18/01/2010
Os cadetes mariñáns tropezan na gran final autonómica
O conxunto cadete da Mariña estivo a un suspiro de facerse co Campionato Autonómico de Seleccións Locais Base. Os da costa de Lugo tropezaron na gran final ante Santiago, caendo por 2-0.
Despois de vencer a Lambre e Ferrol na fase previa, os cadetes mariñáns plantáronse na final grazas aos penaltis, tras o empate 2-2 da semifinal con Lugo. Non obstante, no último encontro, os composteláns non lles deron opción.
O outro representante da Mariña que logrou o pase á fase final, o equipo benxamín, sucumbiu ante A Coruña (2-5).
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas