03/02/2010

Jozi e Edu asistiron á presentación do Igualatorio Médico da clínica Virxe da Mariña

Jozi e Edu asistiron á presentación do Igualatorio Médico da clínica Virxe da Mariña

A Clínica Virxe da Mariña puxo en marcha un novo servizo para a cidadanía denominado Igualatorio Médico. Con esta iniciativa pretende ofrecer un servizo integral que contará coa garantía profesional, marca da casa, e facultativos altamente cualificados a disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña.


Os asociados poderán contar cunha boa asistencia sanitaria e a prezos moi económicos que poderán abonar en cómodas cotas mensuais. Á presentación deste servizo acudiron os gardiáns das porterías do CD Burela FS. Edu e Jozi acompañaron ás Dras. Sonia Lagares e Alba Lorenzo, médicas da clínica, quen informaron aos gardametas das vantaxes do Igualatorio.


Entre outras, cabe destacar que os asociados poderán contar con servizos totalmente gratuítos como as consultas de medicamento xeral e enfermería durante todo o ano; inxectables, curas, control de tensión arterial, control de risco cardiovascular, vacinacións, glicometrías... Tamén poderán gozar dunha sesión de fisioterapia gratuíta ao mes. Ademais, poderán beneficiarse de descontos do 25% en radiografías e análises clínicas e do 50% en electrocardiogramas, espirometrías, control de visión e audiometrías.


Desde só 20 € ao mes, os asociados á Clínica Virxe da Mariña contarán coa garantía dun servizo médico de calidade.  

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.