Noticias
Arquivo de Setembro 2016
O Burela Pescados Rubén non se rende e buscará dar a sorpresa na Supercopa
Vista Alegre determinará o campión da Supercopa de España 2016, competición que ten como protagonistas ao Burela Pescados Rubén e ao Futsi Atlético Féminas como vixentes campións de Liga e Copa de España, respectivamente. A escuadra burelesa defende a súa coroa ante un conxunto madrileño que chega ao feudo laranxa cunha renda de 3-1 adquirida no choque de ida.
O sábado día 3 de setembro, a partir das 20.00 horas, Vista Alegre regresa á competición oficial con ganas de dar a sorpresa ante un rival que chega co favoritismo do resultado de ida e o seu potencial como equipo. Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén preséntase nesta competición co obxectivo de avanzar na súa formación e sen descartar a sorpresa. As burelistas xa demostraron en La Estación que o seu espírito competitivo pode poñer en serios a
2 de setembro de 2016
O Futsi Atlético Féminas campión da Supercopa de España
O Futsi Atlético Féminas campión da Supercopa de España tras vencer por 0-4 en Vista Alegre ao Burela Pescados Rubén. Co choque de ida o resultado final da Supercopa de España foi de 7-1 para as colchoneiras.
O duelo comezou co guión previsto xa que as madrileñas tiñan a iniciativa e as burelás esperaban agazapadas para facer dano á contra. Tras uns compases de axustes, o Burela aplicou a súa receita e Elvira gozou dun man a man que Estela desbaratou. Tras esta ocasión as de Iván Cao colleron confianza e levaron perigo á meta defendida por Estela, un par de disparos perigosos presaxiaron a mellor oportunidade laranxa. Elvira fixo mostra da súa atrevem
3 de setembro de 2016
Volve a Liga a Vista Alegre con derbi irmandiño
Vista Alegre inaugura a competición ligueira cun derbi irmandiño entre o Burela Pescados Rubén e o Cidade das Burgas que se disputa o sábado día 10, a partir das 18:30 horas. Ambos conxuntos inician unha tempada con cambios significativos nas súas filas. A escuadra laranxa, comandada por Iván Cao, inicia un novo ciclo cunha mestura de mocidade e experiencia mentres que as ourensáns manteñen a súa filosofía de canteira aínda que esta tempada perderon potencial coa marcha de Vane Sotelo e Lucía Nespereira, referentes en tempadas anteriores do conxunto dirixido por Manolo Codeso.
Malia os cambios, o derbi galego preséntase cos condicionantes habituais deste tipo de choques; máxima intensidade, emoción, nervios,...O técnico burelés considera que os tres puntos do derbi “teñen que quedarse en Vista Alegre, creemos na vitoria. O Cidade é un equipo cun espírito competitivo que sempre che esixe concentración, malia as baixas de Vane Sotelo e Lucía Nespereira estou seguro que manteñen esa filosofía. Un triunfo nesta primeira xo
9 de setembro de 2016
Estrea vitoriosa do Burela Pescados Rubén no derbi irmadiño
O Burela Pescados Rubén estrea a competición ligueira cun meritorio triunfo ante o Cidade de As Burgas ao que derrotou por 7-4 nun derbi galego equilibrado na primeira parte e cun Burela letal na segunda.
O choque comezou con tanteo de ambas escuadras pero moi pronto as locais inauguraron o marcador por mediación de Dany. Aos tres minutos a brasileira puxo en vantaxe ao seu equipo pero a resposta ourensana non tardou en chegar. Iria Saeta desfíxose de dúas burelistas e bateu a Jozi para empatar o derbi. O empate non desestabilizou ao Burela Pescados Rubén que mantiña a iniciativa no xogo e gozou de varias ocasións para adiantarse de novo ante un C
10 de setembro de 2016
O futuro laranxa iniciou o curso 2016/2017
A Escola Deportiva do Burela FS Pescados Rubén iniciou onte unha nova tempada coas primeiras sesións de adestramentos. A escola laranxa está integrada polas categorías de Iniciación (2012,2011), Prebenxamín (2010,2009), Benxamín (2008, 2007), Alevín (2006,2005) e Infantil (2004,2003). A escola burelesa suma 80 alumnos repartidos nun total de 8 equipos que disputarán competicións a nivel local, provincial e galego.
Últimas prazas libres. Os interesados en formar parte da escola laranxa que aínda non se matricularon poden apuntarse en categoría infantil, 2 prazas; alevín, 3 prazas; benxamín A, 2 prazas, benxamín B, 2 prazas, prebenxamín 2009, 5 prazas e en prebenxamín 2010, 5 prazas. Horarios de adestramento. Documento adxunto.
13 de setembro de 2016
O Burela Pescados Rubén visita a Estación con gañas de revancha
O Burela Pescados Rubén afronta o sábado 17 unha etapa de montaña na súa visita á Estación onde se medirá ao Atlético Féminas Navalcarnero. O clásico da Primeira División comeza ás 20:00 horas e a escuadra burelista encara a segunda xornada con “ánimo de revancha trala Supercopa de España” manifestou o técnico laranxa, Iván Cao, que vaticina un duelo “moi diferente aos que tivemos na Supercopa. Agora temos o persoal ao completo coa chegada de Cil
16 de setembro de 2016
Consternación e dolor polo falecemento de Neco
Profunda consternación na familia do CD Burela FS Pescados Rubén polo falecemento de Marcelo Santoro Rodrigues “Neco” de forma repentina esta mañá en Burela O CD Burela FS Pescados Rubén expresa o seu máis sentido pésame á familia de Neco e a todos os seus seres queridos. A tráxica noticia conmocionou ao club así como a Burela e o mundo do deporte en España e, evidentemente, en Brasil. Neco un apaixonado non só polo Fútbol Sala senón por todo o m
17 de setembro de 2016
Horarios de partidos de base
Dispoñibles aquí os horarios de partidos do Futuro Laranxa para esta semana, co inicio da Liga Autonómica Cadete e Infantil.
23 de setembro de 2016
As laranxas retoman a liga coa visita do Alcorcón (sábado 24, 18.30 horas)
As laranxas retomarán mañá a liga de Primeira RFEF na terceira xornada coa visita do AD Alcorcón FSF a Vista Alegre (18.30 horas), que gardará un minuto de silencio en memoria do ex-director deportivo e ex-técnico burelista Marcelo Santoro ‘Neco’, falecido repentinamente o sábado pasado na localidade mariñá. “Regresamos aos adestramentos o martes pola tarde. Foi unha semana dura pero puidemos traballar aceptableme
23 de setembro de 2016
Pescados Rubén 1-3 Alcorcón FSF
O CD Burela FS Pescados Rubén non puido dar continuidade esta tarde ao bo inicio ligueiro. A fortaleza de Vista Alegre non puido arrebatarlle a vitoria ao AD Alcorcón (1-3) malia conseguir poñerse por diante nos compases iniciais. Axiña chegou a igualada das amarelas, que souberon aproveitar as súas oportunidades e tomar vantaxe de 1-3 antes do descanso. A aposta mariñá de porteira xogadora desde a recta final da primeira parte ata a bucina final
24 de setembro de 2016
Pescados Rubén-Burela FS, denominación del club naranja en 2016-17
O CD Burela FS Pescados Rubén cambia de denominación e a partir de agora competirá como Pescados Rubén-Burela FS, como recoñecemento da entidade laranxa ao fiel e sólido compromiso do patrocinador principal desde o nacemento do club mariñán. A evolución e crecemento do fútbol sala laranxa ao longo dos seus 15 anos de historia non se poderían en
26 de setembro de 2016
Resultados da base laranxa
Os equipos Cadete e Infantil debutaron na Liga Autonómica 2016-17 con senllas vitorias fronte ao GRI Carballiño FS.   Consulta no arquivo adxunto todos os resultados da fin de semana.
27 de setembro de 2016
O Torneo Burela Bonita recibirá esta semana a Movistar, Palma e Santiago xunto aos laranxas
O Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita recibirá esta semana a Movistar Inter, Palma Futsal e Santiago Futsal xunto ao Pescados Rubén-Burela FS, nun cuadrangular que acollerá o parqué de Vista Alegre entre o venres e o sábado coa organización do Concello de Burela e a entidade laranxa. O fútbol sala de elite darase cita na Bomboneira como presentación do equipo 2016-17 de Daniel Ibañes co Movistar Inter FS-Palma Futsal como prato i
27 de setembro de 2016
Horarios dos partidos do Futuro Laranxa
Consulta aquí todos os encontros
28 de setembro de 2016
A Vosa Ilusión, a Nosa Forza
Baixo o lema ‘A vosa Ilusión, a nosa Forza’, o Pescados Rubén Burela FS estreou esta semana o spot da campaña de socios/as 2016-17, co privilexio de contar no seu elenco de actores con alumnado da base laranxa e xogadores/as mariñáns de Primeira División. Xunto a Yago Ares, David Gomes, Ester Riveira, Jorge Neira e Iago López, tamén participan no vídeo Silvia, Paula, Hélder, Renato, Iago Míguez e Carlitos, ademais  Dany, Matamoros e Danie
28 de setembro de 2016
Presentación do Torneo Burela Bonita
 O consistorio burelao acolleu esta mañá a presentación oficial do Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita, que reunirá entre o venres e o sábado en Vista Alegre un repertorio de luxo; o acto contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes e Turismo, Ramiro Fernández, xunto ao presidente do Pescados Rubén-Burela FS, Manuel Blanco. A cita servirá de posta de longo do equipo laranxa 2016-17 de Primeira LNFS, que se da
28 de setembro de 2016
O Pescados Rubén buscará dar a sorpresa esta tarde na pista do Navalcarnero
O Pescados Rubén Burela FS buscará dar a sorpresa esta tarde na pista do poderoso Atlético de Madrid Navalcarnero (20.30 horas, La Estación), recuperando a 2ª xornada, aprazada polo falecemento de ex–burelista Marcelo Santoro, Neco. “Sabemos que será moi complicado, o Atlético ten un equipo que se coñece moi ben, de calidade intratable, e nós aínda estamos  formación pero darémolo todo e esforzarémonos ao máximo” advertía Shiori Nakajima,
29 de setembro de 2016
Vista Alegre estende a alfombra vermella para o Burela Bonita
O gardameta Joan Miñano Jiménez (Santa Coloma de Gramanet, 1993) estreará mañá o 20 laranxa ante a bancada de Vista Alegre no Torneo Burela Bonita (30 de setembro-1 de outubro), na presentación 2016-17 do Pescados Rubén-Burela en forma de cuadrangular xunto á crema do futsal de Primeira División, con Movistar Inter e Palma Futsal, e de Galicia, con Santiago Futsal. “Xogamos dous amigables, pero con seis semanas xa de pretempada apetecíanos xog
29 de setembro de 2016
Segundo obxectivo da semana, Majadahonda, tras o intenso encontro en Navalcarnero (2-1)
Tan só un día ten o Pescados Rubén Burela FS para repoñerse do intenso partido na casa do Atlético de Madrid Navalcarnero (2-1), que se lle escapou no último suspiro cun dobre penalti. Logo de disputar onte a segunda xornada -aprazada pola morte de Neco-, as pupilas de Lucas e Julio Delgado disputarán mañá o 4º compromiso de liga na pista de Afar Majadahonda FSF (A Granadilla, 20.00 horas). O Majadahonda recibirá o Pescados Rubén
30 de setembro de 2016
Palma, primeiro finalista do Torneo Burela Bonita
El Palma peleará mañana por el título del Burela Bonita después de imponerse al todopoderoso Movistar Inter FS en la tanda de penaltis. Vista Alegre ha sido testigo esta tarde de una intensa primera semifinal, muy reñida, que se decidió en los penaltis después del 3-3 en el tiempo reglamentario. Tomaron la batuta los insulares en una cita en la que reinó el espectáculo y la emoción, con protagonismo en las dos metas. Diego Favero le
30 de setembro de 2016
22 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores