24/12/2009

Catro equipos do Burela FS disputarán o internacional de base 'Cidade de Lugo'

Catro equipos do Burela FS disputarán o internacional de base 'Cidade de Lugo'

Catro equipos do CD Burela FS participarán no VIII Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base ‘Cidade de Lugo’, que terá lugar na capital amurallada entre o 26 e o 28 de decembro.


O Benxamín C, Alevín A, Infantil A e Cadete da canteira laranxa terán que enfrontarse nesta primeira fase da competición, de carácter autonómico, a tres rivais. No Grupo A, os benxamíns mediranse ao EDM Rábade, EDM Concello de Curtis e Azkar Prone. Os alevíns integraranse no Grupo B co Parrulo Ferrol FS, EDM Concello de Curtis e Troula FS. Os Meigallos FS, CD Barval FS e EDM Quiroga competirán cos infantís, no Grupo C. Finalmente, os cadetes compartirán o Grupo B co EDM Concello de Curtis, Bueu FS e Os Meigallos.


Esta fase do ‘Cidade de Lugo’ reunirá un total de 64 equipos nas catro categorías. Cada conxunto disputará un partido o sábado 26 e dous o domingo 27; no caso de quedar como primeiros de grupo, os burelaos accederán ás semifinais do luns 28, con vistas á segunda fase do torneo, de carácter nacional/internacional, prevista para o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2010.


Sábado 26 de decembro


17.00 horas: EDM Rábade Benxamín-EDM Burela Benxamín C (Centro Deportivo Terra)
18.00 horas: Burela FS Cadete Alevín-EDM Concello de Curtis Cadete (Palacio Municipal dos Deportes)
19.00 horas: O Parrulo Ferrol FS-EDM Burela FS Alevín A (Pavillón Casa do Deporte)
20.00 horas:  EDM Burela FS Infantil A-Os Meigallos FS (Pavillón do Pombal)


Domingo 27 de decembro


10.00 horas: EDM Concello de Curtis Benxamín-EDM Burela Benxamín C (Centro Deportivo Terra)
11.00 horas: Burela FS Cadete-Bueu FS Cadete (Palacio Municipal dos Deportes)
12.00 horas: EDM Concello de Curtis Alevín-EDM Burela Alevín A (Pavillón Casa do Deporte)
13.00 horas: EDM Burela Infantil A-CD Barval FS Infantil (Pavillón do Pombal)


Luns 28 de decembro


SEMIFINAIS


9.00 horas: Campión Grupo A Benxamín-Campión Grupo B Benxamín
11.00 horas: Campión Grupo A Alevín-Campión Grupo B Alevín
14.00 horas: Campión Grupo C Infantil-Campión Grupo D Infantil
15.00 horas: Campión Grupo A Cadete-Campión Grupo B Cadete


FINAIS


17.00 horas: BENXAMÍN
18.00 horas: ALEVÍN
19.00 horas: INFANTIL
20.00 horas: CADETE

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.