04/01/2010

Aos benxamíns escápaselles a final do 'Cidade de Lugo'

Aos benxamíns escápaselles a final do 'Cidade de Lugo'

O equipo benxamín da EDM Burela FS rematou o seu periplo na fase nacional/internacional do VIII Torneo ‘Cidade de Lugo’ cun meritorio papel, aínda que lle faltou un pouco de sorte. Despois dun empate, unha vitoria e unha derrota, aos pequenos futbolistas laranxas escapóuselles a segunda praza do grupo e, polo tanto, o pase á final.

No seu primeiro enfrontamento, o conxunto burelao soubo estar á altura do CPR A Merced, subcampión da primeira fase do torneo, cun empate (3-3). Ante o Azkar Lugo, os benxamíns mariñáns deron un paso máis, gañando aos transportistas por 1-3. Non obstante, a derrota ante Club del Mar San Amaro (6-3) impediulles aos laranxas clasificarse para as semifinais, a favor do Azkar, que grazas ao seu mellor coeficiente conseguiu a segunda praza do grupo. San Amaro pasou como líder de grupo.

Grupo A Benxamín

Azkar Lugo 5-3 Club del Mar San Amaro
EDM Burela FS 3-3 CPR A Merced
Azkar Lugo 1-3 EDM Burela FS
Club del Mar San Amaro 6-4 CPR A Merced
Azkar Lugo 2-2 CPR A Merced
Club del Mar San Amaro 6-3 EDM Burela FS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.