09/10/2009

A brasileira Adriana da Costa, última incorporación no vestiario de Pardeiro

A brasileira Adriana da Costa, última incorporación no vestiario de Pardeiro

O técnico burelista Javier Pardeiro xa conta cunha nova cara no vestiario de Honra. Chámase Adriana da Costa, máis coñecida como Drica, e foi presentada oficialmente esta mañá nas oficinas do CD Burela FS polo directivo da entidade laranxa Luis Antonio Guillén.


A ala-pivote brasileira, pentacampioa do seu país co Sabesp e bicampioa coa selección paulista, chegou ao fútbol sala español en 2004 para militar no antigo Goierri KE de Honra; o seguinte destino na elite foi o Diamante Rioja, entre 2005 e 2007.


Afastada temporalmente do mundo deportivo, Drica, de 30 anos, decidiu volver poñer as zapatillas e saltar de novo ás pistas porque “o fútbol é a miña vida”; escolleu o Burela FS para a súa nova etapa aconsellada por unha amiga de sempre, Souza, coa que coincidiu xogando no Brasil: “Raquel foi a que me orientou; deume excelentes referencias do club e do grupo humano que configura a sección feminina”. A última incorporación laranxa non dubidou en gabar o seu novo conxunto: “Pode ser unha das sorpresas da categoría. O Burela ten un vestiario moi unido que ten os obxectivos moi claros e se compenetra á perfección na pista. Eu intentarei proporcionar toda a miña axuda para cumprir esas metas”, concluíu Drica.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.