08/01/2010

A ala-pivote Drica deixa de ser xogadora do Burela FSF

A ala-pivote Drica deixa de ser xogadora do Burela FSF

A ala-pivote Adriana da Costa, Drica, non seguirá sendo xogadora do Burela FSF Pescados Rubén na presente tempada. O club laranxa decidiu non prolongar a súa relación contractual coa brasileira, vixente ata o pasado mes de decembro.


A xunta directiva do CD Burela FS agradece á futbolista os servizos prestados durante estes meses e deséxalle os maiores logros na súa nova etapa.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.