29/12/2009

O CD Burela FS promoverá o Xacobeo en 2010

O CD Burela FS promoverá o Xacobeo en 2010

O CD Burela FS será unha das preto de 150 entidades deportivas de Galicia que promovan o Xacobeo en 2010 como club de alta competición. Así quedou hoxe formalizado en Santiago de Compostela a través da sinatura do contrato de patrocinio entre o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o director-xerente da SA de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, por unha banda, e o vicepresidente do club laranxa, José Saa Saa, pola outra.


O acto de presentación do ‘Plan Galego de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición’, cun investimento total de 2,3 millóns de euros, reuniu a todas as entidades beneficiarias esta mañá no Hostal dos Reis Católicos. Xunto a José Saa, o club mariñán tamén estivo representado polo capitán do Burela FS, Juanma Marrube, a co-capitá do Burela FSF Pescados Rubén, Rosana Carballés, e o xogador xuvenil Boris Baltar.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.