Actualidade
Jozi incorpórase ao profesorado da escola laranxa
A internacional brasileira Joziane de Oliveira, nova porteira do Burela FSF Pescados Rubén, incorporarase ao profesorado da EDM Burela FS, que dirixe Alfonso Mera, para adestrar os pequenos e pequenas gardametas.
Jozi, que compartirá moitos dos seus coñecementos e segredos coas categorías benxamín, alevín e infantil en sesións específicas, amplía a nómina de xogadores e xogadoras dos primeiros equipos laranxas que xa desenvolven estas tarefas adoutrinadoras dende comezos da tempada 2009-10, con Purao, Revilla, Juanma, Cuchi e Dolo, ademais do segundo adestrador do Burela FSF, Marcelo Santoto ‘Neco’, e os monitores Carlos Méndez e Carlos Moreno.
O profesorado, composto por 9 adestradores/as dende a chegada de Jozi, traballa con 10 grupos entre prebenxamín e infantil. O Prebenxamín A aprende durante este curso con Purao e Cuchi; a xogadora burelista tamén comparte responsabilidades con Revilla no Prebenxamín B e Carlos Moreno é o encargado do Prebenxamín C, ademais de adestrar os benxamíns A e C. As sesións do Benxamín B sucédense baixo a organización de Juanma e Dolo; Neco dirixe o Alevín B e Carlos Méndez alecciona os dous grupos infantís e o Alevín A.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas