10/12/2009

A Selección Galega convoca a cinco xogadoras laranxas para os seus adestramentos

A Selección Galega convoca a cinco xogadoras laranxas para os seus adestramentos

A Selección Galega Feminina reclamou a presenza de cinco xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén para preparar a fase previa do campionato nacional, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 7 e o 10 de xaneiro de 2010. Dolo, Lucía, Souza, Claudia e Lidia foron convocadas pola seleccionadora María Bardanca para participar nun adestramento programado para o vindeiro domingo, 13 de decembro, ás 18.00 horas, no pavillón de San Francisco Xabier da Coruña.


Para este mesmo día tamén foron chamadas Simone, Rebeca, Alba, Paula e María, do Viaxes Amarelle. Un segundo adestramento, o luns 14 no pavillón dos Remedios de Ourense (20.00 horas), estará composto por representantes do Ponte Ourense (Beatriz, Marta, Cecilia, Yenis e Sara), Cidade das Burgas (Sonia, Natalia, Iria e Lucía), Leis FS (Yolanda, Carla, Silvia e Begoña) e Combarro FS (Rosario, Lucía e Eliane).


Combinado Sub-18. Os xuvenís burelistas Manuel e David adestrarán, na cuarta sesión preparatoria da selección, o luns, ás 17.00 horas, no pavillón compostelán de Pontepedriña. Galicia será a anfitrioa do cuarto grupo na fase previa do nacional, que terá lugar entre o 27 e o 30 de decembro na cidade santiaguesa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.