22/01/2010

As burelás viaxan ao parapeto ilicitano coas dúbidas de Souza e Ro

As burelás viaxan ao parapeto ilicitano coas dúbidas de Souza e Ro

O Burela FSF Pescados Rubén viaxa esta fin semana ao parapeto do Femesala Elxe, coas dúbidas de Souza e Ro, afectadas de tendinite e molestias lumbares respectivamente, pero tamén co máis que probable debut da gardameta brasileira internacional Jozi. O encontro de mañá comezará ás 17.30 horas, no pavillón Esperanza Lag.


Na décimo sexta e penúltima xornada da primeira volta de Honra, tendo en xogo a presenza laranxa na Copa de España, o cadro de Javier Pardeiro plantarase ante o único rival da elite que aínda conserva intacta a súa imbatibilidade tanto local coma visitante. A estas alturas, as ilicitanas teñen asegurada a súa participación na copa, con 34 puntos e a segunda posición na táboa, superando en 9 a sétima praza, que ocupa o Valladolid FSF. Non obstante, nunha clasificación moi axustada, as mariñás teñen que aplicarse a fondo se queren manterse nos postos de acceso á devandita competición; ocupan a quinta posición con 27 puntos, un menos que o Navalcarnero, que é cuarto, e písanlle os talóns o UCAM Murcia –sexto, con 26- e o Valladolid -sétimo, con 25.


Ao Burela FSF non se lle presenta unha tarefa nada doada botando a vista atrás. O maior logro acadado no feudo ilicitano esta tempada foi o do empate que conseguiron Móstoles (2-2), Valladolid (0-0) e Murcia (2-2), ostentando ademais o título de conxunto menos goleado (24 tantos encaixados en 14 encontros). No entanto, as pupilas de Pardeiro poden presumir de ser o único conxunto que desartellou o fortín doutro dos grandes, o Cajasur Córdoba (3-4), en 2009-10 e saltará á pista do Femesala Elxe sen dar nada por perdido.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.