Debut amargo na División de Honra Feminina do Burela Pescados Rubén
O Burela FSF Pescados Rubén debutou con derrota na División de Honra ao caer na pista do Gironella por 4-0. As galegas saltaron á pista con excesivos nervios e pagaron a peaxe da súa estrea na categoría durante os dez primeiros minutos do encontro. O cadro catalán aproveitou a súa maior experiencia para conseguir unha cómoda renda de 3-0; Berta, Bosch e Rosana en propia meta marcaron os goles locais, aos nove minutos de xogo.
Co partido costa arriba, as pupilas de Javier Pardeiro comezaron a sacudirse o dominio do Gironella e mostraron unha tímida reacción que resultou insuficiente para recortar diferenzas antes do descanso. A segunda parte nada tivo que ver co primeiro período, o Burela variou sensiblemente a súa disposición na pista e logrou ter máis a posesión do coiro pero as ocasións laranxas foron neutralizadas, unha e outra vez, pola porteira local, Noelia, que marcou a diferenza nesta fase do encontro. A sentenza final chegou por mediación de Berta (4-0) que aproveitou a única oportunidade clara do seu equipo no segundo período para liquidar o encontro.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas