24/12/2009

Os mariñáns comezan con bo pé o autonómico de comarcas

Os mariñáns comezan con bo pé o autonómico de comarcas

A Mariña tivo un excelente inicio no Campionato Autonómico de Seleccións Territoriais Base. O seu primeiro enfrontamento, onte en Vista Alegre, ante Lambre resolveuse con tres vitorias –benxamíns, infantís e cadetes- e unha axustada derrota -alevíns.


Na categoría benxamín, os locais impuxéronse por 4-0. Os infantís protagonizaron a maior goleada da xornada, con 8-2; os burelaos Adrián e Isaac contribuíron con cadanseu gol. No último partido, os cadetes convenceron co 5-1, a pesar de ser o Lambre o que se adiantou no marcador; os xogadores laranxas Noé e Miguel tiveron a oportunidade perforar a meta rival. A cara oposta foi para os alevíns, que remataron o choque con 5-6, resultado no que o burelao Dani interveu cun tanto.


O vindeiro encontro para os mariñáns será como visitantes ante o combinado de Ferrol, o vindeiro martes, 29 de decembro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.