21/12/2009

A gran familia laranxa volve reunirse

A gran familia laranxa volve reunirse

A punto de coller as vacacións de Nadal, o CD Burela FS congregou esta fin de semana a todos os seus deportistas para a cita obrigada por excelencia, a tradicional foto de familia.


Vista Alegre reuniu a xeracións e xeracións de futbolistas, dende prebenxamín ata senior, nunha xuntanza na que tampouco faltaron directivos e corpo técnico. Xogadores/as, adestradores, delegados/as, persoal médico…, así, ata máis de 200 persoas protagonizaron a instantánea da gran familia laranxa 2009-10.


Este xa é o terceiro ano do CD Burela FS na xestión das escolas deportivas da vila, en colaboración co Concello de Burela; unha iniciativa con extraodinaria acollida entre os veciños/as. Preto de 170 pequenos/as futbolistas da Mariña, entre os 10 equipos das escolas e os 3 das canteira do club, adestran a diario baixo as ensinanzas do club laranxa, que despedirá 2009 cunha brillante traxectoria dos seus primeiros equipos en Prata e Honra.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.