31/08/2009

Golpe de autoridade laranxa na Copa Galicia Feminina

Golpe de autoridade laranxa na Copa Galicia Feminina

O Burela FS Feminino deu unha lección de xogo maxistral no seu primeiro encontro da pretempada, fronte ao Viajes Amarelle, nos cuartos da XIX Copa Galicia, cun contundente 5-0.


O sábado pasado, Vista Alegre rendeuse ante as pupilas de Javier Pardeiro, que impuxeron unha intensidade propia da máxima categoría, na que debutarán en pouco menos dun mes. Lidia Mesías, Lucía Nespereira e Raquel de Souza demostraron a súa perfecta integración no groso do cadro que en 2008-09 logrou o ascenso. Precisamente foi a brasileira, Souza, quen fulminou a portería rival; no minuto 13 xa conseguira o 3-0, traballo que completou Lara, cun tanto máis (minuto 17) antes do descanso. Na segunda parte, as burelistas negáronse a baixar o ritmo; aínda que o Viajes Amarelle, de Prata, tivo máis opcións de chegar á área laranxa, o Burela FSF dispuxo unha defensa invencible. Ro rematou o encontro no minuto 39, co 5-0 final.


Saltaron á pista Irene, Souza, Claudia, Lucía e Dolo, no quinteto inicial. Ademais xogaron Ro, Cuchi, Lidia e Lara; a benxamín do equipo, Carla, tamén gozou duns minutos baixo os paus burelaos, demostrando as súas magníficas habilidades.


Próxima cita


O conxunto laranxa disputará mañá, martes, o seu segundo e último encontro desta eliminatoria da Copa. Será en Santiago de Compostela (pavillón de Restollal, ás 20.00 horas), ante o Funeraria Apóstol FS, de Autonómica.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.