29/12/2009
A EDM Burela FS, subcampioa do 'Cidade de Lugo' en infantís
O equipo infantil da EDM Burela FS rematou o seu periplo na eliminatoria autonómica do VIII Torneo Internacional ‘Cidade de Lugo’ na segunda praza. Os xogadores laranxas quedaron a un paso da fase nacional/internacional (2-4 de xaneiro de 2010) ao caer ante o Láncara (10-1) onte no Pazo dos Deportes da cidade amurallada.
Despois das dúas vitorias de grupo, ante CD Barval (4-3) e EDM Quiroga (3-0), e do contundente triunfo fronte ao Salesianos (6-1), en semifinais, o equipo laranxa finalizou a súa andaina como subcampión.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas