Javi Rodríguez e Christian Chao volverán a vestir a camiseta laranxa
Rodríguez, á canario de 20 anos de idade, volve ao Burela FS xunto co á-peche viveirense, logo de que ambos xogaran cedidos no Lanzarote Tías Yaiza durante a pasada tempada. Os xogadores laranxas foron protagonistas do excelente ano feito polo club das illas, que xogou a fase de ascenso a Honor no grupo A.
Ademais de anotar dous goles en nove partidos co primeiro equipo laranxa na tempada 2007/08, Javi Rodríguez tamén formou parte do conxunto xuvenil que foi campión de Liga e da selección galega, coa que conseguiu o campionato de España sub-19 no mesmo ano. Pola súa parte, Chrístian, fichou polo Burela a tempada pasada, procedente do Puerto de Celeiro.
O novo adestrador burelao, Suso Rey, xa adiantou que ten intención de configurar un bloque que combine experiencia e xuventude, e os dous xoves talentos serán pezas importantes no proxecto do club para este ano.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas