24/08/2009

O Burela FS cae na semifinal do Celso Currás ante un Lobelle agresivo (2-5)

O Burela FS cae na semifinal do Celso Currás ante un Lobelle agresivo (2-5)

O CD Burela FS regresou á casa sen poder gozar da gran final do V Memorial Celso Currás de Trabada despois de caer ante o xogo agresivo do Autos Lobelle Santiago FS (2-5).


A pesar das ausencias de Juampe, Minu, Christian e Brais, os pupilos de Suso Rey souberon facer fronte ao equipo de Honra, que botou man de duras entradas durante o partido. As cousas comezaron ben para o equipo laranxa, co 1-0 de Javi Rodríguez (minuto 11), aínda que ao descanso o marcador xa beneficiaba aos composteláns (1-2).


Con 1-3, na segunda parte, chegou a xogada máis polémica do encontro (minuto 27): a entrada de Leitão sobre Dani Martín, que tivo que ser trasladado ao Hospital da Costa para valorar a súa lesión de xeonllo. A portería de Edu encaixou outros dous goles do Lobelle e o ataque burelista non se viu materializado ata o minuto 40, cun novo tanto de Javi Rodríguez, co 2-5 final. 


Marfil, gañador


Despois de vencer na semifinal ao Azkar Lugo FS (3-2), o Marfil Santa Coloma conseguiu impoñerse ao Lobelle (3-5) e proclamouse campión do V Memorial Celso Currás.


Aínda que o descanso chegou con 2-1 para os composteláns, o equipo do ex-adestrador burelista, Juan Miguel García ‘Juanito’, soubo aproveitar o segundo tempo. A falta de 3 minutos o conxunto catalán puido avantaxar aos de Tomás de Dios co 3-4, grazas a Óscar Redondo. Despois da saída do porteiro-xogador santiagués, chegou o 3-5 a través dun roubo de Salgado.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.