10/10/2009

O Burela rescata un punto en El Escorial logo dunha segunda parte vibrante

O Burela rescata un punto en El Escorial logo dunha segunda parte vibrante

O Burela FS ofreceu dúas versións diferentes na súa visita a El Escorial onde recolleu un empate tras finalizar o choque con espectacular 6-6. A pesar de ir sempre a remolque os de Suso Rey lograron manterse vivos e uns centímetros separaron a Dani Martín de conseguir o triunfo cando o choque languidecía.


O primeiro período foi totalmente gris para os mariñáns que concederon demasiadas vantaxes a un conxunto madrileño que, a pesar de chegar ao descanso con 2-0, non logrou rendibilizar ao máximo as concesións laranxas. Boa proba diso foron os minutos que El Escorial xogou con superioridade numérica por expulsión de Javi Rodríguez.


Na continuación, a pesar do 3-0 logrado por Aranda, autor dun hat-trick, os burelenses sacaron a relucir a súa mellor cara. A esperada reacción chegou por mediación de Cristian que estableceu o 3-1 e foi vítima dun penalti que marcou Juanpe (3-2). A partir de aquí abriuse unha batalla psicolóxica, os locais ampliaban a súa renda pero, acto seguido, o Burela respondía con un novo tanto. O intercambio de golpes era continuo e os mariñáns lograron rescatar un punto na recta final; Dani Martín marcou o 6-5 a dous minutos do final aproveitando o xogo con porteiro-xogador pero sería Minu quen selase o empate final cun disparo cruzado que se coou pola escuadra.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.