O mércores 3 de setembro, doble xornada en Vista Alegre cos duelos ante Viaxes Amarelle e Santiago Futsal
A pretemporada continúa avanzando cos equipos laranxas afinando a súa posta a punto para a competición ligueira de Primeira División que comeza, en ambos casos, o 13 de setembro. Tras un fin de semana de boas sensacións, os equipos senior do CD Burela FS Pescados Rubén disputarán en Vista Alegre os seus encontros de presentación, o mércores día 3 de setembro. Abre a xornada o conxunto feminino, a partir das 18.00 horas, ante o Viaxes Amarelle. A
1 de setembro de 2014
Dispoñibles os carnets de soci@ da tempada 2014/2015
Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poden recoller o seu carnet da tempada 2014/2015, con idéntica tarifa que a tempada anterior, desde o martes día 2 de setembro na oficina da entidade, situada na Avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo. Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela durante os encontros amistosos de presentación que se disputan o vindeiro mércores día 3 de setembro a partir das 18.00 horas. Todos os interesados en abonarse ao CD Burela FS Pescados Rubén poden darse de alta na oficina do club.
Os carnets da nova tempada contan co patrocinio da empresa mariñá de servizos informáticos e solucións tecnolóxicas LINDIN.TIC. Antonio Ledo Leiras, responsable de LINDIN.TIC presentou os carnets da tempada 2014/2015 acompañado polo presidente do club, Manuel Blanco. LINDIN.TIC, proporciona solucións e asesoramiento tecnolóxico a todos os niveis; desde particulares a empresas e institucións públicas, mediante un traballo integral que abarca desde
2 de setembro de 2014
O CD Burela FS Pescados Rubén retira o dorsal 8 en honra ao eterno capitán
Vista Alegre poderá rendir homenaxe ao eterno capitán do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma, no encontro de presentación que se disputa o mércores día 3 de setembro ante o Santiago Futsal, a partir das 20.30 horas. O estandarte laranxa durante numerosas tempadas, actualmente secretario técnico do club, despedirase na pista da súa afección no derbi ante a escuadra compostelana. A directiva da entidade decidiu retirar a camiseta co dorsal número o
2 de setembro de 2014
O Burela Pescados Rubén ficha a Miguel Muñoz
O Burela Pescados Rubén ficha a Miguel Muñoz Martín por unha tempada con opción a unha segunda. O xogador madrileño de 33 anos incorpórase ao conxunto burelés procedente do Nueva Generación, cuarto clasificado na Superliga rusa. Miguel Muñoz é un xogador de experiencia contrastada que “mellorará ao equipo, é un xogador moi intelixente capaz de manexar os tempos do partido. O equipo beneficiarase da súa madurez e gran sentido táctico, ademais será
3 de setembro de 2014
Doble vitoria laranxa na homenaxe a Juanma
O Burela Pescados Rubén saldou os seus partidos de presentación en Vista Alegre cunha dobre vitoria e rendeu homenaxe ao eterno capitán laranxa que se despediu da súa afección desde a pista. Juanma disputou os primeiros minutos do duelo ante o Santiago Futsal, no minuto catro parouse o encontro para homenaxear ao ´Mariskal´´. A grada de Vista Alegre púxose en pé para aplaudir a Juanma que recibiu senllas placas do club e o Comité Técnico de Árbitros. O dorsal número 8 do capitán laranxa será retirado en recoñecemento á súa traxectoria e compromiso.
A primeira sesión da tarde a protagonizarona o Burela Pescados Rubén e o Viaxes Amarelle que finalizou con vitoria local por 2-1 con goles de Claudia e Shiori, debutante no día de onte. A escuadra de Quico Otero puido lograr unha vitoria máis ampla pero a falta de definición propiciou que as coruñesas, que marcaron no último minuto, chegasen ao tramo final con opcións de empate. Regresaron a Vista Alegre co Amarelle Dolo e Lidia; ex-capitás da
4 de setembro de 2014
Recta final da pretempada cos duelos ante o Magna Navarra e o Valdetires
O Burela Pescados Rubén finaliza a pretempada cun duelo ante o Magna Navarra que se disputa en terras asturianas. O concello de Cangas do Narcea organiza, a través da súa concellería de deportes, o duelo amistoso entre galegos e navarros que tamén ten un obxectivo benéfico. A entrada será gratuita e recolleranse alimentos non perecederos que terán como destino os Servizos Sociais do concello asturiano. O pavillón municipal acollerá este duelo de dous equipos da Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala o vindeiro sábado día 6 de setembro, a partir das 18.30 horas.
Copa Galicia. O equipo feminino regresa á competición oficial co seu duelo de Copa Galicia ante o Valdetires FSF. O conxunto ferrolán visita Vista Alegre o vindeiro domingo día 7 de setembro, a partir das 18.00 horas.
Gala do Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol Sala. O día 5 de setembro, os canteiráns; Aarón Fernández e Mamadou Diouf, están invitados á Gala do Fútbol Sala que se celebra no
4 de setembro de 2014
"PEQUE" GALARDOADA NA GALA DE PRESENTACION DA TEMPADA 14/15
Acudiron a recoller o premio a máxima goleadora, de maus do Presidente do CNFS D.Antonio Escribano Ramos, da Primeira Division os seus pais Bartolome Gonzalez Jimenez y Victoria Mota Campayo
O pasado día seis de septembro tivo lugar na sede da Real Federacion Española de Fútbol nas Rozas de Madrid a Gala de presentación da tempada 14-15 do Fútbol Sala, organizada de forma conxunta pola LNFS e o CNFS ,en dita gala entregaronse os galardons de todas as competicións nacionais e a xogadora naranxa, "PEQUE" foi distinguida como máxima goleadora. A devandita non puido desplazarse a Madrid o estar a recuperarse dun esguince de xeonllo e no
10 de setembro de 2014
AVISO IMPORTANTE OS SOCIOS DO C.D. BURELA F.S.
Rogamos os socios da entidade acudan a recoller os seus carnets da tempada 14/15 as oficinas do Clube, sitas en AVDA ARCADIO PARDIÑAS 91 de BURELA.-NON SE ENTREGARAN NO PAVILLON
Con ocasión de problemas logísticos derivados do sistema infórmatico de confección de tarxeta de abonado, no pavillón NON se entregarán os CARNETS de abonados no citado lugar UNICAMENTE se entregarán os devanditos carnets na sede do club en horario de oficina LUNS A VERNES de 10 a 14 e de 16,30 a 19,30. Pregamos sexan retirados polos socios antes do partido ante o INTER o ser día do club , todo elo para poder acollerse o prezo especial de socio
10 de setembro de 2014
Duelo estelar entre Atlético de Madrid e Burela Pescados Rubén para iniciar a Liga
O Burela Pescados Rubén inicia a liga reeditando un duelo ante o Atlético de Madrid que se converteu no clásico da Primeira División. A primeira xornada da competición deparou este choque de trens entre o actual campión e o conxunto mariñano que aspira á reconquista do título. O escenario do partido será o polideportivo municipal da Estación de Navalcarnero e o duelo celébrase o sábado día 13, a partir das 16.00 horas.
O Burela Pescados Rubén acode a este desafío mermado polas baixas de Jozi, Patri e Peque aínda que contará coa incorporación de Sandra Rodríguez, porteira de 16 anos que chega ás filas laranxas procedente do CD Adarve de Lugo. Respecto diso, o adestrador burelés indicou que “somos conscientes das importantes baixas que temos pero imos coa ilusión de competir para gañar os tres puntos e empezar cunha alegría a competición. Estes partidos son sempr
12 de setembro de 2014