26/08/2009

Os burelistas fraquean ante o Marfil (3-6) tras unha primeira parte impecable

Os burelistas fraquean ante o Marfil (3-6) tras unha primeira parte impecable

O electrónico non acompañou onte aos burelistas no seu amigable ante o Marfil Santa Coloma (3-6) en Noia, a pesar do brillante xogo laranxa.


Impecable foi a primeira parte do CD Burela FS, que conseguiu marcar unha distancia de 3-0, grazas a Juanma (minutos 3 e 11) e Juampe (minuto 10). O dominio dos de Suso Rey mantívose intacto practicamente ata o descanso; cumpríndose o minuto 20, o Marfil anotou o 3-1.


Co reinicio do encontro, Edu cedeulle a defensa da portería a Brais e o conxunto laranxa comezou a acusar a escaseza de cambios, con tan só tres xogadores no banco. Os pupilos de Suso Rey non puideron impedir o empate dos colomenses (minutos 21 e 26), que tiveron a intensidade suficiente para culminar as súas finalizacións noutras tres ocasións (minutos 30, 31 e 33).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.