05/02/2010

O Camping-El Escorial chega á bomboneira como pechacancelas do Grupo Norte

O Camping-El Escorial chega á bomboneira como pechacancelas do Grupo Norte

O Burela FS recibe mañá, na vixésima xornada de Prata, o Camping-El Escorial, que chega á bomboneira como pechacancelas do Grupo Norte (18.30 horas).


Asentados no último posto do podio (34), a cinco puntos do cuarto clasificado, e cun partido menos, os pupilos de Suso Rey deben aproveitar esta oportunidade para continuar nesa liña ascendente que lles proporcionaron os seus resultados máis recentes (Lanzarote Tías Yaiza, 5-2, e Grupo de Empresas Talavera, 3-6). Co factor cancha a favor, o conxunto laranxa ten que saber xogar as súas cartas nunha xornada ideal tanto pola aparente accesibilidade do rival, que só computa 3 vitorias en 18 encontros, coma pola posibilidade de achegarse á cabeza do grupo, co descanso do líder talaverano, e incluso de coarse na segunda praza, no poder do Gijón-El Llano (35 puntos), que visita ao noveno, Extremadura Delta Badajoz.


No entanto, a clasificación non pode nin confundir nin relaxar ao Burela FS, posto que, a pesar da súa situación, o Camping-El Escorial xa demostrou na primeira volta que pode facerlles fronte aos mariñáns, co rifado empate 6-6 da quinta xornada. Ademais, o equipo madrileño tamén chegará a este enfrontamento nun bo estado, tras puntuar nos dous últimos encontros (Extremadura Cáceres 2016, 2-2, e Illescas, 7-2).


O xuvenil Manuel, que xa participou en numerosas citas desta tempada -unha delas a semana pasada en Talavera-, convértese definitivamente en membro do primeiro cadro, tras a baixa de Juampe.


Entroido. A peña A Pataca Naranxa decidiu adiantarse aos días grandes carnavaleiros, cun xantar, coincidindo coa visita do Camping-El Escorial. O colectivo reunirá mañá a máis de 90 socios e socias no seu tradicional cocido na Parrillada de Jandro, ás 15.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.