17/09/2009

Pescados Rubén será o patrocinador principal do Burela FS Feminino

Pescados Rubén será o patrocinador principal do Burela FS Feminino

Pescados Rubén volve demostrar o seu fondo compromiso co deporte da Mariña co apoio ao fútbol sala e ao CD Burela FS. En 2009-10 será o  patrocinador principal do Burela FS Feminino na súa inminente estrea na División de Honra. As oficinas da empresa na vila burelá acolleron onte a presentación da equipación que lucirá o cadro de Javier Pardeiro na máxima categoría do fútbol sala por toda España; no acto estiveron presentes Rubén Blanco, fundador da factoría, e a súa dona, Cesarina Fanego, o actual xerente, Rubén Blanco Fanego, e o vicepresidente da entidade laranxa Manuel Blanco.


Máis de trinta anos de experiencia avalan a Pescados Rubén na comercialización nacional e internacional de produtos do mar. A empresa, con sede no concello lugués de Foz, posúe un cadro que se aproxima ao centenar de empregados e caracterízase por establecer unha relación próxima e duradeira con clientes e provedores.


Tamén apoian o proxecto feminino a través do patrocinio a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Vicepresidencia Terceira  e a Área de Igualdade da Deputación de Lugo mais Xacobeo 2010, ademais de Elena Varela Peluquerías e o IES Monte Castelo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.