2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Cuartos provinciais, próximo chanzo para Cadetes e Infantís 30/04/2013
O Cadete A e o Infantil B do Burela FS Pescados Rubén subirán un novo chanzo na competición de Deporte Escolar o sábado, coa disputa de Cuartos de Final de Provincial en Lugo. O Politécnico acollerá o...
Presentación de candidaturas á Xunta Directiva do CD Burela FS, entre o 1 e o 15 de maio 30/04/2013
O prazo de presentación de candidaturas ás eleccións da Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén (sábado 1 de xuño) estará aberto entre o 1 e o 15 de maio, segundo quedou aprobado en Asembl...
O Comité de Competición da RFEF exclúe o Puertollano de Primeira División 30/04/2013
O Comité de Competición de RFEF sancionou o Puertollano FS, club de Primeira División da LNFS, coa exclusión da competición coas consecuencias que prevé o artigo 77.2 do Código Disciplinario da RFEF...
Resultados de base 29/04/2013
Partidos amigables Categoría benxamín ED EON Burela FS 5 – AD Santiago de Foz 4 Categoría prebenxamín ED EON Burela FS 3 – AD Santiago de Foz 9  Categoría Infantil. Fase previa. Campe...
Meritoria cuarta praza para o Burela FS B 29/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén B finalizou a súa primeira tempada ligueira en Terceira nunha meritoria cuarta praza. O último compromiso, en derbi comarcal ante A Fuga Xove FS, deulles a vitoria aos lar...
Derrota do Burela Pescados Rubén no templo segoviano 27/04/2013
O Caja Segovia impúxose ao Burela Pescados Rubén por 3-0 nun duelo igualado que se decantou no último minuto do primeiro periodo. Ata ese momento, ambos conxuntos ofreceron un partido de alto ritmo e...
A batalla continúa 27/04/2013
A Bombonera comeza a ruxir e invoca aos seus fieis guerreir@s para protexer ás cazadoras de soños que alimentan a súa ilusión e orgullo. Queda un obxectivo por conquistar, Roldán, para dirimir o duelo...
O Infantil A, primeiro en estrearse no Campionato Provincial 26/04/2013
O ED EON Burela FS Infantil A será o primeiro representante laranxa en estrearse no Campionato Provincial de Deporte Escolar. Como segundo clasificado da liga, terá o compromiso de medirse ao segundo...
Unha cancha histórica, na despedida burelista a domicilio 26/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén despedirá os compromisos a domicilio da súa primeira tempada na máxima categoría nunha das canchas históricas. Desde a cuarta praza (50 puntos), o Caja Segovia recibirá os...
Lidia e Jozi, nas xornadas de Igualdade e Muller do CEIP Sagrado Corazón de Ribadeo 26/04/2013
A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías e a gardameta Joziane de Oliveira  compartiron esta mañá unha entretida visita co alumnado do CEIP Sagrado Corazón de Ribadeo. A igualdade e...
Construíndo un soño 26/04/2013
Tres partidos. Nove puntos. Este é o novo desafío que deben superar as guerreiras laranxas para saborear a gloria das campionas. A ponte deseñada por Javier Pardeiro e executado excepcionalmente polas...
O alevín Michael, segundo premio no concurso da LNFS ¡Entrena tu Mente! 25/04/2013
O alumno da ED EON Burela FS Michael Chumacero conseguiu o segundo premio no concurso de relatos curtos da Liga Nacional de Fútbol Sala, "Lee, Escribe... ¡Entrena tu Mente!", coincidindo co Día Intern...
O CD Burela FS convoca eleccións para o 1 de xuño 23/04/2013
O CD Burela FS Pescados Rubén terá nova Xunta Directiva. Así o acordou onte a Asemblea Extraordinaria de Socios/as, que aprobou a proposta de  convocar eleccións para o sábado 1 de xuño. Os socio...
O espírito laranxa réndese á literatura de Rosalía de Castro 23/04/2013
O CD Burela FS Pescados Rubén participou hoxe nunha das súas citas habituais da primavera, conmemorando do Día Internacional do Libro co Maratón de Lectura que este ano o Colectivo Cultural Buril de B...
Tropezo laranxa na recta final 22/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén B caeu na pista do Vilalba FS o sábado, a pesar de marcar o ritmo no marcador durante toda a primeira parte (5-3). Este pequeno tropezo relega os mariñáns da segunda á cuart...
O Cadete A, campión comarcal 22/04/2013
O Cadete A do Burela FS Pescados Rubén alzouse co título no Campionato Comarcal de Deporte Escolar o sábado en Foz. Este triunfo outórgalle o billete para competir no Provincial a partir do 27 de abri...
Táboas no espectáculo lucense da elite (2-2) 20/04/2013
Burela FS Pescados Rubén e Azkar Lugo festexaron este mediodía en Vista Alegre o espectáculo lucense da elite con empate (2-2), nunha xornada na que se materializou a permanencia matemática dos laranx...
Brillante remontada das laranxa en Ourense (4-5) 20/04/2013
As laranxas recolleron o valiosísimo froito dos tres puntos en Ourense, que as mantén líderes de Primeira División RFEF (61 puntos) tras un inusual encontro ante o Cidade das Burgas que finalizou con...
Vilalba, último compromiso a domicilio para o Burela FS B 19/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén B pechará os compromisos a domicilio na pista do Vilalba FS mañá (19.00 horas) custodiando o título da segunda praza. O cadro de Iván Cao, Lucas, segue dependendo de si me...
Castrexos versus romanos 19/04/2013
A cita entre castrexos e romanos achégase. Día: 20 de abril. Hora: 13.00. Lugar: Burela. Escenario: Vista Alegre e a pista azul de LNFS. Protagonistas: Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo. Testemuñ...
O Burela FS estrea a Copa Xuvenil con visita do Azkar 18/04/2013
O derbi provincial entre transportistas e laranxas non só se verá esta fin de semana en Primeira División. O Burela FS Pescados Rubén estreará o periplo da Copa de Liga Nacional Xuvenil coa visita do...
Recta final para Autonómica e primeiros pasos para Deporte Escolar e Copa Xuvenil 18/04/2013
As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén diversifican competicións esta fin de semana en fases moi diferentes. Xuvenís, cadetes e infantís afrontan a recta final de Autonómica con tripla cit...
Cadetes e alevíns, rumbo á final do Campionato Comarcal (Foz, sábado 20) 17/04/2013
A base do Burela FS Pescados Rubén contará coa presenza de tres equipos, nas categorías cadete e alevín, na final do Campionato Comarcal de Deporte Escolar que se disputará o vindeiro sábado, 20 de ab...
A Pataca Naranxa tamén estará en Segovia 17/04/2013
Despois da avalancha de Santiago, A Pataca Naranxa xa ultima outro desprazamento para seguir apoiando incondicionalmente ao Burela FS Pescados Rubén. O próximo destino será Segovia, para medirse ao Ca...
Resultados de base 15/04/2013
Liga Autonómica Cadete   Colegio Liceo 6-2 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Colegio Liceo 2-0 ED EON Burela FS   Amigables ED EON Burela FS Infantil B 4-0 ED EON Burela FS Alevín &...
O Burela FS B conserva a segunda praza tras o 2-0 ao Coruxo 15/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén B segue na segunda praza da Terceira División, privilexio concedido polo 2-0 ante o Coruxo. Con este resultado, os pupilos de Lucas avantaxan en cinco puntos aos vigueses e...
Derbi galego con sabor mariñano 13/04/2013
O Burela Pescados Rubén conquistou o derbi galego no Multiusos Fontes do Sar tras derrotar ao Santiago Futsal por 1-2, nun duelo trepidante e con grandes doses de emoción. Con esta vitoria, a escuadra...
Goleada e liderato 13/04/2013
Festival goleador e liderato para o Burela Pescados Rubén que endosou un contundente 10-0 a un voluntarioso pero inofensivo Femení Centelles. O duelo desigual entre a candidatura laranxa ao título e o...
Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as 12/04/2013
 A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o luns 22 de abril de 2013. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (anti...
Colegio Liceo, obxectivo por partida dobre 12/04/2013
A axenda da ED EON Burela FS Pescados Rubén trae dobre compromiso ante o Colegio Liceo, en Liga Autonómica. O domingo pola tarde os conxuntos cadete e infantil desprazaranse ata A Coruña para enfronta...
Sprint final para defender a Prata de Terceira 12/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén B asume o sprint final do seu debut na Terceira División coa defensa da Prata. Dende a segunda praza (52 puntos) e nunha zona alta da táboa moi axustada, o cadro laranxa r...
Festa galega do fútbol sala 12/04/2013
O pabellón Multiusos Fontes do Sar acolle a festa galega do fútbol sala entre o Santiago Futsal e o Burela Pescados Rubén, sábado día 13, a partir das 18.00 horas.
Asalto ao liderado 12/04/2013
A falta de seis xornadas para finalizar a competición, o Burela Pescados Rubén mantén intactas as súas opcións por conquistar o título da Primeira División RFEF.
Xunt@s, na busca do título de Primeira 09/04/2013
A falta de seis xornadas para o remate ligueiro, o Burela FS Pescados Rubén de Javier Pardeiro segue dependendo de si mesmo para incluír na vitrina laranxa o primeiro título da elite futbolística para...
Os tres puntos do derbi ante o Superti soben á cuadrícula laranxa (1-2) 08/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén B subiu á súa cuadrícula os tres puntos do derbi ante o Rececende Superti-A Pontenova, con 1-2. O control do Burela FS sobre a pista non se puido materializar na portería at...
Noé Cabana e Cristian García proclámanse campións de España con Galicia Infantil e Cadete 08/04/2013
Os laranxas Noé Cabana e Cristian García regresaron esta fin de semana de de terras valencianas co título de España Infantil e Cadete respectivamente, no Campionato de Seleccións de Base de Oropesa de...
Os xuvenís, subcampións da Liga Nacional 08/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén Xuvenil clausurou onte a competición de Liga Nacional como segundo clasificado. Con 58 puntos, os rapaces de Lucas cumpriron o obxectivo para pelexar por todo, impoñéndose c...
Demasiados castigo para os laranxas (1-4) 06/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén non puido brindar esta tarde a ansiada vitoria á súa afección para completar o voo da etapa Juanlu. Os laranxas recibiron un castigo excesivo na visita do Ribera Navarra FS...
O Burela FS mantense firme con triunfo contundente en Valladolid (3-6) 06/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén mantense firme ao axexo do cume de Primeira División RFEF tras o contundente triunfo desta tarde na complicada pista do Valladolid (3-6). As pupilas de Javier Pardeiro demos...
Na loita pola segunda praza de Terceira 05/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén B segue coa segunda praza no punto de mira. A falta de catro xornadas e despois de impoñerse ao Pazos de Borbén (4-1) antes de Semana Santa, os laranxas continúan con opción...
Pucela no punto de mira 05/04/2013
O Burela Pescados Rubén desprázase a Valladolid para disputar a vixésimo cuarta xornada da Primeira División e conquistar unha nova vitoria que lle permita seguir soñando co título ligueiro. O duelo...
Dúas alumnas do IES Monte Castelo incorporaranse á dinámica do Burela FS 04/04/2013
A partir do 8 de abril, dúas alumnas de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo de Burela incorporaranse á dinámica de traballo do CD Burela FS Pescados Rubén para comezar as prácticas...
A bicicleta MMR doada por Cerezo Bikes xa roda pola vila burelá 04/04/2013
Os xerentes de Cerezo Bikes, o ex–ciclista José Antonio Cerezo e a duatleta María Fernández, fixeron entrega hai uns días da bicicleta MMR doada ao CD Burela FS para un sorteo. O posuidor do númer...
Unha marea laranxa, preparada para irromper na capital galega 03/04/2013
A peña Pataca Naranxa acompañará o CD Burela FS Pescados Rubén no seu desprazamento á capital galega, o sábado 13 de abril, para medirse ao Santiago Futsal. Ata o xoves 11 de abril todos os socio...
Dobre representación burelista no Campionato Nacional de Seleccións de Oropesa (5-7 de abril) 03/04/2013
Galicia acudirá ao Campionato Nacional de Seleccións de Oropesa (5-7 de abril), con dobre representación burelista, o infantil Noé Cabana e o o cadete Cristian García. O combinado irmandiño cad...
Brillante participación do Burela FS no I Trofeo Kelme Ciudad de Segovia 01/04/2013
O Burela FS Pescados Rubén completou esta Semana Santa unha brillante participación no I Trofeo Kelme de Fútbol Sala Cadete Ciudad de Segovia, coándose nas semifinais e rematando en cuarta posición. O...
Marca TV volve a Vista Alegre (sábado 20): Burela FS-Azkar Lugo 01/04/2013
Marca TV volverá esta tempada a Vista Alegre para retransmitir a 24ª xornada de Primeira LNFS, o gran duelo provincial entre castrexos e romanos. O Burela FS Pescados Rubén saltará á pista o sábado 20...