O Burela FSF loitará polos primeiros puntos locais co debut de Souza
O Burela FS Feminino Pescados Rubén volve a Vista Alegre este sábado (18.30 horas) coa esperanza de repetir na cuarta xornada de Honra a fazaña da semana pasada en Córdoba. As pupilas de Javier Pardeiro loitarán polos primeiros puntos locais, ante o Kupsa 4 Arcos Logroño, con dobre inxección de moral, polo histórico triunfo na pista do Cajasur cordobés (3-4), que levaba preto de dous anos invicto, e polo regreso de Raquel de Souza, que se poderá estrear na liga tras cumprir unha sanción pendente da tempada pasada.
Liberadas xa do lastre dos 0 puntos, as burelistas saltarán á bomboneira para medirse a un equipo con dúas tempadas de bagaxe na elite futbolística. As rioxanas, que en 2007-08 tiveron a permanencia en dúbida ata a última xornada e en 2008-09 acadaron a décima posición, ocupan agora o sexto posto con 5 puntos. Tras senllos empates nas dúas primeiras xornadas, o Logroño tamén conseguiu a primeira vitoria, coma as laranxas, a semana pasada, pero ante un rival menos perigoso ca o do Burela FS, o Teldeportivo Preconte; o Kupsa Logroño conseguiu a vitoria na casa, ante un dos ascendidos, cun axustado 2-1.
Nesta segunda cita local da elite, Javier Pardeiro contará con todo o cadro laranxa. Ademais do debut de Souza, que xa deu boas mostras das súas aptitudes durante a Copa Galicia, o preparador tamén poderá dispoñer da última incorporación, Drica.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas