19/09/2009

O Burela confirma, ao vencer por 2-1 a La Muela, o seu bo arranque ligueiro

O Burela confirma, ao vencer por 2-1 a La Muela, o seu bo arranque ligueiro

Triunfo axustado por 2-1 do Burela FS na súa posta de longo ante a súa afección que tivo que sufrir ata o asubío final para saborear os tres puntos. Con esta vitoria os laranxas confirman o seu bo arranque de campionato no que tamén o Talavera, Xixón El Llano e Avilés suman dous triunfos.


O marcador non fixo xustiza ao visto sobre a pista de Vista Alegre xa que os burelenses gozaron de numerosas ocasións para gañar con maior tranquilidade. O temperán tanto de Minu, tras asistencia de Juanma, e a superioridade laranxa presaxiaban un choque de clara cor local pero o desacerto na definición permitiu ós aragoneses manterse con vida. Unicamente nos minutos finais do primeiro período os visitantes lograron respirar da asfixiante presión do Burela, aínda que o marcador permaneceu inmóbil (1-0) ata o descanso.


No segundo acto, o conxunto dirixido por Suso Rey mantivo o seu guión orixinal coas ideas claras e mantendo a intensidade no xogo, aínda que os visitantes mostraron maior perigo que no primeiro período. O capitán burelense, Juanma, canalizou o choque ao marcar o 2-0 que serviu de preámbulo para unha secuencia de oportunidades laranxas que non chegaron a bo porto. Así se chegou ao tramo final do choque no que a emoción subiu as súas pulsacións ao conseguir La Muela marcar o 2-1, tanto conseguido por San Miguel. O Burela puido certificar o triunfo por mediación de Juanma, Revilla e Dani Martín pero foi Edu quen se erixiu como protagonista final ao deter dúas claras ocasións que evitaron o empate aragonés.


 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.