Brais, Turero e Manu entran na convocatoria final de Galicia Sub-20 para o nacional
Os burelistas Brais, Turero e Manu vestirán a camisola de Galicia no Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-20, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 10 e o 14 de febreiro.
No Grupo A, o combinado galego debutará o xoves 11 ante o perdedor do encontro Asturias-Aragón e, ao día seguinte, tocaralle enfrontarse ao vencedor do devandito encontro.
A selección de Santiago Valladares clasificarase para as semifinais, do sábado, no caso de quedar campioa de grupo ou ser a mellor segunda. Castela e León, Melilla e Illas Balearas compoñerán o Grupo B e o C estará formado por Cataluña, País Vasco e Estremadura.
Xunto aos xogadores laranxas, que participaron hoxe no último adestramento do combinado (pavillón compostelán Pontepedriña, 17.00 horas), completan a convocatoria irmandiña Antonio Diz, Alejandro Míguez e Iago Míguez, do Azkar Lugo; Ignacio Soage, Héctor Garrote e Diego Quintela, do Autos Lobelle; David Rouco, do Puerto Celeiro; Álvaro Velasco, do Coruxo FCFS; e David López, do Parrulo FS.
Xoves 11 de febreiro
13.00 horas- Perdedor Asturias/Aragón-Galicia
Lugar: Pavillón de Restollal
Venres 12 de febreiro
12.30 horas- Gañador Asturias/Aragón-Calicia
Lugar: Pavillón de Santa Isabel
Sábado 13 de febreiro
10.00 horas- 1ª SEMIFINAL
12.00 horas- 2ª SEMIFINAL
Lugar: Pavillón Multiúsos
Domingo 14 de febreiro
9.00 horas- 3º e 4º POSTO
11.00 horas- FINAL
Lugar: Pavillón Multiúsos
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas