25/11/2009

O Burela FS Feminino estreará peña ante o Ponte Ourense

O Burela FS Feminino estreará peña ante o Ponte Ourense

Co duelo galego Burela FSF Pescados Rubén-Ponte Ourense, Vista Alegre acollerá este sábado, 28 de novembro, outra cita: a estrea de Soles Laranxas, a primeira peña de seareiros/as do fútbol sala feminino na Mariña.


A idea de formar esta nova peña, constituída oficialmente no día de onte, xurdiu dun grupo de afeccionadas ao fútbol sala e seguidoras do Burela FSF dende o seu nacemento, en Prata, a tempada pasada.


Todas as persoas interesadas en pertencer a esta peña poderán facelo enviando os seus datos (nome, enderezo e número de teléfono) ao correo electrónico soleslaranxas@gmail.com.


A creación de Soles Laranxas vén reafirmar, unha vez máis, a devoción dos mariñáns por este deporte e polo CD Burela FS, entidade que dende a súa fundación, en 2001, recibe os ánimos de centos de afeccionados/as, ademais de contar, tempada tras tempada, co apoio incondicional das peñas A Pataca Naranxa, SCDR Palestina e Os Maketos

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”