02/09/2009

Cidade de Narón será o rival do Burela FS nos cuartos da Copa Galicia

Cidade de Narón será o rival do Burela FS nos cuartos da Copa Galicia

O CD Burela FS, subcampión da Copa Galicia en 2008, terá que enfrontarse ao Cidade de Narón, de Primeira Nacional A, nos cuartos da décimo novena edición da competición autonómica. Así quedou reflectido onte pola tarde no sorteo realizado pola Federación Galega de Fútbol Sala; o partido será o mércores 9 de setembro, ás 21.30 horas, na vila naronesa.


Nos outros emparellamentos, o vixente campión, Autos Lobelle de Santiago, medirase ao CalotoLoyo de Sarria, Azkar Lugo xogará con Ciudad Termal Boston Ourense e o cuarto encontro protagonizarano O Carballiño e O Parrulo.


A eliminatoria de cuartos será a partido único e na casa do equipo de menor categoría. Os conxuntos que pasen a rolda clasificaranse directamente para a final a catro, sendo os cruzamentos de semifinais vencedor 1 contra vencedor 2 e vencedor 3 contra vencedor 4. No caso superar a fase, o CD Burela FS enfrontarase en semifinais ao gañador de CalotoLoyo-Lobelle.


CUARTOS


1.- O Carballiño – O Parrulo
2.- Ciudad Termal Boston Ourense – Azkar Lugo
3.- Cidade de Narón – CD Burela FS
4.- CalotoLoyo – Autos Lobelle de Santiago


Esta será a segunda cita do equipo de Suso Rey co Cidade de Narón no que vai de pretempada. Na presentación do Burela FS, o pasado 28 de agosto en Vista Alegre, os laranxas impuxéronse por 4-1, con goles de Javi Rodríguez, Juampe, Dani Martín e Purao.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.