28/09/2009

Conclusións optimistas en 'Mulleres no deporte'

Conclusións optimistas en 'Mulleres no deporte'

A charla-café ‘Falemos de… Mulleres no deporte’, na que participou a xogadora laranxa Rosana Carballés o venres pasado, fixo un repaso sobre a presenza feminina no deporte e as conclusións non foron nada desalentadoras. A través de múltiples anécdotas e xunto á burelista Ro, a psicóloga deportiva Juana Blanco, a vicepresidenta de Mudega, Mercé Barrientos, e a atleta ribadense Ana Ferradás coincidiron en que a muller ten avanzado moito no deporte pero que aínda queda un longo camiño para conseguir a igualdade de xénero neste ámbito. 


Con esta cita na cervexería burelá Tapiñas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade quere consolidar a proposta do ciclo de charlas ‘Falemos de…’, dada a excelente acollida que tiveron as dúas anteriores sesións desenvolvidas antes do verán en Ribadeo y Burela, centradas en temas relevantes en relación coa igualdade de xénero.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.