31/10/2009

O conxunto laranxa continúa líder malia derrota (2-3) ante o Gijón

O conxunto laranxa continúa líder malia derrota (2-3) ante o Gijón

Podía durmir o Burela FS como líder en solitario, cunha renda de tres puntos tras o empate do Avilés, pero un segundo tempo pouco inspirado arruinou o bo traballo feito polos de Suso Rey na primeira metade. O Gijón-El Llano venceu en Vista Alegre (2-3) logo dun gol no último minuto de Aramburu, cando xa non quedaba tempo para máis. O conxunto laranxa sufriu inxustamente durante a primeira parte, cando despregou un xogo que asfixiou os asturianos e puido anotar media ducia de goles, pero segue líder empatado a puntos con Avilés e El Llano. Malia a exhibición de xogo, comezou anotando o Gijón por mediación de Luisjo (0-1. Minuto 2). Javi Rodríguez empatou no minuto 10 (1-1) e ata o minuto 24 non se puxo por diante o Burela FS (2-1, Dani Martín).


Os asturianos crearon multitude de ocasións e puideron marcar máis goles. Certo é que a arbitraxe foi desastrosa e que os mariñaos tiveron as súas oportunidades, pero soubo a pouco o segundo tempo. Israel anotou logo de quedarse os xogadores do Burela parados, por interpretar unha acción que o árbitro non viu, e Aramburu estivo listo no último suspiro cando cruzou un remate desde a frontal da área ao que non chegou Edu. O de Narón é historia á parte. Estivo inspirado e foi determinante nos segundos vinte minutos, nos que o cadro laranxa concedeu demasiadas ocasións aos xixoneses. Sempre enchufado, sempre alerta. Había un afeccionado visitante na bancada que non paraba de levar as mans á cabeza. Os seus xestos non podían pasar desapercibidos. Era a primeira vez que vía cousa á maneira na portería.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.