19/08/2009

Matrícula 2009-10 para a Escola Deportiva Burela FS

Matrícula 2009-10 para a Escola Deportiva Burela FS

Un ano máis o CD Burela FS volve apostar polo ensino de base con profesorado especializado a través da súa escola, que dende hoxe e ata o 4 de setembro manterá aberto o prazo de matrícula para 2009-10.


No vindeiro curso a escola burelista abranguerá catro categorías, entre prebenxamín e infantil; os cadetes e xuvenís pasarán a formar parte das categorías inferiores dos primeiros equipos.


O prezo da matrícula para o curso 2009-10 será de 20 euros, cunha cota engadida de 30 euros por trimestre (outubro, xaneiro e abril). O club proporcionaralle a cada alumno/a da escola dúas camisetas, un pantalón curto de adestramento e unha mochila; o chándal será o mesmo da tempada pasada e o seu custo deberá ser asumido polo alumnado, no caso de ser necesario. Para formalizar a matrícula, o/a rapaz/a terá que achegar dúas fotos tamaño carné e a fotocopia do DNI.


Este será o terceiro ano de xestión para o CD Burela FS na escola municipal de fútbol sala. Tan só en 2008-09, uns 200 nenos/as de entre 6 e 16 anos vestiron a camiseta laranxa nas competicións escolares.


 


Reunión cos pais e nais


 


A dirección da EDM CD Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o 5 de setembro, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso 2009-10. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios:


 


10.30 horas – Prebenxamín (nados/as en 2002-03)


11.15 horas – Benxamín (nados/as en 2000-01)


12.00 horas – Alevín (nados/as en 1998-99)


12.45 horas – Infantil (nados/as en 1996-97) 


 


Todas aquelas persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.