2. O Burela FS tomou a iniciativa en ataque fronte aos santiagueses,
9 de setembro de 2013
A pretempada en números
A escuadra de Juanlu mergúllase na primeira semana de liga despois de completar unha pretempada excelente, na que as lesións respectaron a preparación do cadro. O primeiro rival do Burela FS foi o Vilalba FS, ao que se impuxo 10-0 no Memorial Francisco Javier González Vázquez; en Tapia de Casariego proclamouse campión ante o Azkar Lugo (1-0); os penaltis adxudicáronlle o Memorial Celso Currás de Trabada ante o Santiago Futsal (2-2); en Cedeira
9 de setembro de 2013
Co apoio de Vista Alegre pode facerse realidade
A maxia de Vista Alegre pode convertelo en realidade! A incondional afección da bomboneira, o seu apoio sen límites, será máis ca nunca o principal alento do Burela FS Pescados Rubén no partido de volta da Supercopa de España 2013. O sábado, ás 20.30 horas, o cadro que abandeira Quico Otero volverá verse as caras co Atlético de Madrid Navalcarnero, despois de caer onte en La Estación por un inxusto 5-1. “Se so
9 de setembro de 2013
A remontar
E por que non? A remontada é posible en Vista Alegre, testemuña de numerosas proezas e capaz de contaxiar un espírito indomable.
     O feudo burelés determinará o campión da XI Supercopa de España que enfronta ao Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid Navalcarnero que chega ao partido de volta cunha cómoda renda (5-1). A cita pola conquista é o sábado día 14 ás 20:30 horas.       As mariñás encaran este encontro conscientes de que “é un desafío complexo pero non imposible, imos loitar por remo
13 de setembro de 2013
Primeiro desafío en Peñíscola
Comeza o espectáculo da Liga Nacional de Fútbol Sala e o Burela Pescados Rubén inicia o seu ilusionante proxecto disputando a primeira xornada na cancha do Peñíscola Bodegas Dunviro, equipo recentemente ascendido á Primeira División. O duelo dispútase o sábado día 14, ás 18:00 horas, no pavillón municipal de Benicarló.
     A escuadra mariñá afronta o inicio de competición coa esperanza da vitoria na xornada inaugural do campionato nacional. O adestrador burelés, Juanlu, considera que o seu equipo “chega preparado para competir nunha pista complicada xa que contan cunha afección que anima e empuxa moito ao seu equipo. Estamos lonxe do potencial de xogo, circunstancia lóxica e razoable debido ás novidades no equipo, pero satisfeitos
13 de setembro de 2013
Modificación provisional dos adestramentos das categorías de base
O horario de adestramentos das categoría de base do Burela FS modifícase durante a semana do 16 ao 20 de setembro a causa da celebración da VI Semana Europea da Mobilidade, organizada pola delegación de Mar e Medio Ambiente do Concello de Burela. Debido as actividades programadas, modifícase a localización e horarios dos adestramentos dos equipos que realizan a súas sesións no pavillón Monte Castelo.
Os horarios e localización modificados son os que se detallan a continuación:   Categoría Xuvenil (95/96/97) Martes 17.  18:00 a 19:30 horas. Pavillón de Os Castros.Xoves 19.  18:30 a 20:00 horas. Pavillón Vista Alegre.Venres 20. 21:00 a 22:30 horas. Pavillón de Os Castros.   Categoría Cad
13 de setembro de 2013
Vitoria solvente
O Burela Pescados Rubén liquida con autoridade o seu primeiro desafío ligueiro cunha vitoria por 1-3 na pista do Peñíscola Bodegas Dunviro.
   A escuadra dirixida por Juanlu anulou o empuxe inicial dos levantinos e no ecuador do primeiro tempo encarrilou a vitoria con goles de Matamoros e Mimi. O estilete laranxa sacou o seu fusil a relucir para lograr o 0-1 e Mimi marcou a porta baleira tras presionar e roubar o esférico a Gus para establecer o 0-2.  O Burela Pescados Rubén mandaba no electrónico e apropiouse tamén do control do xogo ante unha escuadra local impote
15 de setembro de 2013
O Atlético de Madrid campión da XI Supercopa de España
Non puido ser. O Atlético de Madrid proclamouse campión da XI Supercopa de España tras caer derrotado en Vista Alegre por 2-0 ante un Burela Pescados Rubén que xogou ben as súas bazas e acariñou a opción da remontada. O resultado do choque de ida (5-1) resultou determinante nunha final (5-3) marcada polos últimos minutos do encontro en terras madrileñas.
   O Burela Pescados Rubén afrontou o reto da remontada arroupado pola súa afección e mostrou coraxe para discutir o título a un conxunto rojiblanco conservador. A punto estivo o Burela de aproveitar esta circunstancia para dar a sorpresa, a falta de acerto nas ocasións xeradas impediu aumentar a dose de emoción e incerteza polo título.   No primeiro periodo a intensidade e o aspecto defensivo fo
15 de setembro de 2013
Triunfan copas
Quenda para a Copa Xunta 2014. Trala Supercopa de España, o Burela Pescados Rubén disputa o segundo encontro da XXIII Copa Xunta. A escuadra laranxa está encadrada no grupo B con Poio Pescamar, ao que venceu por 1-3, e A Fervenza FS ao que se medirá o martes día 17 ás 20.30 horas no pavillón Vista Alegre. O Poio Pescamar venceu ao A Fervenza FSF por 0-4, polo que unha vitoria ou un empate das mariñás clasifícaas para a fase final.
Campioas de Liga 12/13. Na previa ao encontro de volta da XI Supercopa de España a capitá do Burela Pescados Rubén, Lidia Mesías, recibiu de mans do representante da RFEF, Patricio Allende, a Copa de Campioas da Liga 2012/2013. O xantar protocolario da XI Supercopa de España celebrouse no Hotel Palacio de Cristal de Burela. Asistiron en representación de Comité Nacional de Fútbol Sala da RFEF; o vicepresidente da comisión de s
16 de setembro de 2013
Estrea de "Non era un soño", a película do doblete
O xoves 19 de setembro preséntase na Casa da Cultura de Burela ás 21 horas a película documental “Non era un soño!”, na que se narran as vivencias do equipo femenino do CD Burela FS Pescados Rubén, campeón do histórico doblete na Liga de Primeira División e Copa de España na temporada 2012-2013. A entrada ó acto de presentación e proxección do documental é totalmente libre. As copias en DVD estarán disponibles a partir da próxima semana na sede do club.
Trátase dun vídeo documental duns 50 minutos no que se suceden entrevistas personalizadas con cada unha das xogadoras, membros do equipo técnico e dirixentes do equipo campeón, e que está dividido en varios bloques temáticos: • Recordos do 11 de maio de 2013• Como se prepara un partido decisivo• O primeiro gol marcouno Vista Alegre• 40 minutos para 1 Liga• Para un gran triunfo fai falta
17 de setembro de 2013
Goleada e pase á fase final
O Burela Pescados Rubén logrou o pase para a fase final da Copa Xunta 2014 tras impoñerse por 6-0 ao A Fervenza nun duelo monocolor. As pupilas de Quico Otero venceron sen agobios ás ferrolanas demostrando a diferenza de categoría existente. Silvia, en dúas ocasións, Peque e Lidia certificaron o dominio laranxa (4-0) ao descanso e na continuación a dinámica repetíase. Lidia marcou o quinto e Claudia nunha acción individual completou o set en b
18 de setembro de 2013
Estrea en Vista Alegre con Energy
O Burela Pescados Rubén estrea a tempada en Vista Alegre con Energy como espectador de luxo. O encontro ante Xota Navarra, correspondente á segunda xornada da LNFS, dispútase o venres día 20 ás 22:30 horas, retransmitido en directo por Energy TV.
   Ambas escuadras chegan a este duelo de altura nunha posición de contraste. Os mariñás gañaron con solvencia en Peñíscola (1-3) mentres que os navarros caeron sorprendentemente no templo de Anaitasuna (1-4) ante o recentemente ascendido Montesinos Jumilla.    O conxunto dirixido por Juanlu quere certificar o seu bo inicio ante un clásico da Liga como é o Xota Navarra, unha escuadra que Juanlu destaca pola “súa vel
19 de setembro de 2013
Matamoros entra na convocatoria da Selección Española
O pivote do Burela FS Pescados Rubén, Jorge Valhermoso Matamoros, foi convocado polo seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, para os amigables preparatorios para o Europeo que España disputará con Bélxica a próxima semana en Ceuta (luns 23  e martes 24). O club mariñán recibiu a notificación da Real Federación Española esta mesma mañá.
20 de setembro de 2013
O balón das campioas comeza a rodar na liga
O campión de Primeira División RFEF inicia a defensa da súa coroa ante o Soto del Real, mañá, ás 18:30 horas, arroupado pola afección da Mariña. O Burela FS Pescados Rubén afronta a primeira xornada con ganas e ilusión por reeditar os éxitos conseguidos e para iso o seu primeiro obxectivo é manter Vista Alegre como un parapeto. Pola súa banda, o cadro madrileño, que finalizou oitavo na pasada campaña, encara unha nova tempada
20 de setembro de 2013
O futuro laranxa estrea o curso con tres amigables
A base do CD Burela FS Pescados Rubén estreará as pistas en 2013-14 con tres amigables. Os equipos máis experimentados da estrutura formativa do club mariñán serán os que se vistan de laranxa esta fin de semana para desprazarse ao interior da provincia luguesa. O Infantil A e o Cadete A mediranse o sábado á ED Meira, ás 11.00 e 12.00 horas respectivamente (pavillón municipal). Pola súa b
20 de setembro de 2013
Fotografía: A Caixa Escura
Burela FS Pescados Rubén 1-2 CD Xota Navarra
O ilusionante Burela FS Pescados Rubén non puido brindarlle a vitoria ao público laranxa no seu estreo da liga 2013-14 en Vista Alegre. Os mariñáns bateron contra o muro do xogo agresivo e contundente dun CD Xota Navarra, ao que o acerto na finalización lle outorgou os tres puntos da segunda xornada de Primeira División tras o axustado pero decisivo 1-2 final.   Os pupilos de Juanlu tiveron que afanarse en bloque
21 de setembro de 2013
Fotografía: A Caixa Escura
O Burela FS arranca a liga con empate ante Soto del Real (1-1)
O Burela FS Pescados Rubén arrincou a nova aventura de liga 2013-14 con empate na casa ante o Soto del Real (1-1). As pupilas de Quico Otero, con dominio na pista e vantaxe no luminoso ata a recta final, mereceron máis; o tanto das madrileñas a catro minutos para o final outórgalles ás laranxas un punto que sabe a pouco. Optaron as burelistas pola posesión do balón desde a bucina inicial marcando os tempos. O primeiro grande oco a
21 de setembro de 2013
Reunión informativa da ED Burela FS (mércores 25, IES Monte Castelo)
A dirección da ED Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o vindeiro mércores, 25 de setembro, na Aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo, para explicarlles a programación do curso 2013-14. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios: 16.00 horas os prebenxamíns (nados/as en 2006-07), 16.45 os benxamíns (nados/as en 2004-05), 17.30 os alevíns (nados/as en 2002-03) e 18.15 os infantís (n
23 de setembro de 2013
Foto: www.elpozomurcia.com
Venda anticipada para o Día do Club: Burela FS-El Pozo Murcia (sábado 28, 18.30)
 Vista Alegre vivirá este sábado (18.30 horas) unha nova festa do fútbol sala no Día do Club coa visita dun dos grandes titáns de Primeira LNFS, ElPozo Murcia, subcampión de liga, Copa e Supercopa. Evita a longa espera ás portas da bomboneira adquirindo túa entrada con antelación. A venda anticipada estará aberta dende mañá na sede do CD Burela FS Pescados Rubén, de luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00).
23 de setembro de 2013
A familia laranxa, galardoada como Mellor Club Galego do Ano
O Burela FS Pescados Rubén recibiu o venres pasado o galardón de Mellor Club Galego de 2013 na Gala do Fútbol Sala que celebrou a Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo. A entidade laranxa acudiu ao acto do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, representada polo fundador de Pescados Rubén SL, Rubén Blanco, o directivo do club Marcelino Luna, as xogadoras de Primera División RFEF Jozi, Paula e Marcela e o preparador físico Pablo Díaz.
23 de setembro de 2013
Matamoros estréase ante Bélxica con vitoria clara de España (5-2)
España impúxose con claridade a Bélxica (5-2) no primeiro dos amigables que a Selección disputou en Ceuta, como preparación para o Campionato de Europa que se disputará en Amberes. O equipo español tivo que traballar tras o 1-0 do primeiro tempo e custoulle superar a defensa belga no segundo período. Hoxe, no mesmo escenario e á mesma hora (21.00), os dous protagonistas volverán enfrontarse. Ficha técnica
24 de setembro de 2013
Matamoros tamén ten gol con España
O pivote laranxa Jorge Matamoros volveu amosar unha destacada participación no segundo amigable de España ante Bélxica en Ceuta. A Vermella conseguiu derrotar de novo o combinado belga (8-2), coa achega goleadora do xogador do Burela FS Pescados Rubén, autor do segundo tanto; a selección mostrouse superior e mellorou o seu xogo con respecto ao día anterior, no que se impuxo 5-2. Pecha a serie de amigables con 13 goles a favor
25 de setembro de 2013
Fila 0 a favor da Asociación Piel de Mariposa, coincidindo con Burela FS-El Pozo
Vista Alegre engalanarase este sábado de solidariedade. Coincidindo coa visita do flamante ElPozo Murcia, na terceira xornada de Primeira División, o CD Burela FS Pescados Rubén (18.30 horas) habilitará unha Fila 0 a favor de Asociación Piel de Mariposa (DEBRA España), entidade sen ánimo de lucro, de ámbito nacional, formada por persoas afectadas pola Pel de Bolboreta e os seus familiares, así como por profesionais socios
25 de setembro de 2013
Continúa aberta a inscrición para os cursos de Adestrador de Fútbol Sala en Burela
O prazo de inscrición para os tres cursos federativos convocados pola Federación Galega de Fútbol en Burela, baixo o amparo da Real Federación Española, estará aberto ata outubro-novembro. O de Instrutor de Fútbol Sala Base Nivel 1 pechará o 20 de outubro as probas de acceso e a formalización da matrícula o 1 de novembro; o prazo para o de Adestrador Territorial de Fútbol Sala Nivel 2 concluirá o
25 de setembro de 2013
Consigue un anaquiño da sorte laranxa: 95.391
O número da sorte do Burela FS Pescados Rubén para o Nadal 2013 xa está distribuído por toda a vila: 95.391. As persoas interesadas poden adquirir as súas papeletas no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos encontros laranxas, na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo) ou nos establecementos colaboradores Cafetería Vista Alegre, Viñoteca O Traste, Hotel Nordés, Hotel Galatea, Mesón O Poe
25 de setembro de 2013
O Burela FS B comeza a liga este sábado na pista do Santiago Futsal (18.00)
O Burela FS Pescados Rubén B comezará a súa segunda tempada en Terceira División co desprazamento á capital galega. Medirase ao filial do Santiago Futsal este sábado, ás 18.00 horas, no pavillón municipal Santa Isabel. A escuadra laranxa afronta a nova aventura de liga con ilusión e ganas como un dos grandes proxectos formativos da estrutura mariñá.  “Estou moi satisfeito co traballo e intensidade da pretempa
26 de setembro de 2013
A base burelista estréase en Vista Alegre
A estrutura de base do CD Burela FS Pescados Rubén estrearase esta fin de semana en Vista Alegre cunha axenda de seis amigables. Despois dos desprazamentos de Xuvenil a Vilalba e Infantil A e Cadete A a Meira a semana pasada, este será o primeiro compromiso do curso para Benxamín, Alevín, Infantil B e Cadete B. O Azkar Lugo FS chegará á Mariña o sábado para medirse durante a mañá a benxamíns, alevíns, infantil A e cadete A da fami
26 de setembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Un titán na bomboneira (Burela FS-ElPozo, sábado 28, 18.30)
O Burela FS Pescados Rubén repetirá xornada na casa coa visita de todo un titán á bomboneira. O todopoderoso ElPozo Murcia recalará na Mariña para medirse aos de Juanlu o sábado, ás 18.30 horas, na terceira cita de Primeira. ”É un rival moi complicado pero temos argumentos suficientes para sacar algo positivo este sábado” recoñecía con ilusión o técnico laranxa, Juanlu. O cadro mariñán pelexará por recuperar a se
26 de setembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Primeiro derbi galego para as laranxas, na pista do novel Valdetires
O Burela FS Pescados Rubén gozará este sábado do primeiro derbi autonómico da liga de Primeira RFEF 2013-14 na tempada por excelencia do fútbol sala galego, con nada máis e nada menos ca seis representantes irmandiños. O novel Valdetires Ferrol recibirá a escuadra mariñá no pavillón de Esteiro, ás 19.00 horas. O cadro de Quico Otero buscará a súa primeira vitoria en terras ferrolás, despois do sabor agridoce do empate na casa ante
27 de setembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Burela FS 0-4 ElPozo Murcia
Demasiado castigo sufriu esta tarde o Burela FS Pescados Rubén na visita do xigante ElPozo Murcia (0-4) á Mariña, nun encontro no que a efectividade dos levantinos tivo máis peso que a ofensiva dos locais. Empezaba con garra e sen nervios o Burela FS Pescados Rubén. Xa no primeiro minuto de xogo Matamoros buscaba sorprender a Fabio cun disparo alto e rozando o 3 volvían á carga Mata e Hugo, nunha ardua pelexa na área visitante. Co
28 de setembro de 2013
Primeira vitoria das laranxas, con hat-trick de Lidia
O Burela FS Pescados Rubén conseguiu a primeira vitoria da liga esta tarde na visita á pista do novel Valdetires Ferrol FSF. Na segunda xornada, con ambiente de derbi autonómico, as pupilas de Quico Otero fixeron valer a súa experiencia na categoría para dominar o xogo e o electrónico, con hat-trick de Lidia Mesías. Co 2-4 a favor, o cadro laranxa xa suma 4 puntos. Malia xerar ocasións desde o inicio, as laranxas viron como o Vald
28 de setembro de 2013
Xuvenil 2013-14
O Xuvenil burelista imponse 10-0 ao Vilalba FS
A base burelista viviu unha fin de semana de festa futbolística como antesala do inicio das diferentes competicións. O conxunto xuvenil liderou a rolda de amigables da familia laranxa impoñéndose con solvencia ao Vilalba FS (10-0). Na visita do Azkar Lugo FS a Vista Alegre, os máis peques resolveron os compromisos con éxito, con vitoria (3-2) o Benxamín e trepidante empate (4-4) o Alevín A
30 de setembro de 2013
43 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores