08/09/2009

O Burela FS clausura a pretempada en Narón, coa Copa Galicia

O Burela FS clausura a pretempada en Narón, coa Copa Galicia

O CD Burela FS remata as súas citas de pretempada mañá, mércores, cos cuartos da XIX Copa Galicia na pista do Cidade de Narón; o pavillón das Gándaras acollerá o encontro a partir das 20.30 horas.


Os pupilos de Suso Rey mediranse aos naroneses, de Primeira Nacional A, por segunda vez na pretempada. Na presentación do Burela FS, o pasado 28 de agosto en Vista Alegre, os laranxas non lle deron moitas opcións ao rival coruñés, cun resultado final de 4-1.


Neste último amigable antes do comezo ligueiro, que arrancará o sábado 12 de setembro coa viaxe do cadro laranxa a Andorra, Suso Rey poderá dispoñer de todos os seus xogadores por primeira vez dende o inicio de pretempada.


No caso de superar esta fase, os burelistas teranse que enfrontar en semifinais ao gañador de Muebles Caloto-Autos Lobelle de Santiago, partido previsto inicialmente en torno ao 15 de setembro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.