16/02/2010

Goleada (5-0) ante o Andorra e liderado do Grupo Norte para o Burela FS

Goleada (5-0) ante o Andorra e liderado do Grupo Norte para o Burela FS

O equipo laranxa venceu con suficiencia a un complicado Andorra por 5-0 en partido aprazado correspondente á 16ª  xornada de Liga, e converteuse de paso en líder do Grupo Norte de Prata. Vista Alegre vestiuse de entroido para recibir os de Andorra e a bancada viviu unha noite máxica, con premios para os mellores disfraces e unha goleada que invita a soñar. Os visitantes opuxeron resistencia ata ben avanzado o segundo tempo, con varias ocasións que meteron o medo no corpo á parroquia laranxa.


Os de Suso Rey sufriron para atopar a portería de Marimón, pero colléronlle o gusto nada máis anotar o primeiro tanto. Dani Martín foi o encargado de abrir a lata no minuto 33. E só un minuto máis tarde volvía marcar (2-0). O gol da noite foi sen dúbida o terceiro, froito dunha combinación vertixinosa que acabou en gol de Javi Rodríguez (3-0. Minuto 37). Juanma e Revilla (este último de dobre penalti) sentenciaron o choque cunha goleada que deixou un excelente sabor de boca nunha noite de fútbol sala atípica e festiva.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.