Noticias
Arquivo de Setembro 2015
Dispoñibles os carnés 2015-16 dende o mércores 2
Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poderán recoller o carné 2015-16, con baixada de prezos, dende mañá, mércores 2 de setembro, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo). Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela esta fin de semana coincidindo co amigable fronte ao Prone Lugo AD, o sábado (18.00 horas), e o partido de ida da Supercopa de España fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, o domingo (13.00
1 de setembro de 2015
Gaby: 'Quero conquistar novos retos en Burela'
Gabriela Vila Real Macedo, Gaby, cumprirá o seu segundo exercicio na Mariña con ilusións renovadas e ganas de seguir medrando. “Quero conquistar novos retos en Burela; decidín volver dende Brasil despois de longas negociacións para conquistar o que nos quedou o ano pasado” recoñecía a ala-peche na formalización da súa renovación, xunto ao presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez. O
1 de setembro de 2015
Fotografía: LNFS
Comunicado Oficial dos Clubs da LNFS
Trala convocatoria de folga que declarou a Asociación de Xogadores de Fútbol Sala (AJFS) que afecta ás catro primeiras xornadas de Liga en Primeira División, os Clubs da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), mantiveron unha reunión este mércores onde, tras analizar as actuacións da AJFS, determinaron por unanimidade que se manterá a disputa de devanditas xornadas de Liga, respectando o desexo daqueles xogadores que non queiran secundar a folga.
Trala reunión mantida este mércores en Madrid, os Clubs da LNFS desexan comunicar os seguintes acordos alcanzados por unanimidade: 1.- Os Clubs da LNFS desexan amosar o seu respecto ao dereito a folga de calquera traballador. 2.- De igual modo, amparados polo dereito ao traballo, os Clubs da LNFS manifestan que a disputa da competición programada no calendario deportivo levarase a cabo. 3.- Os actuais Clubs que forman a LNFS rexeitan a petición d
2 de setembro de 2015
A base burelista estrea amigables de pretempada
Xuvenís, cadetes e infantís disputarán os seus primeiros amigables de 2015-16, con citas en Monte Castelo o sábado e en Vista Alegre o domingo.   Calendario adxunto
3 de setembro de 2015
Jozi: 'Debemos estar tranquilas para poñer en pista o noso mellor xogo'
Cada vez queda menos para que o Burela FS Pescados Rubén e a internacional brasileira Joziane de Oliveira repitan experiencia e emocións na Supercopa de España (domingo 6, 13.00 horas Vista Alegre). “A nosa afección sempre nos apoia, nos mellores momentos, pero tamén nos que non son tan bos. Con Vista Alegre cheo, debemos estar tranquilas para poñer o noso mellor xogo sobre a pista” adiantaba con seguridade a gardameta na formalización da reno
3 de setembro de 2015
Preparadas. Sigue desde aquí a Supercopa
El CD Burela FS Pescados Rubén ya está preparado para la primera batalla de la Supercopa de España, que albergará el pabellón Vista Alegre este domingo (13.00 horas) ante el titánico Atlético de Madrid Navalcarnero; el último entrenamiento está previso para mañana por la mañana. La cita podrá seguirse en directo a través de AQUÍ. Lucas dispondrá de toda la
4 de setembro de 2015
Despedida de pretemporada con Prone Lugo
O CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira LNFS despide os seus compromisos de pretemporada mañá coa visita a Vista Alegre de Prone Lugo AD, a partir das 18.00 horas (entrada gratuíta). “Estamos desexando que empece a liga xa, aínda que este partido con Prone tamén nos virá ben para corrixir e mellorar erros cometidos en pretemporada noutros compromisos” valoraba así Daniel Ibañes en vésperas do duelo lugués. “O equipo foi melloran
4 de setembro de 2015
Burela Pescados Rubén 3-1 Prone Lugo
O CD Burela FS Pescados Rubén di adeus aos compromisos de preparación 2015-16 tras impoñerse esta tarde en Vista Alegre ao Prone Lugo AD 3-1, con dianas de Antoñito por partida dobre e Jorge. No ecuador da primeira parte, Antoñito aproveitou, desde balón parado, para perforar a rede, sentando a Óscar Iglesiaas. Con todo, Nacho Pedrazo igualou a contenda no minuto 12, fronte a un Álex ao bordo da área. Jorge Bellvert soubo como volve
5 de setembro de 2015
Táboas no primeiro envite da Supercopa, con gran traballo das laranxas
O CD Burela FS Pescados Rubén viaxará a Madrid o sábado 12 con empate en Vista Alegre (2-2), tras un gran traballo das laranxas fronte ao titánico Atlético de Madrid Navalcarnero, cunha segunda parte na que as de Lucas mereceron máis. O partido decisivo arrincará ás 17.00 horas na Estación. Con moitísimo equilibrio, sen dominio claro nos primeiros minutos, o conxunto visitante adiantouse con Ari (minuto 5) de penalti, tras mans de Ma
6 de setembro de 2015
Volve a Liga a Vista Alegre!!
Volve a Liga a Vista Alegre que abre o telón co duelo entre CD Burela FS Pescados Rubén e Aspil Vidal Ribera Navarra. A xornada inicial enfronta a galegos e navarros no feudo laranxa a partir das 18.30 horas. O estreo da competición tamén supón o debut oficial de Daniel Ibañes como técnico burelao. O novo técnico laranxa vaticina un encontro moi igualado “ante un equipo potente como é o Aspil Vidal que vén de realizar unha excelente tempada e ref
11 de setembro de 2015
El Burela Pescados Rubén a por la conquista de la Supercopa!!!!
O Burela Pescados Rubén busca a conquista da Supercopa de España ante o actual campión, o Atlético Féminas Navalcarnero. Ambas escuadras disputan o encontro de volta tras un partido de ida que finalizou con empate a dous tantos. A igualdade é máxima entre ambos conxuntos que se coñecen á perfección malia os cambios en ambas escuadras. O pavillón da Estación será o escenario do clásico por excelencia da Primeira División Feminina. A partir das 17.
11 de setembro de 2015
Fotografía: ACFSF
Supercampioas de España!!!!
O Burela FS Pescados Rubén de Iván Cao "Lucas" fíxose esta tarde co triunfo na XIII Supercopa de España de fútbol sala feminino, tras empatar a 4 goles co Atlético Féminas Navalcarnero e facer bo o factor goal average trala igualada a dúas tantos na ida. O conxunto lucense conseguía facerse co dominio da primeira parte ante un Atlético que tardou en meterse no partido e íase ao descanso cun marcador en contra de 3 a 1. Na segunda parte, as burelesas notaron o cansazo e as madrileñas conseguían culminar a remontada no tramo final, pero sería o Burela quen se levaría o torneo cun postreiro tanto en propia porta de Estela a remate de Peque desde a frontal xa co xogo de cinco. Coa vitoria as mariñás estrean o seu palmarés na Supercopa de España.
CRÓNICA. ACFSF. GUSTAVO VOCES AT. FÉMINAS NAVALCARNERO (4): Estela; Desi, Leti, Ari e Ju Delgado (quinteto inicial). Tamén xogaron, Marta Pelegrín, Amelia, Rocío, Fabi, Peke e Desi. BURELA FS PESCADOS RUBÉN (4): Jozi; Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ceci, Maite e Claudia. Pavillón A Estación de Navalcarnero. Uns 500 espectadores. Colexiados, Francisco Javier Díaz Dovale e Anxo Gómez Fernández do colexio madrile
12 de setembro de 2015
Fotografía: Manuel Gil
Bo xogo e reparto de puntos en Vista Alegre
Reparto de puntos en Vista Alegre entre o CD Burela FS Pescados Rubén e Aspil Vidal Ribeira Navarra que ofreceron un bo espectáculo que finalizou con empate a dous tantos. O duelo comezou cun Burela Pescados Rubén dominador, realizando unha boa presión en zona alta e con boa fluidez ofensiva. Chano rubricou aos seis minutos o bo xogo laranxa cun potente disparo ante o que Molina pouco puido facer. Co 1-0 os navarros reaccionaron aínda que os pupi
12 de setembro de 2015
O CD BURELA FS MEDIRASE A VIETNAM EN FAVOR DE PIEL DE MARIPOSA (23 DE SETEMBRO)
O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá a selección de Vietnam o mércores 23 de setembro para disputar un amigable benéfico a favor da Asociación DEBRA-Piel de Mariposa. Francisco Muñoz e Sofía Méndez representaron o colectivo no acto de presentación que acolleu a sede laranxa xunto ao presidente do club mariñan, Manuel Blanco, o seleccionador do combinado asiático, Bruno García, e o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández. Vista Alegr
17 de setembro de 2015
As Supercampioas estrean a Liga ante o Elche CF
As Supercampioas de España estrean a competición ligueira en Vista Alegre ante o recentemente ascendido a Primeira División, Elche CF. O duelo dispútase o sábado día 19, a partir das 20.00 horas. O club ilicitano súmase á filosofía laranxa do deporte en igualdade xa que o Elche CF estréase esta tempada cos seus equipos masculino e feminino na máxima categoría nacional do Fútbol Sala.
Vista Alegre recibirá a Supercopa de España, recientemente conquistada pola escuadra dirixida por Iván Cao “Lucas”, e inaugura a Liga cun duelo de contrastes. O CD Burela FS Pescados Rubén afronta a nova tempada coa mentalidade de conquistar o maior número de títulos posibles mentres que o Elche CF buscará a permanencia como meta inicial. Malia a súa condición de novatas na categoría, as ilicitanas contan con xogadoras contrastadas e de experi
18 de setembro de 2015
Fotografía: Palma Futsal
Derrota por 3-1 do Burela na súa visita a Palma de Mallorca
O Burela Pescados Rubén regresa de Palma de Mallorca con sensacións contraditorias trala derrota ante o Palma Futsal (3-1) xa que a escuadra mariñá realizou outro bo partido pero sen a recompensa merecida dos puntos. O encontro caracterizouse pola igualdade entre ambos contendentes durante a primeira parte, os equipos presionaban ben ao seu rival e gozaron de oportunidades para abrir o marcador pero os porteiros evitaron que se movese o empate in
18 de setembro de 2015
Fotografía: El Progreso. J.M. Álvez
O Burela vence ao Elxe por un axustado 2-1
Nota de prensa: ACFSF. Gustavo Voces
O Burela FS Pescados Rubén facíase de inicio co dominio do xogo ante o recentemente ascendido Elxe, que durante os primeiros compases de partido deixábase facer. O empuxe local tivo premio con dous goles case consecutivos de Claudia, de disparo desde fóra da frontal que golpeaba en Maite, e de Ceci, tras asistencia de Peque ao segundo pau, que deixaban aos sete minutos de xogo un claro marcador para as mariñás. Co paso do tempo, as lucenses parec
21 de setembro de 2015
Burela FS e Vietnam, solidarios con Piel de Mariposa
O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá a selección de Vietnam, dirixida polo galego Bruno García, para disputar un amigable benéfico a favor da Asociación DEBRA-Piel de Mariposa. Vista Alegre abrirá as súas portas para gozar da cita a partir das 20.30 horas, cuxa recadación será destinada á Asociación de Epidermólise Bullosa de España, con donativo de 2 euros como entrada. Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poderán
22 de setembro de 2015
O Parrulo, rival laranxa na Copa do Rei
O CD Burela FS Pescados Rubén estrearase na Copa do Rei fronte ao Parrulo FS, de Segunda, que quedou exento do inicio da competición; así o decidiu o sorteo da segunda eliminatoria celebrado esta mañá na Cidade do Fútbol de Las Rozas. Os equipos de Segunda División e Segunda División B foron designados como locais, sendo os dezaseis equipos de Primeira División os conxuntos que actuarán como visitantes nesta eliminatoria a partid
24 de setembro de 2015
Complicado destino na terceira xornada
O CD Burela FS Pescados Rubén visitará a complicada pista do Magna Gurpea Navarra mañá na terceira xornada de Primeira División LNFS (Anaitasuna, 20.30 horas) na busca da primeira vitoria da tempada. “Sabiamos que tiñamos un inicio complicado, con dúas saídas consecutivas difíciles, pero imos co obxectivo de seguir xogando na mesma liña, aínda que tamén buscamos un pouco máis de acerto de cara á portería. Se o conseguimos será un
24 de setembro de 2015
Debut ligueiro na bomboneira
Vista Alegre acollerá o debut ligueiro do Futuro Laranxa por partida tripla na segunda xornada das competicións autonómicas. O Burela FS Pescados Rubén Feminino B recibirá A Fervenza FSF o domingo, ás 12.00 horas; o sábado, ás 11.00 e ás 12.30 horas, Infantil A e Cadete B, respectivamente, mediranse ao Lugo Sala FS. As pupilas de Pablo Díaz estreáronse na categoría a semana pasada, impoñéndose ao Leis Pontevedra FS 2-4. O con
25 de setembro de 2015
Primeira semana de diversión para a ED Burela FS 2015-16
A ED Burela FS, entre Miniprebenxamín e Infantil, comezou esta semana o novo curso cos primeiros adestramentos, xunto ao Cadete C. Tamén se estrearán sobre a pista co X Torneo de Sarria Os Meigallos FS esta fin de semana, cos equipos Benxamín A e B, Alevín, Infantil B e Cadete B e C. Os nenos/as que queiran divertirse co mellor fútbol sala aínda poden matricularse en calquera dos 6 grupos da escola: Iniciación
25 de setembro de 2015
O Burela FS repite en Vista Alegre, coa visita do retornado Rubí
O CD Burela FS Pescados Rubén repite na casa na segunda xornada de Primeira RFEF, coa visita do Esportiu Rubí FS, que regresa en 2015-16 á máxima categoría do fútbol sala. Vista Alegre acollerá a cita ás 18.30 horas, que poderá seguirse en directo en streaming, coa colaboración de xornalistas deportivos da Mariña. PINCHA AQUÍ
25 de setembro de 2015
Foto: Magna Gurpea Navarra
Ao Burela FS escápalle o empate no último suspiro
O CD Burela FS Pescados Rubén regresará esta noite sen recompensa de puntos de Pamplona tras ver como se lle escapaba o empate no último suspiro. Chino conseguiu igualar a contenda ao filo do descanso; o marcador continuou inamovible durante toda a segunda parte ata o último suspiro, cando os locais atoparon o gol da vitoria con xogo de cinco. “Foi unha primeira parte moi igualada, na que o Burela FS respondeu ben, malia ir por detrá
25 de setembro de 2015
O Burela FS imponse ao Rubí con hattrick de Gaby
O CD Burela FS Pescados Rubén sumou esta tarde tres traballados puntos ante un novo Rubí FS, que se plantou en Vista Alegre con descaro e atrevemeento. Gaby converteuse na protagonista goleadora absoluta da cita, con dúas dianas a balón parado e a terceira en galopada de contragolpe. No minuto 6 Gaby, desde saque de Claudia e toque de Ceci, inaugurou o electrónico cun disparo que superou a liña de meta en raso. Superado o ecuador do
26 de setembro de 2015
Arranca a Terceira División, coa visita do Santiago Futsal
O CD Burela FS Pescados Rubén B arranca a súa cuarta tempada en Terceira División este sábado ao grande, cun gran duelo de filiais. Os pupilos de Juanma Marrube recibirán o Santiago Futsal B, ás 16.00 horas, en Vista Alegre. “Estou moi contento con este equipo” recoñecía Juanma no comezo da súa segunda tempada á fronte do Burela FS B. “Fixemos un gran traballo, duro, de pretempada, xunto ao preparador físico Alfonso Mera. É un gru
29 de setembro de 2015
Arranca a Terceira División, coa visita do Santiago Futsal
O CD Burela FS Pescados Rubén B arranca a súa cuarta tempada en Terceira División este sábado ao grande, cun gran duelo de filiais. Os pupilos de Juanma Marrube recibirán o Santiago Futsal B, ás 16.00 horas, en Vista Alegre. “Estou moi contento con este equipo” recoñecía Juanma no comezo da súa segunda tempada á fronte do Burela FS B. “Fixemos un gran traballo, duro, de pretempada, xunto ao preparador físico Alfonso Mera. É un gru
29 de setembro de 2015
Chino: 'Os resultados acompañarannos axiña'
O ala-pivote Javier García Moreno, Chino, foi o autor do único tanto do CD Burela FS Pescados Rubén na pista do Magna Gurpea Navarra, unha diana de dobre penalti que mantivo os da Mariña nunha cita rifada que se lles deu as costas no último segundo. “Foi dura a viaxe do regreso, con esa forma de ver escapar os puntos pero agora toca aprender dos erros” analizaba o novo 20 laranxa tras a terceira xornada de Primeira LNFS, convencido e ilusionad
29 de setembro de 2015
O Benxamín, campión do X Torneo Os Meigallos en Sarria
O Futuro Laranxa gozou durante a fin de semana do X Torneo Os Meigallos de Sarria reinando en Benxamíns, co título de campión, ademais das estatuíñas individuais de Rafa Cancelos como mellor xogador, Yago Ares como máximo goleador e Ester Riveira como mellor porteira. O podio tampouco se puido resistir a Infantil B e Cadete B, co trofeo de subcampións e o galardón para Víctor Rodríguez como mellor xogador infantil e Luka Eijo, máx
30 de setembro de 2015
O fútbol sala laranxa ficha por Acia Burela
O CD Burela FS Pescados Rubén e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela estreitarán lazos en 2015-16 en prol da dinamización e promoción da vila. O dirixente do club, Manuel Blanco, recibiu na sede laranxa o presidente e a tesoureira de Acia Burela, Rubén Pinín e Marta Basanta, para formalizar o acordo de colaboración. Neste marco de actuación entre ambas as entidades, coa difusión de campañas conxuntas, as
30 de setembro de 2015
30 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores