04/11/2009

7 de novembro, primeira cita para a EDM Burela FS en Deporte Escolar

7 de novembro, primeira cita para a EDM Burela FS en Deporte Escolar

Seis equipos da EDM Burela FS comezarán o vindeiro sábado, 7 de novembro, a súa aventura 2009-10 na liga de Deporte Escolar; os agraciados competirán nas categorías de benxamín, alevín e infantil.

Os benxamíns A e C compartirán grupo con ED Lourenzá e Santiago de Foz A, mentres que o B terá que enfrontarse a EDM Pontenova, EDM Mondoñedo, Praia de Covas, Santiago de Foz B, ACD Xove e EDM Cervo.

En alevíns, a escola laranxa contará con dous representantes; no Grupo A, a EDM Burela FS medirase a ED Lourenzá, A Mariña FS, Santiago de Foz, ACD Xove e Ribadeo FS e, no Grupo B.2, os rivais serán EDM Cervo, EDM Alfoz, EDM Valadouro e AD O Pilar, ademais dos xovenses.

Seis conxuntos compoñerán a liga infantil de Deporte Escolar xunto ao EDM Burela FS Infantil B: ED Lourenzá, EDM Alfoz, Colexio O Pilar, EDM Riotorto, Ribadeo FS e EDM Barreiros.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”