2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
O conxunto laranxa continúa líder malia derrota (2-3) ante o Gijón 31/10/2009
Podía durmir o Burela FS como líder en solitario, cunha renda de tres puntos tras o empate do Avilés, pero un segundo tempo pouco inspirado arruinou o bo traballo feito polos de Suso Rey na prime...
Quinta vitoria (2-3) consecutiva do Burela FSF Pescados Rubén nas illas Canarias 31/10/2009
O conxunto que adestra Javier Pardeiro volveu saborear a vitoria no seu desprazamento ás illas Canarias, logo dun primeiro tempo no que exerceron un dominio case abafante sobre as locais. Cuchi a...
O Burela Feminino visita as últimas posicións nas Canarias 30/10/2009
O Burela FSF Pescados Rubén partiu hoxe dende Madrid con rumbo ás Canarias para enfrontarse mañá ao Teldeportivo FSF, outro dos recentes ascendidos, aínda que, situado nas últimas posicións, con pouca...
O cadro de Suso Rey defenderá o liderado ante o perigoso Gijón-El Llano 30/10/2009
O pavillón Vista Alegre acollerá mañá un encontro de altos voos na División de Prata. Será o correspondente á oitava xornada do Grupo Norte, na que o cadro de Suso Rey terá que defender o liderado -al...
A Selección Galega Sub-18 reclama os xuvenís Manuel e David 29/10/2009
Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez foron convocados polo seleccionador Santiago Valladares para o primeiro adestramento da Selección Galega Sub-18 de cara ao Campionato de Esp...
Reunións informativas da EDM Burela FS 29/10/2009
A EDM Burela FS está preparando unha serie de reunións informativas dirixidas aos pais/nais do alumnado para a vindeira semana. As xuntanzas, que terán lugar na aula de usos múltiples do IES Monte Cas...
Xornada das categorías inferiores 29/10/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Descansa Liga Autonómica Cadete Troula FS-Burela FSSábado 31 de outubro, ás 18.30 horas, no pavillón municipal de Betanzos Liga Autonómica Infantil Burela FS-Vigo...
Resultados das categorías inferiores do CD Burela FS 26/10/2009
Liga Nacional Xuvenil Autos Lobelles FS 8-2 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 3-4 Cidade de Narón FS
Xa está dispoñible a Guía de Fútbol Sala 2009-10 26/10/2009
A Guía Oficial de Fútbol Sala da tempada 2009-10 xa está ao alcance de todos os afeccionados e afeccionadas a través de Internet. A páxina web da Liga Nacional de Fútbol Sala, www.lnfs.es, pon á dispo...
Brillante vitoria do Burela FSF, que accede á terceira posición da División de Honra 25/10/2009
Cuarto triunfo consecutivo do Burela FSF Pescados Rubén que se coloca na terceira praza, con doce puntos, da División de Honra. O conxunto burelense logrou unha brillante vitoria por 3-0 ante o Ucam M...
O Burela sitúase como líder logo de vencer ao Illescas por 1-2 24/10/2009
Un sensacional gol de Revilla propiciou a vitoria do Burela FS ante o Illescas (1-2) polo que os laranxas se deitan como líderes da División de Prata, a expensas do duelo entre o Gijón-El Llano e o Va...
O cadro de Suso Rey saltará á pista do prometedor Illescas na sétima xornada 23/10/2009
O CD Burela FS enfrontarase mañá a un rival moi próximo na táboa; o cadro de Suso Rey viaxará ata Toledo para medirse ao prometedor Illescas FS, na sétima xornada do Grupo Norte de Prata. O pavillón m...
Vista Alegre acollerá o duelo Burela FSF-UCAM Murcia este domingo, ás 12.00 horas 23/10/2009
O Burela FSF Pescados Rubén cambia o seu horario habitual dos sábados pola tarde en Vista Alegre pola mañá dominical na sexta xornada da División de Honra. O equipo de Javier Pardeiro recibirá o...
Tiro de saída para a canteira laranxa 22/10/2009
Tres dos equipos da base burelista comezarán esta fin de semana as súas respectivas competicións; serán os xuvenís, en liga nacional, e os cadetes mailos infantís en autonómica. Ao conxunto xuvenil t...
Autos Lobelle, primeiro rival dos xuvenís na liga nacional 2009-10 19/10/2009
O conxunto xuvenil do CD Burela FS comezará a súa aventura na liga nacional ante o Autos Lobelle FS o vindeiro domingo, 25 de outubro; será no pavillón compostelán de Restollal, a partir das 12.00 hor...
As laranxas selan a terceira vitoria da elite arrasando en Torrejón (3-8) 18/10/2009
O Burela FSF Pescados Rubén chegou a terras madrileñas para deixar pegada. Nada puido facer o Pinto Cellosa Torrejón para neutralizar as armas das laranxas, un cadro novo na División de Honra que, co...
O Burela FS sobe ao podio tras unha intensa vitoria ante o Cáceres 2016 (4-3) 17/10/2009
O CD Burela FS accede ao podio do Grupo Norte de Prata coa terceira praza grazas á intensa vitoria da sexta xornada na bomboneira fronte ao Extremadura Cáceres 2016 (4-3), nun encontro, o de hoxe, ond...
Os laranxas reciben o Extremadura Cáceres 2016 coas ausencias de Juanma e Minu 16/10/2009
O CD Burela FS terá que afrontar a sexta xornada do Grupo Norte de Prata, ante o Extremadura Cáceres 2016, con dúas baixas seguras, Juanma e Minu. Esta será a segunda semana de ausencia do capitán lar...
O pechacancelas Pinto Cellosa Torrejón, rival das burelás o domingo 18 16/10/2009
Nun novo desprazamento, o Burela FSF Pescados Rubén repetirá encontro en domingo, o 18. No pavillón M-4 de Torrejón de Ardoz, o conxunto laranxa enfrontarase ao Pinto Cellosa Torrejón, un dos pechacan...
Infantís e cadetes inician a competición autonómica o 24 de outubro 14/10/2009
Dous equipos da base burelista xa coñecen o calendario de competición para 2009-10. Son o Infantil A e o Cadete, que comezarán cadansúa liga autonómica o sábado 24 de outubro. Ambos os conxuntos dispu...
Primeira vitoria do Vista Alegre en División de Honra tras vencer o Burela FSF por 2-1 ao Logroño 10/10/2009
Vista Alegre celebrou a súa primeira vitoria en División de Honra tras o triunfo cultivado polo Burela FSF Pescados Rubén ante o Logroño (2-1). O conxunto dirixido por Javier Pardeiro sufriu máis do n...
O Burela rescata un punto en El Escorial logo dunha segunda parte vibrante 10/10/2009
O Burela FS ofreceu dúas versións diferentes na súa visita a El Escorial onde recolleu un empate tras finalizar o choque con espectacular 6-6. A pesar de ir sempre a remolque os de Suso Rey lograron m...
A brasileira Adriana da Costa, última incorporación no vestiario de Pardeiro 09/10/2009
O técnico burelista Javier Pardeiro xa conta cunha nova cara no vestiario de Honra. Chámase Adriana da Costa, máis coñecida como Drica, e foi presentada oficialmente esta mañá nas oficinas do CD...
Os laranxas esperan manter o seu bo momento ante El Escorial, penúltimo de grupo 09/10/2009
Un animoso CD Burela FS viaxa na quinta xornada de Prata a terras madrileñas para enfrontarse mañá ao Camping-El Escorial, penúltimo do Grupo Norte que aínda non conseguiu puntuar na competición ligue...
O Burela FSF loitará polos primeiros puntos locais co debut de Souza 09/10/2009
O Burela FS Feminino Pescados Rubén volve a Vista Alegre este sábado (18.30 horas) coa esperanza de repetir na cuarta xornada de Honra a fazaña da semana pasada en Córdoba. As pupilas de Javier Pardei...
Resultados da EDM Burela FS 05/10/2009
A EDM Burela FS comezou o curso con dúas vitorias e dúas derrotas ante o Azkar Lugo, nos amigables disputados o sábado pasado en Vista Alegre: EDM Burela FS Prebenxamín A 1-2 Azkar Lugo Prebenxamín...
Golpe de efecto do equipo feminino en Córdoba (3-4) na súa primeira vitoria da tempada 04/10/2009
O equipo de Pardeiro fíxose coa vitoria (3-4) na pista máis complicada da categoría: as andaluzas levaban dous anos sen perder na casa en División de Honra. Deste xeito, o Burela FSF Pescados Rubén de...
O Burela FS vence a Talavera (3-2) e sobe de novo aos postos de cabeza 03/10/2009
A vitoria do conxunto de Suso Rey ante os casteláns (3-2) permite aos da Mariña establecerse nos postos de privilexio na xornada previa á visita ao pechacancelas da categoría: o Camping El Escorial....
As pupilas de Pardeiro visitan a pista do titán cordobés en domingo 02/10/2009
A terceira xornada da División de Honra non anuncia unha fin de semana nada doada para o Burela FS Feminino Pescados Rubén. As pupilas de Javier Pardeiro viaxarán a Andalucía para enfrontarse ao titán...
Os grandes favoritos chegan á Mariña dende Talavera 02/10/2009
Ao Burela FS tocaralle recibir, na súa cuarta xornada de Prata, a un dos grandes favoritos do Norte, o Grupo Empresas Talavera, que chega á Mariña igualado cos laranxas na táboa; Vista Alegre acollerá...