11/09/2009

Os carnés de socios/as 2009-10 xa están dispoñibles

Os carnés de socios/as 2009-10 xa están dispoñibles

Dende xa, os/as socios/as do CD Burela FS poden retirar os seus carnés nas oficinas do club (avda. Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).


Os abonos para 2009-10 conservan as tarifas da tempada pasada e con eles os socios e socias poderán asistir aos partidos do equipo masculino, en Prata, e do feminino, en Honra. O individual é de 75 euros e o familiar de 125; o xuvenil (14-17 anos) custa 25 e o universitario e de xubilado son de 60 euros. A entidade laranxa recorda que, para recoller as devanditas acreditacións, se deberá presentar o xustificante bancario, no caso de optar pola domiciliación como forma de pagamento.


O equipo masculino, dirixido por Suso Rey, comezará a liga en terras andorranas, o 12 de setembro; o primeiro partido en Vista Alegre será o correspondente á segunda xornada, o sábado 19, ante La Muela-Aragón (18.30 horas). Baixo as ordes de Javier Pardeiro, o Burela FS Feminino estrearase na elite futbolística o día 19, tamén como visitante, ante o Gironella; o día 26 (18.30) xogará para a afección da bomboneira fronte ao Campillos.


Non socios/as. Cara á tempada 2009-10, a xunta directiva decidiu conxelar os prezos para os partidos do primeiro equipo masculino disputados en Vista Alegre: 7 euros, a entrada de adultos/as, e 3 a xuvenil (de 14 a 17 anos), mentres que os/as menores de 14  terán acceso libre.


Nos partidos do conxunto feminino, en Honra, só terán que retirar entrada os maiores de 18 anos, a 3 euros. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.